"Atis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 141.

  • Xénero de plantas gabeadoras da familia das ranunculáceas ao que pertence a valdeba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método da lingüística histórica orientado para determinar o parentesco xenético entre as linguas. O comparatismo observa as concordancias entre determinadas formas das linguas da familia, e eventualmente reconstrúe ou postula a forma da lingua nai. O descubrimento básico do comparatismo foi que as correspondencias entre as formas das linguas dunha familia son sistemáticas. As correspondencias entre palabras non son tampouco un feito central na busca comparada: teñen moito máis valor demostrativo as coincidencias estruturais, sobre todo no dominio da morfoloxía. Unha lingua nai que o comparatista reconstrúe para unha familia de linguas, non é nunca unha lingua no sentido ordinario do termo, senón só un conxunto de fórmulas abstractas que o lingüista interpreta como un resumo das correspondencias observadas entre as linguas. O comparatismo naceu no comezo do s XIX, e puido establecer familias de linguas: o ugro-finés, o semítico, o bantú e, principalmente, o indoeuropeo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que cultiva unha ciencia comparada, especialmente a lingüística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que executa unha obra por contrata para o goberno, para unha corporación ou para un particular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia as formas de produción de riquezas no seo da economía política. Ten a súa orixe na división establecida por Aristóteles entre a actividade comercial e a economía doméstica, de base agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á crematística.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de cromático.

    2. Coloración anormal das estruturas vexetais que normalmente son verdes ou brancas.

    3. Procedemento musical consistente na alteración nun semitón descendente ou ascendente dunha nota ou máis dunha escala diatónica. Pode presentarse tanto na harmonía como na melodía. Con Gesualdo e Monteverdi, conseguiu unha complexidade e unha riqueza comparables só á dalgúns compositores románticos, especialmente Wagner, Liszt e Strauss. Posteriormente, Schönberg deulles ás doce notas da escala cromática o mesmo valor; deste xeito, estableceu o total cromático, base do método dodecatónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de raias, da familia dos dasiátidos, caracterizadas por presentar as aletas pectorais xuntas por diante do fociño formando unha máscara, cos ollos e espiráculos dorsais, numerosos dentes dispostos en fileiras transversais e a pel lisa; carecen de aleta dorsal. Pertencen a este xénero as especies D. violacea, D. centroura e D. pastinaca, coñecidas popularmente como ferreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Siloxismo da terceira figura no que a premisa maior é universal afirmativa, e a menor e a conclusión, particulares afirmativas. Un exemplo sería: “Se todas as romanas son italianas/e algunhas romanas son intelixentes/entón algunhas entidades intelixentes son italianas”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación de palabras que teñen un significado similar. Emprégase para insistir no concepto do que se fala, aclarando o seu sentido. Pode ter un uso de tipo estilístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución municipal romana dedicada ao control dos fondos públicos e á defensa xurídica dos habitantes da cidade, especialmente dos humildes, establecida por Valentiniano na segunda metade do s IV. Designábao o prefecto e formaba parte da curia municipal; así mesmo, integrouse na estrutura administrativa do Imperio Bizantino, pero co tempo converteuse nun novo órgano de opresión do pobo que desapareceu no s VIII. Foi coñecido tamén como defensor plebis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de demócrata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modo válido dos siloxismos da cuarta figura, na lóxica aristotélica. Un exemplo sería: “Se algúns futbolistas son famosos/e todos os famosos son vaidosos/entón algúns vaidosos son futbolistas”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa dedicada ao estudo dos diplomas ou da diplomática.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade de dogmático.

      2. Actitude e procedemento que se adopta nos máis diversos campos, desde os filosóficos e relixiosos ata os políticos, que consiste no establecemento dunhas premisas dogmáticas, entendidas como axiomas e non demostradas racionalmente.

    1. Posición epistemolóxica cunha ilimitada confianza na razón que presupón unha coincidencia absoluta entre subxectividade e obxectividade no acto do coñecemento. Este modo de pensamento traballa con fórmulas e conceptos invariables, sen ter en conta as condicións de lugar e tempo, e omite polo tanto o principio que afirma o carácter concreto da verdade. Kant denominou dogmática a filosofía racionalista dende Descartes ata Christian Wolff e contrapúxoa ao seu criticismo. Na filosofía moderna, o dogmatismo está vinculado ás concepcións antidialécticas que negan as ideas da variabilidade e do desenvolvemento do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Seguidor do dogmatismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herexía estendida entre a Igrexa norteafricana durante o s IV. Apareceu pola oposición dalgúns dos bispos de Numidia ao nomeamento de Ceciliano como bispo de Cartago, pois foi consagrado por Fiz de Aptonga, considerado como un dos “traidores” que colaboraron con Diocleciano. Consecuentemente, xurdiu o cisma cando se formou un concilio de setenta bispos de Numidia, que depuxeron a Ceciliano e o substituíron por Maiorino. No 315 Donato foi elixido sucesor de Maiorino e a herexía estendeuse, mentres os donatistas perseguiron os católicos e destruíron os seus templos. A súa doutrina sostiña que a Igrexa visible estaba formada unicamente polos xustos e santos, e que os sacramentos carecen de validez se son administrados por un ministro indigno. O donatismo adquiriu tamén un matiz de loita social cando os campesiños, sometidos a pesadas cargas contributivas e vexacións, tomaron o partido donatista e saquearon as facendas e vivendas dos cristiáns ricos. A Donato sucedeuno Parminiano, entre o 355...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao donatismo.

    2. Partidario do donatismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lista de personaxes que se sitúa ao comezo das edicións de textos teatrais. En ocasións, os nomes van seguidos dunha breve caracterización descritivo-narrativa na que se reflicte a visión que o autor ten dos personaxes para orientar o xuízo do lector. Pode engadirse tamén a mención dos actores que representaron por primeira vez a obra, así como a data, teatro e cidade na que tivo lugar a estrea. A orde na que se dispoñen, o seu número, os nomes, o sexo, a idade, etc, adiantan información para a comprensión da peza. Por extensión, alude aos personaxes dunha obra narrativa ou dramática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de dramático.

    2. Atmosfera desagradable que rodea a determinadas situacións.

    VER O DETALLE DO TERMO