"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Betanzos. Descende dun cabaleiro que estando ao servizo do Rei Alonso II o Casto foi quen de botar os mouros da Coruña nunha loita desenvolvida nun campo de vides que tiña o froito en agraz (aínda sen madurar), de onde probablemente tomaría o nome. Cabaleiros desta caste foron a Castela no 1246 para axudar a Fernando III o Santo na conquista de Jaén e, nestas terras andaluzas, fundaron outra casa. As súas armas levan, en campo de ouro, dous acios de agraz pendurados dun bacelo de videira con follas da súa cor natural, ao igual ca os cangallos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adega situada en Tremoedo (Vilanova de Arousa), fundada en 1988, polo conserveiro Manuel Otero. Conta con 13 hectáreas en propiedade e comercializa 300.000 litros de viño ao ano. Embotella viños con etiqueta Grambazán, ámbar e verde, como marca máis popular. Cada unha das etiquetas responde, respectivamente, á primeira e segunda prensada da uva, que é exclusivamente Albariño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción en forma de pazo erixida en Boiro no ano 1585 por Don Gómez Ares Mosquera, señor do couto de San Martiño de Abanqueiro. Sufriu unha reconstrución importante no s XIX polos seus novos donos, os marqueses de Bendaña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deus supremo do Irán antigo, chamado Ōrmuz ou Ōrmazd en textos posteriores. É o deus principal dos aqueménides, considerado sabio, señor do coñecemento, do poder, da xustiza, creador do ben e do mal, da luz e da escuridade, está en permanente loita co espírito maligno Ahrimān, a quen vencerá na fin dos tempos. Principio monoteísta no pensamento de Zaratrusta, deveu en épocas posteriores tan só nun deus principal.
-
CAPITAIS
Capital do ostān de Khuzestán, en Irán, próximo a Rud-e Karun (828.380 h [1994]). Importante centro de comercio árabe na época medieval, experimentou un rápido desenvolvemento durante o s XX a causa da súa situación na liña do ferrocarril transiraniano e a súa proximidade cos campos petrolíferos da provincia. É, tamén, un nó de estradas é de oleodutos. Ten universidade e aeroporto. En 1980, durante a Guerra Irán-Iraq, as súas industrias e liñas de comunicación foron seriamente danadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
XACEMENTOS
Xacemento neolítico da Cisxordania de grande extensión que rexistra unha fase final do Neolítico precerámico do Próximo Oriente (6200/5500 a C), na época en que nesta rexión remata o proceso de domesticación animal (bóvidos, cápridos e porcino). Cómpre salientar a presenza neste xacemento de estatuaria de arxila representando humanos a tamaño natural.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués do que non posuímos ningún documento que testemuñe a súa orixe ou condición. Para uns críticos sería un burgués ou un vilán, mentres que para outros formaría parte da nobreza. A súa actividade poética céntrase na segunda metade do século XIII ou nos comezos do XIV. A súa posible relación con Vasco Perez Pardal apunta a unha estadía de Airas Veaz na corte de Afonso X na década de 1260. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional e a Tavola Colocciana atribúenlle catro cantigas: tres de amor e unha de escarnio. Pola súa banda, o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana só recolle baixo a rúbrica atributiva do trobador as tres composicións de amor, (transmitidas tamén polo anterior cancioneiro). Unha das cantigas de amor recollidas nos apógrafos italianos, “A dona que eu vi por meu”, aparece tamén no Cancioneiro da Ajuda, xunto con outras once composicións, formando un conxunto homoxéneo que a crítica atribúe a Fernan Gonçalves de Seavra. No escarnio...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa xaponesa. Atribúeselle a primeira parte dunha crónica do Xapón dos ss X e XI (Historia do esplendor).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cabalo ou egua que ten o pelame entre marelo e pardo, semellante á canela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falso sabio vaidoso, característico da antiga comedia grega que destaca pola súa fachenda. Xunto coa figura do falso parvo, caracterizado pola súa astucia, forma parte dun xogo dialéctico que dará orixe á ironía.
-
PERSOEIRO
Político castelán. Foi secretario xeral da Unión Nacional, posteriormente ingresou no Partido Liberal de Moret. Ministro de Finanzas do goberno de Romanones (1916). No 1918 fundou Izquierda Liberal, de tendencia monárquica. Exiliouse en París durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). Proclamada a Segunda República (14 abril 1931), afíliase ao Partido Republicano Radical e preside as Cortes durante o bienio 1933-1934. Emigrou ao estranxeiro antes de 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Cádiz, Andalucía, na Campiña de Medina (5.689 h [1996]). Ten restos murados e dun castelo árabe.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título concedido no 1558 a Pedro Afán de Rivera (morto no 1571). Lugartenente de Catalunya e Vicerrei de Nápoles. O título pasou aos duques de Medinaceli.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, ao pé da serra de Alcaraz (1.799 h [1996]). Centro agrícola e gandeiro. Castelo, murallas e conxunto monumental renacentista na Praza Maior.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora. Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid (1996). A súa obra caracterízase por unha ollada permanente cara ao mar, empregando diversas técnicas e materiais. Entre as súas exposicións destacan as colectivas na Sala Caixavigo (Vigo,1993) e Sala de Exposicións da Facultade de Belas Artes (Madrid, 1995) e a individual Naufraxios (Puerto de La Cruz,1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poeta ourensán pertencente ao cenáculo cultural Círculo Azor, constituído en Ourense no 1941 por un grupo de mozos. Publicou poemas na prensa e na revista literaria Posío, que saíu do prelo en xullo do 1945.
-
SERRAS
Serra da Península Ibérica ao L de Sierra Morena. Separa a depresión do Guadalquivir e a de Murcia en dirección N-L. As rochas que a forman son arxilas e margas triásicas. Nela nacen os ríos Guadalmen e Guadalimar (da conca do Guadalquivir) e o Mundo (da conca do Segura).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
asilla de barro poroso e pouco cocido, que ten a propiedade de deixar expeler certa cantidade de auga, enfriando a maior parte do mesmo líquido que queda dentro.
-
ILLOTES
Illote da baía de San Francisco (California). Os españois ocupárono no 1769 e chamárono Isla de Alcatraces. No 1851 pasou a ser posesión dos EE UU, que estableceron alí un cárcere fortificado do exército no ano 1868. Dende 1933 converteuse en prisión federal forxando unha lenda de infranqueabilidade e imposibilidade de fuxida que inspirou obras literarias e cinematográficas. A cadea pechouse no 1963 porque o custo de mantemento era elevado de máis.
VER O DETALLE DO TERMO