"Arno" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

  • PERSOEIRO

    Político francés. Fillo de Lazare Hippolyte Carnot, cursou estudios de enxeñería. Foi deputado en varias lexislaturas da Terceira República, ministro de Obras Públicas no 1880 e ministro de Finanzas no 1885. Chegou á presidencia da República como sucesor de Jules Grévy en 1887. O seu mandato estivo marcado pola actuación do xeneral Boulanger (1886-1889), o escándalo do Canal de Panamá no 1892 e o agravamento dos problemas sociais. Foi asasinado polo anarquista italiano Sante Caserio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico, enxeñeiro e oficial da armada. Fillo de Lazare Nicolas Carnot, interesouse especialmente polas máquinas de vapor. En 1842 publicou Réflexions sur la puissance motrice du feu et sur les machines propres à développer cette puissance (Reflexións sobre a potencia motriz do lume e sobre as máquinas propias para desenvolver esta potencia). Nesta obra trata o problema xeral dunha máquina térmica capaz de producir traballo e formula o principio de Carnot, que serviu, coas achegas de Lord Kelvin e a posterior elaboración de Clausius, para converterse no segundo principio da termodinámica. Consérvanse algunhas das súas notas nas que queda patente que Carnot atopara a equivalencia entre calor e traballo, que calculara un coeficiente de conversión (o equivalente mecánico da calor) e que consideraba que a cantidade de traballo do Universo é constante, co que se avanzou o primeiro principio da termodinámica. Está considerado o fundador desta disciplina científica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enunciado do segundo principio da termodinámica que establece que non é posible construír unha máquina térmica que produza traballo e que intercambie calor cunha única fonte de calor. Deste xeito, un motor térmico ten que traballar con dúas fontes de calor a distintas temperaturas, tomando calor da máis quente e transmitíndoa á máis fría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema da termodinámica que establece que o rendemento R dun motor térmico, que intercambia calor con dúas fontes de calor a diferentes temperaturas, é máximo se o traballo se produce seguindo un proceso reversible (como, por exemplo, un ciclo de Carnot). Neste caso, é independente das substancias que experimentan este proceso e só depende das temperaturas das dúas fontes: R=1-(T2/T1).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral das parroquias de San Mamede de Carnota e Santa Columba de Carnota, no concello homónimo, que se estende entre a punta de Caldebarcos, ao N, e a Punta Sarsas, ao S. O areal, o maior de Galicia, cun arco de 7 km de lonxitude, pecha no seu interior un complexo sistema de marismas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carnota baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carnota baixo a advocación de santa Columba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Muros, situado na provincia da Coruña no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Dumbría (comarca de Fisterra) e Mazaricos (Xallas), ao S co de Muros (Muros) e o Océano Atlántico, ao L con Muros e Mazaricos(Xallas) e ao O co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 70,9 km 2 cunha poboación de 5.017 h (2007), distribuídos nas parroquias de Lariño, Lira, O Pindo, San Mamede de Carnota e Santa Columba de Carnota. A capital municipal, a vila de Carnota, situada na parroquia de Santa Columba, está a 42° 49’ 20’’ de latitude N e 9° 5’ 20’’ de lonxitude O, 130 km ao SO da Coruña e 88 km ao O de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Muros e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O termo municipal está situado baixo o dominio climático oceánico húmido e pertence ao subtipo galego do litoral atlántico do NO, caracterizado pola notable suavidade térmica e por precipitacións abondosas....