"BD" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 171.

  • Muammad ibn Ya’qūb al-Nā ṣ ir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - al-Anbar 754) Califa (750-754) fundador da dinastía abbásida, caracterizouse por métodos políticos sanguinarios. Fixo de Al-Kūfa (Iraq) a súa primeira capital, pero acabou residindo en Hašemiyya por razóns de seguridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de anélidos hirudíneos da orde dos acantobdélidos, caracterizados pola presenza de quetas nos segmentos anteriores e dunha pequena trompa. Representado por unha soa especie, A. peledina, parasita dalgúns salmónidos dos lagos de Rusia e Finlandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anélido da orde dos acantobdélidos.

    2. Orde de anélidos da clase dos hirudínidos integrado por animais que presentan cirros nos seis primeiros segmentos do corpo e que teñen unha ventosa posterior. Está representado por un só xénero, Acanthobdella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político somalí. Foi funcionario da administración fascista italiana (1929-1941), presidente da independentista Liga dei Giovani Somali nos períodos 1954-1956 e 1958-1959. Presidiu a asemblea lexislativa da administración colonial (1956-1960). Malia desenvolver cargos na administración colonial, foi Presidente do novo estado independente e unificado de Somalia desde 1960 a 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar exipcio. Foi membro da organización dos oficiais libres que provocou a caída da monarquía exipcia (1952) e formou parte do consello da revolución. Cando se proclamou a República Árabe Unida (1953-1962) foi designado comisionado especial en Siria (1959-1961). Así mesmo accedeu ao cargo de Vicepresidente da RAU (1964) cando esta quedara reducida na práctica a un consello coordinador conxunto entre Exipto, Siria e Iemen. Foi Comandante en xefe das forzas da Liga Árabe (1964-1967) e conseguiu a colaboración militar da URSS (1966) para esa organización. Por mor do fracaso exipcio diante das forzas israelís (1967), no terceiro conflito árabe-israelí, retirouse. Despois de participar nunha conspiración contra Nasser, suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Líder palestino coñecido como Yasser Arafat. Estudou enxeñaría na Universidade do Cairo, profesión que exerceu en Exipto e Kuwait entre 1956 e 1965. Desde finais da Segunda Guerra Mundial participou no incipiente movemento palestino, que aspiraba a construír un Estado árabe independente, fronte ás aspiracións xudías sobre o mesmo territorio. Participou en todas as guerras árabe-israelís e foi cofundador de al-Fatah (1956). Desde 1968 presidiu o seu Comité Executivo, así como o da Organización para a Liberación de Palestina (OLP), cambiando o seu enfoque panárabe polas aspiracións nacionais palestinas tras a súa expulsión de Xordania en 1970. Despois de que a Liga Árabe recoñecese a OLP como representante exclusivo dos árabes palestinos en 1974, Arafat traballou para obter o recoñecemento internacional da organización,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político iraquí. Participou no golpe de estado de 1958, que derrocou a monarquía e rompeu a federación con Xordania. Mentres gobernou o seu irmán ‘Abd al-Salam Aref (dende 1963), a quen axudou a liberarse da oposición dos baasistas, foi xefe do Estado Maior (1964); logo da morte daquel (1966), sucedeuno na Presidencia e formou goberno con baasistas moderados e kurdos. En xuño do 1968, logo dun golpe de estado incruento, exiliouse en Gran Bretaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político iraquí. Participou xunto con Kassem no derrocamento da monarquía iraquí (1958), sendo nomeado viceprimeiro ministro da nova República. Foi destituído de todos os seus cargos (1959) ao apoiar o achegamento de Iraq á República Árabe Unida. Organizou o golpe de estado (febreiro do 1963) que o levou á Presidencia da República, establecendo un réxime ditatorial que puxo fin a todas as medidas progresistas dos anos anteriores, reprimindo tanto aos baasistas como aos kurdos. Malia o seu afastamento do poder en 1959 por apoiar a integración na República Árabe Unida, durante a súa etapa como Presidente de Iraq, mantivo unha postura moi oscilante con respecto a esa federación, aínda que sempre dentro da amizade diplomática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cesións de todos os dereitos ao trono de España e Indias realizadas polos monarcas Carlos IV e Fernando VII, o 2 e o 6 de maio de 1808, respectivamente, en favor do Emperador Napoleón I Bonaparte. Carlos IV fixera unha primeira abdicación no seu fillo tralo Motín de Aranjuez, o 19 de marzo de 1808, declarando nula a súa renuncia o día 21. Napoleón obriga a Fernando VII a devolver a coroa ao seu pai, que á súa vez, tralos sucesos do 2 de maio madrileño, cede todos os dereitos ao Rei de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta turco, un dos máis importantes da época clásica. A súa obra está elaborada nunha lingua moi refinada, pero, en conxunto, resulta fría e artificiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático árabe, coñecido en Occidente por Albategnius. Habitou en Al-Raqqa, preto do Éufrates. Deu aos estudios astronómicos un enfoque científico. Continuador da obra de Ptolomeo, perfeccionou algúns puntos do seu Almaxesto. Dedicouse á confección de táboas e mediu con máis precisión ca os gregos a inclinación da eclíptica e o ano trópico. Observou as eclipses do Sol e da Lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bonner Durchmusterung.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SIGLAS

    Sigla de Barbados na placa de estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor indio en lingua persa, moi destacado na súa época. Dedicouse ao mundo das letras, rexeitando as ofertas de numerosos príncipes. É autor de varios manawī místicos e dun diván.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome derivado de Abū’ Abd Allāh’, que os cristiáns converteron en Muhammad XI de Granada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monstro da mitoloxía grega que, xunto con Escila, impedía o paso nun estreito que debía ser atravesado por Ulises, identificado posteriormente co estreito de Mesina, entre Sicilia e Italia. Disfrazado de figueira, absorbía tres veces ao día a auga do mar e todo o que flotaba nela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Central Business Distrit.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e político británico. Participou na campaña do librecambismo británico e mundial e, á cabeza da escola de Manchester, fundou e dirixiu a Anti-corn Law League (1838), coa colaboración de John Bright. Membro da Cámara dos Comúns no 1841, desenvolveu un destacado labor á marxe das grandes formacións políticas, co obxectivo de abolir as leis proteccionistas (1846-1851). Volveu ao Parlamento en 1859 e negociou o tratado de comercio con Francia (1860). Os seus artigos e folletos compiláronse na obra The Political Writings of R. Cobden (Os escritos políticos de R. Cobden, 1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político senegalés. Membro da Union Progressiste Sénégalaise (UPS) desde 1961 e colaborador do goberno de L. Senghor, foi secretario xeral da presidencia en 1963. Foi ministro de Planificación e Industria (1968-1970), primeiro ministro (1970-1980) e presidente da República (1981-2000). Patrocinou a Confédération de Sénégambie (1981), institución que presidiu ata 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO