"Arran" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 92.

  • Denominación que recibe un tipo de viño que se produce no concello de Ribadumia e nalgunhas parroquias de Cambados, Meaño, Meis, Portas e Vilanova de Arousa, sempre dentro do val pontevedrés do Salnés. É un produto artesanal, aínda que de orixe recente, xa que está elaborado a base do froito de modernos híbridos da vide, fundamentalmente dos chamados popularmente folla redonda e americano (os cales, como todo híbrido da Vitis vinifera, non están autorizados para vinificación). O resultado é un caldo tinto moi cuberto e algo basto, que mancha vistosa e caracteristicamente as cuncas nas que se adoita servir, sendo o seu gusto suave, a mosto, lixeiramentte astrinxente e acedo, cunha moderada gradación alcohólica. Normalmante consómese no ano. Gozou dunha gran popularidade a nivel local a partir de mediados do s XX e na actualidade está facendo mermar o labor do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas a prol das castes de uva autóctonas e recoñecidas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribadumia baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tomiño baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. O nome de lugar remite á base precéltica *bar ‘outeiro, elevación’.

    2. Liñaxe que ten a súa orixe no arcebispado de Santiago de Compostela, na parroquia de San Vicente de Barrantes, concello de Tomiño. A primitiva casa desta estirpe foi a torre e o couto de Barrantes, na freguesía de Santo André de Barrantes, concello de Ribadumia, que por sucesivos enlaces matrimoniais cos Aldana e Maldonado pasou á casa dos Soutomaior. Estendeuse posteriormente por Castela, Extremadura e Andalucía, chegando incluso a América. As súas armas levan, en campo de goles, unha banda de ouro, engulida en cabezas de dragóns de sinople, lampasados de goles; bordo de goles con oito cruces de santo Andrés de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento asinado en outubro de 1930 por representantes do Nacionalismo, do Republicanismo e do Agrarismo galegos nunha xuntanza celebrada no pazo de Barrantes, en Ribadumia. Tiñan como finalidade fixar unha serie de obxectivos comúns como a liquidación do caciquismo e do centralismo, a consecución da autonomía plena de Galicia e a consolidación dun réxime político que emanase da soberanía popular; tamén pretendía a cooficialidade do galego e do castelán, a galeguización do ensino e a liberalización da terra e do labrego. Entre os asinantes figuraban Castelao, Otero Pedrayo, Casares Quiroga, Portela Valladares, Basilio Álvarez e Peña Novo, entre outros persoeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Ribadumia. Trátase dunha construción do século XVI con reformas posteriores do s XVIII. Foi sede da sinatura do Pacto de Barrantes en setembro de 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro beneditino situado no concello de Tomiño. Non se coñece a data da súa fundación, pero sábese que foi restaurado polo monarca Afonso VII no ano 1138 e que o mesmo Rei foi quen o doou á Igrexa de Tui á que pertenceu a partir desa data.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no concello de Tomiño. É un templo románico que formou parte do desaparecido mosteiro de San Salvador de Barrantes. Documentado desde 1138, a igrexa pasou á xurisdición do cabido da Catedral de Tui en 1435 por mor da falta de monxes. A primitiva nave foi transformada e ampliada. Consérvase a ábsida, rectangular no interior e semicircular no exterior, cuberta cunha bóveda de cuarto de esfera, mentres que o presbisterio presenta unha bóveda de canón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concedido por Filipe IV, por Real Despacho do 13 de decembro de 1654, a Mauro de Caamaño Mendoza e Soutomaior, procurador en Cortes por Galicia, señor das casas de Vista Alegre, Barrantes e Vilagarcía e, posteriormente, I marqués de Vilagarcía. Rodrigo Barrio e Álvarez de Lorenzana, IX vizconde e marqués de Vilagarcía, cedeu o marquesado de Vilagarcía reservándose o vizcondado de Barrantes pero, ao non obtelo, declarouse vacante, e o 5 de xuño de 1870 foi suprimido. O título foi reclamado por Xoán Álvarez Lorenzana e Guerreiro quen, tras conseguir a súa rehabilitación o 27 de outubro de 1870, se converteu no X vizconde de Barrantes. Leva como armas as dos Caamaño: en campo de ouro, un brazo alado, vestido de sinople, movente do flanco sinistro, coas ás de prata e sostendo na man unha coroa de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘barbeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave acuática da familia dos estérnidos que abarca 41 especies, principalmente mariñas (aínda que as do xénero Chlidonias viven en augas doces durante a época de cría). Presentan na plumaxe nupcial un bonete negro que a finais do verán se reduce ao aparecer a fronte branca típica da plumaxe invernal. Teñen membranas entre tres dos dedos, a cola en forma de galla e as ás longas e estreitas, o que lles permite un voo moi lixeiro. Capturan pequenos animais acuáticos dentro da auga, onde se somerxen logo de pendurarse cun voo en peneira. Os pitos nacen cubertos de plumas e cos ollos abertos, e abandonan o niño ao pouco de nacer para agacharse preto del ata que chegan os pais co alimento. Aínda que en Galicia non aniñan, algunhas especies son comúns na época de paso e no inverno.

