"Arico" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 55.

  • GALICIA

    Concello da comarca de Xallas, situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia, ao SO da provincia da Coruña, e situado a 42° 56’ de latitude N e 8° 58’ de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Vimianzo, Zas (Terra de Soneira), Santa Comba (Xallas) e Dumbría (Fisterra), ao L cos de Negreira (A Barcala) e Outes (Noia), ao S cos de Outes (Noia), Carnota e Muros (Muros) e ao O co de Dumbría (Fisterra). Abrangue unha superficie de 187,3 km 2 nos que acolle unha poboación de 5.170 h (2007), distribuída nas parroquias de Alborés, Antes, Arcos, Beba, Chacín, Coiro, Colúns, Corzón, As Maroñas, Mazaricos, San Fins de Eirón e Os Vaos. A súa capital é o lugar da Picota, na parroquia de Mazaricos, situada a 124 km da cidade da Coruña e a 55 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago de Compostela e á ao partido xudicial de Muros.
    Xeografía física
    Mazaricos localízase nunha área prelitoral que pertence ao chanzo que desde a Dorsal...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Mazaricos. De estilo neoclásico, data de finais do s XVIII e principios do s XIX e ten planta de cruz latina cunha soa nave. A capela maior presenta planta rectangular e cóbrese con bóveda de canón apuntada reforzada cun grande arco triunfal. A ábsida complétase cun retablo barroco que tapa o fondo e as capelas laterais comunícanse coa nave central por medio de arcos apuntados. No exterior destaca a torre de planta cadrada dividida en tres corpos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á escola filosófica de Megara.

    2. Membro da escola de Megara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao ovario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Píndaro, á súa poesía ou ao seu estilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen se move moito e non é capaz de estar quieto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten ovario súpero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ácido tartárico.

    2. Hidroxiácido carboxílico que existe nas formas D(+)-tartárico, ácido L(-)-tartárico e ácido mesotartárico, así como en forma racémica, combinación das dúas primeiras. O ácido D(+)-tártrico ten aplicación, a escala industrial, na preparación de bebidas efervescentes e como mordente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘variz’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor formado por unha gran variz ou varices que se sitúa xeralmente no escroto ou no cordón espermático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado varicoso das veas dunha parte do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás varices.

    2. Aplícase ao membro, ao vaso ou á parte do corpo con varices.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido dicarboxílico que intervén no ciclo do ácido cítrico. Prodúcese por descarboxilación do ácido oxalsucínico. Intervén nos mecanismos de transaminación aceptando grupos amino e dando ácido glutámico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido α-cetoglutárico.

    VER O DETALLE DO TERMO