"Aw" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 264.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? - 593) Rei dos saxóns occidentais ou de Wessex (560-592), fillo e sucesor de Cynric. Venceu os bretóns (556 e 571-577), aos que expulsou de Cornualla e Devon. No 591 o Rei Ceol conquistou as súas terras e derrotouno en Woddesbeorg. No 592 exiliouse e morreu asasinado ao ano seguinte.
-
DISTRITOS
Distrito de Malawi, na rexión Meridional (4.755 km2; 279.900 h [estim 1990]). A capital é Chikwawa, á beira do río Shire (3.036 h [1976]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Remate das patas dos mobles que reproduce unha garra que suxeita unha bóla. É característico do estilo da Raíña Ana dos mobles ingleses do s XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festival publicitario de carácter privado que ten lugar anualmente en EE UU.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Locución que designa a fonte máis antiga do dereito común inglés. Trátase dunha síntese e selección de usos e costumes locais de Inglaterra e doutros países nórdicos xunto coa herdanza do dereito romano, unificadas a través das prácticas dos tribunais e que se basean na regra dos precedentes (case law), ata conformarse como a base do dereito nos países de fala inglesa. Malia as transformacións que sufriu pola aparición da equity law, é a fonte máis importante do dereito inglés e serviu de base para o sistema xurídico dos países de colonización británica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Leis promulgadas en Inglaterra no s XVII, que regulaban a exportación e a importación de gran. Eran de tipo proteccionista e tentaban favorecer a súa propia produción de cereais. A aplicación desta lexislación provocou graves problemas de abastecemento e no s XIX ocasionaron importantes revoltas urbanas. A partir de 1838, iniciouse un movemento de protesta contra o proteccionismo arredor da Anti-corn Law League, fundada por Richard Cobden. En 1846 revogáronse estas regulacións.
-
PERSOEIRO
Actriz norteamericana. Foi bailarina de revistas en Chicago e Nova York co pseudónimo de Lucille Fay Le Seuer. En 1925 iniciou a súa carreira cinematográfica en Hollywood. Alcanzou inicialmente unha enorme popularidade como representante da muller moderna e liberal, sen prexuízos, en películas como Our Dancing Daughter (Virxes modernas, 1928) ou Grand Hotel (1932), para logo interpretar papeis de mulleres de carácter, como Mildred Pierce (Alma en suplicio, 1945), pola que obtivo un Oscar; Johnny Guitar (1953); What Ever Happened to Baby Jane? (Que foi de Baby Jane?, 1962) ou Berserk (O circo do crime, 1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar inglés. Discípulo do capitán Moore, tiña baixo o seu mando unha brigada de infantería de 4.000 ingleses que loitaron na guerra contra os franceses. Tomou parte na Batalla de Elviña e dirixiu a marcha de dúas brigadas desde Astorga ata Vigo (1809), que embarcaron con destino a Inglaterra. Participou na Batalla de Buçaco (1810) e no sitio a Ciudad Rodrigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estilo de natación no que, mantendo a cara e o ventre enfrontado ao fondo (boca abaixo), o impulso se obtén pola acción combinada de xiros alternativos dos brazos e batemento simultáneo das pernas, mergullando a cabeza na auga o maior tempo posible. É o estilo que adoitan empregar os nadadores nas probas de estilo libre.
-
CIDADES
Cidade de Inglaterra, Reino Unido, no condado de West Sussex (73.081 h [1993]). Xurdiu e desenvolveuse como cidade nova en 1949 para desconxestionar a aglomeración urbana de Londres.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bardo. Foi un dos principais poetas da corte do príncipe Powys e escribiu poemas relixiosos, bélicos e elexías nas que, seguindo a tradición bárdica, empregou unha linguaxe deliberadamente arcaica.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do N, centro e L de Inglaterra ocupada polos daneses durante os ss IX-XI.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Club de baloncesto feminino fundado en Riga (Letonia) no seo da compañía de transporte urbano. É o equipo que en máis ocasións gañou a Copa de Europa en calquera disciplina deportiva, con 18 títulos, e tamén posúe a plusmarca de triunfos consecutivos no campionato, os 12 que acadou entre as tempadas 1963-1964 e 1974-1975. A súa primeira vitoria obtívoa na segunda edición do torneo, na tempada 1959-1960, nun ano no que os equipos da capital letona lograron o dobrete, pois o ASK conseguiu o seu terceiro triunfo na terceira edición do campionato masculino. As dúas seguintes tempadas (1960-1961 e 1961-1962) rexistraron novamente a vitoria das campionas soviéticas. Dous anos despois (1963-1964) principiou o seu paseo triunfal por Europa. Completou o seu palmarés na máxima competición continental cos títulos de 1976-1977, 1980-1981 e 1981-1982. Ademais proclamouse campión da Copa Lilliana Ronchetti na tempada 1986-1987.
-
CAPITAIS
Capital do Estado de Qatar, na costa do Golfo Pérsico, ao L da península de Qatar (392.384 h [1995]). É un destacado núcleo comercial e industrial. Posúe importantes depósitos de petróleo e gas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Comezou a súa andaina artística como gravador para despois dedicarse á pintura. Acadou unha gran sona como retratista e trasladouse a San Petersburgo, onde foi pintor de cámara do Tsar Alexandre I. Pertenceu á Royal Academy.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, empresario e diplomático norteamericano. Foi controlador da moeda no departamento do Tesouro dos EE UU (1897-1901). No ano 1902 fundou e presidiu a Central Trust Company of Illinois. Durante a Primeira Guerra Mundial foi intendente xeral do corpo expedicionario dos EE UU en Francia, e despois da contenda foi nomeado membro da comisión de Reparacións e participou na redacción do Plan Dawes, que reduciu as indemnizacións que Alemaña tiña que pagarlles ás nacions aliadas. Foi elixido vicepresidente dos EE UU (1925-1929) e máis tarde serviu como embaixador en Londres (1929-1932). Entre os seus escritos destacan Notes as Vice President (Notas dun vicepresidente, 1935) e Journal as Ambassador to Great Britain (Diario dun embaixador en Gran Bretaña, 1939). Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1925.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Informe elaborado en 1923 por Charles Gates Dawes, e publicado ao ano seguinte. Acordado no Tratado de Versailles, a súa finalidade era estimar a capacidade de pagamento de Alemaña e determinar tanto os medios de reparación económica coma as correspondentes obrigas. Supuxo, de feito, a redución no importe dos pagos impostos a Alemaña en concepto de reparacións de guerra, xunto á colaboración económica dos EE UU na súa recuperación.
-
PERSOEIRO
Xeólogo canadense. Profesor na Université de Montréal, escribiu, entre outras obras, Acadian Geology (Xeoloxía acadiana, 1855).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Necrópole exipcia da dinastía VI onde foron enterrados, entre outros, os adalides do nomós XII do Alto Exipto. Comprende dous grupos de tumbas rupestres: o meridional (52), onde a mala calidade da pedra provocou que se decorase con gravados e non con pinturas, e o setentrional, cos gravados de Hemre e Henku, datado no primeiro período intermedio.
-
CAPITAIS
Capital do mu ḥ āfa ẓ a homónimo, Siria, situada na marxe dereita do río Éufrates (174.085 h [1994]).
VER O DETALLE DO TERMO