    2. Carrán de 23 cm de lonxitude que na plumaxe nupcial presenta o corpo e a cabeza de cor negra, e o peteiro de cor vermella. Na plumaxe invernal, as partes superiores do corpo aparecen de cor agrisada e as inferiores brancas, a cabeza permanece negra agás a fronte branca e o peteiro colle un aspecto mouro. A mitra e a cola permanecen de cor branca todo o ano. Aliméntase de insectos, peixes e cágados. Ten unha distribución paleártica: aniña en zonas húmidas do L de Europa e pasa o inverno en Senegal e Sudáfrica. Na Península Ibérica vese durante o paso polo Mediterráneo e en Galicia é unha ave accidental.

    3. Carrán de 39 cm de lonxitude, de peteiro de cor vermella, cola moi gallada e parte superior das ás de cor agrisada e o resto de cor branca, agás a cabeza negra e as patas que son de cor vermella no verán. Aliméntase de peixes, crustáceos e moluscos. De distribución circumpolar, en Galicia é unha ave de paso.

    4. Carrán de 43 cm de lonxitude, de peteiro amarelo alaranxado, cola moi gallada e curupela patente. É unha ave divagante dende África ata o oeste e sur de Europa.

    5. Carrán de 41 cm de lonxitude, de peteiro groso e negro, patas negras e cola agrisada e pouco gallada. Aliméntase basicamente de insectos e rara vez atrapa peixes. Aniña en colonias moi densas sobre illas pequenas de marismas e masas de auga doce. Distribuído de xeito puntual en todos os continentes, na Península Ibérica aparece en illas, lagoas, encoros, salinas ou marismas da metade meridional e da costa mediterránea.

    6. Carrán de 32 cm de lonxitude, de peteiro fino e recto, con toda a plumaxe de cor branca, ollos grandes e voo especialmente lixeiro e áxil, que se alimenta de cefalópodos e peixes que captura principalmente pola noite cando soben á superficie. Non constrúe niño e o ovo incúbano sobre unha póla ou nunha pequena repisa. Distribúese no hemisferio sur nos océanos Índico, Pacífico ou Atlántico.

    7. Carrán de 24 cm que posúe o peteiro de cor vermella escura, meixelas brancas e peito escuro, e que na plumaxe nupcial presenta o corpo gris escuro e a mitra gris. O niño é flotante e aparece ancorado na vexetación acuática. De distribución paleártica, na Península Ibérica distribúese en colonias en zonas húmidas atlánticas andaluzas, en L’Albufera de València e no Delta do Ebro; no interior, en zonas húmidas da Mancha como as Tablas de Daimiel. En Galicia é unha ave rara en época de paso.

    8. Carrán de 56 cm de lonxitude, de peteiro moi grande de cor rubia e que presenta unha pequena crista. Atópase en moitos lugares da Península Ibérica non aniña de xeito regular e en Galicia é unha ave rara en época de paso.

    9. Carrán de 41 cm de lonxitude, de peteiro negro coa punta de cor amarela, cabeza cunha pequena crista e partes superiores cinsentas e inferiores brancas. Distribúese polas costas europeas do Océano Atlántico, nos mares Mediterráneo, Negro e Caspio, no Yucatán, no Caribe e Sudamérica. Na Península Ibérica aniña no Delta do Ebro, en L’Albufera de València e nalgunhas partes da costa cantábrica. Fóra de época de cría está presente no litoral ibérico todo o ano, sendo as máximas concentracións invernais en Huelva, no Delta do Ebro e nas Rías Baixas galegas.

    10. Carrán de ata 42 cm de plumaxe cor gris escura, con plumas brancas rizadas cara a fóra en forma de bigote. Aniña na costa sudamericana do Pacífico.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bosta pegada a un animal.

    2. Sucidade pegada á pel ou á roupa dunha persoa.

    3. Lixo que se atopa no interior das ventas do nariz.

    4. Substancia que se forma na comisura dos ollos, especialmente durante o sono, a causa da secreción de determinadas glándulas oculares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colar ancho de coiro con pugas de ferro cara a fóra que se pon no pescozo dos cans para evitar ataques doutros animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que anda coas pernas tortas cara a fóra.

    2. Persoa impedida a causa da vellez.

    3. Nubes que aparecen no oriente polas mañás cedo cando vai frío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coas pernas separadas ou moi abertas, unha para un lado e a outra para outro lado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A/ás carranchapernas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa coas pernas torcidas cara a fóra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • carrancholas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mover de xeito pronunciado as cadeiras ao andar.

    2. Balancear o corpo ao andar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de carrandear ou carrandearse.

    VER O DETALLE DO TERMO