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bimensual que apareceu na vila de Carnota en outubro de 1983 e que se deixou de editar en 1986 (nº 16). Levou o subtítulo de “Boletín informativo do Concello”. O primeiro exemplar saíu baixo o título de Cornatum co número 0. O coordinador foi Xosé Manoel Currás Rúa e entre os colaboradores figuran Francisco Carballo, Manoel Villar, Ramón Noceda, Darío Xohán Cabana, Bernardino Graña, Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, A. Avilés de Taramancos e Fernán-Vello, entre outros. Das seccións do boletín destacan: “Temas do Concello”, “Cousas”, “Opinión”, “Saúde” e “Nenos”. Incluía tamén un apartado especial dedicado á historia do concello da autoría de Barreiro Barral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Fundou a finais do s XIX o xornal coruñés El Noroeste. Foi redactor xefe do Diario de Galicia (1895), director (1896) do xornal conservador La Monarquía de Ferrol e redactor de La Voz de Galicia ata 1910. Ordenouse sacerdote en 1912 e foi capelán do cárcere de Santiago. Interesouse pola literatura e pola poesía galega, concretamente, pola obra de Noriega Varela e Rey Soto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construído entre 1768 e 1783 polo canteiro Domingo Quintela, está situado xunto á casa rectoral. Ten 35 m de lonxitude polo que é un dos hórreos, xunto co de Lira, máis longos de Galicia, e está sostido por 22 pares de pés rematados en tornarratos circulares. Está situado xunto á casa rectoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Carnota ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Carnota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral bóer. En 1880 dirixiu a primeira revolta de Transvaal contra o Reino Unido e durante a guerra dos bóers (1899-1902) asediou Mafeking e presentoulles gran resistencia ás tropas británicas. Non obstante , tivo que renderse en Paardeberg (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro aeronáutico e aeroespacial. Iniciouse na técnica aeroespacial coa súa participación no desenvolvemento dos V-2 alemáns. Despois da Segunda Guerra Mundial instalouse nos EE UU, onde traballou no programa de mísiles Atlas e Centaur do exército e, máis tarde, no programa tripulado Apollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Estudiou debuxo e escultura na escola Käthe Kollwitz, e arte na Escola Superior de Belas Artes e na Escola Superior de Artes Plásticas de Berlín-Charldottenburg. Realizou fotografías documentais sobre a posguerra alemá para as revistas Das Magazin, Freie Welt e Sy bille. A partir de 1967 formou parte do grupo Direkt, defensor da fotografía realista. Despois de exercer como profesor en diversas escolas de Berlín, trasladouse a Leipzig para impartir clases de fotografía na Escola Superior de Artes Gráficas e do Libro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Doutorado en Filosofía na Universität Leipzig (1927), foi profesor nas universidades de Leipzig (1938-1940), Königsberg (1940-1944) e Viena (1948-1962) e nas escolas de Verwaltungswissenschaft de Speyer (1948-1962) e de Technischen Hochschule de Aachen (1962-1969). Influído polo idealismo de I. H. von Fichte, centrou os seus estudios na natureza do home, o seu posto no mundo e fronte ás tecnoloxías e nas formacións culturais elaboradas por este. Considerou que o filósofo debe estudar os mesmos fenómenos que estudian as ciencias, aínda que adoptando un punto de vista propio, intuitivo e fenomenolóxico. Afirmou que o ser humano é un ser natural que, a diferenza do resto dos animais, non ten que adaptarse ao medio nin loitar pola supervivencia da especie; xa que estes labores serían substituídos pola linguaxe e polas institucións sociais e técnicas. Das súas obras destacan Theorie der Willensfreiheit (Teoría da liberdade da vontade, 1933), Der Mensch. Seine Natur uns seine...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte e sociólogo húngaro. Representante da tendencia sociolóxica na liña de Max Dvorák, Georg Simmel e Max Weber, concibiu a obra de arte como o produto dun individuo condicionada pola sociedade. Propuxo a ciencia sociolóxica como unha perspectiva histórica para relacionar as diferentes ideoloxías coas expresións artísticas de cada época. Escribiu, entre outras obras, The Social History of Art (1951), Philosophie der Kunstgeschichte (Filosofía da historia da arte, 1957) e Soziologie der Kunst (Socioloxía da arte, 1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordos asinados o 16 de outubro de 1925 en Locarno (Suíza) entre A. Briand, J. A. Chamberlain, B. Mussolini, G. Stresemann e Vandervelde, que garantizaban as fronteiras impostas polo Tratado de Versailles nas rexións renanas. En caso de conflito entre Polonia e República Checa, Alemaña, Francia ou Bélxica, acordouse unha arbitraxe obrigatoria. A invasión de Renania, desmilitarizada por parte de A. Hitler en 1936, invalidou estes acordos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das fosas nasais do gando vacún.

    VER O DETALLE DO TERMO