"Bam" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 63.

  • Lingua de Oceanía que se inclúe na familia papúa de Nova Guinea. Conta con 2.850 falantes nas provincias Occidental e do Golfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bamums ou á súa lingua.

    2. Individuo do grupo bamum.

    3. Grupo étnico sudanés que abrangue uns 75.000 individuos do suroeste do Camerún. Os bamums son agricultores e de relixión islámica.

    4. Lingua africana da familia bantú, tamén chamada mom, pertencente ao grupo bantoide banwe-congo da familia nixeriano-congolesa. O número de falantes achégase a 75.000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro creada en 1995 en Santiago de Compostela por Chiqui Pereira Hernández, Iolanda Colmenero Veloso, Begoña Chouciño Tuset e María Paz Granja Fociños. Nos últimos tres anos escolleu e apostou por unha liña de produción orientada ao público infantil e xuvenil. Entre os seus espectáculos destacan Auto, a partir dun texto de Ernesto Caballero, estreado en 1996 con dirección de Artur Trillo; Ludovico petos (1997), a partir dun texto colectivo e dirección de Paula Carballeira ou Xuvenca e cochón (1998), sobre unha peza de Paula Carballeira con dirección de Miguel Vázquez Freire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • + -ato ‘sal’)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • + (benzodi)azepina)

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ácidos carbámicos.

      1. Cada un dos compostos de fórmula RNHCOOH, onde R representa, polo xeral, un grupo alquílico, inestables en estado libre, xa que se descompón espontaneamente dando dióxido de carbono e a amina R-NH 2 .

      2. Ácido inestable en estado libre que dá sales (os carbamatos) e ésteres (os uretanos) estables, presentes no sangue e nos ouriños dos mamíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical univalente derivado do ácido carbámico, H2NCO-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Bolivia (55.631 km2; 1.408.071 h [estim 1997]). A capital é Cochabamba. A súa maior riqueza son os recursos mineiros (estaño e chumbo) e a agricultura, na que destacan os cultivos de patacas, trigo e café. A industria está pouco desenvolvida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento homónimo, Bolivia, situada nun altiplano (a 2.559 m de altitude) nos contrafortes da Cordillera Real, nos Andes (457.881 h [1995]). Pola súa orixe colonial, a cidade ten unha planta regular, con camiños amplos, rectos e edificios de pouca altura. É o centro dunha rica rexión agrícola e núcleo industrial, no que destacan a fabricación de prendas de pel e algodón, ademais do comercio de cereais. Posúe unha central termoeléctrica e refinerías de petróleo. O seu centro de ensino superior é a Universidad Mayor de San Simón, creada en 1832. Fundada por Sebastián Barba de Padilla co nome de Villa de Oropesa (1574), foi escenario dunha revolta con motivo dun aumento nos tributos no ano 1730. No 1786 cambiou o seu nome polo actual. Desde o primeiro momento uniuse ao movemento independentista iniciado en La Paz (14.9.1809). Do seu patrimonio arquitectónico destacan as igrexas de San Francisco (s XVI) e da Merced (s XVII), o convento de Santo Domingo (s XVIII) e a catedral...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. Escribiu o poema coñecido como Canción de Ezzo, que comeza coa xénese e remata coa redención, ademais de reflectir as ideas reformistas de Cluny.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tranquilizante que se emprega en terapéutica. Produce unha acción antagónica á acción compulsiva da estricnina e do pentilenetetrazol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político demócrata norteamericano e actual presidente dos Estados Unidos de América. Graduado pola Universidade de Columbia e pola escola de dereito de Harvard, antes de ser elixido senador no estado de Illinois en 1997, traballou como avogado de dereitos civís. Tamén impartiu clases de dereito constitucional na escola universitaria de dereito de Chicago dende o ano 1992 ata o 2004, cando presentou a candidatura ao Senado dos Estados Unidos. Entre xaneiro de 2005 e novembro de 2008 foi senador polo estado de Illinois, posto ao que renunciou para adicarse á campaña presidencial. Tras unha campaña axustada nas eleccións primarias de 2008 contra Hillary Clinton, gañou a candidatura polo Partido Demócrata, converténdose no primeiro candidato afroamericano dun dos grandes partidos estadounidenses. Nas eleccións de novembro de 2008 converteuse no cuadraxésimo cuarto presidente dos Estados Unidos de América derrotando ao candidato republicano John McCain e asumindo o cargo o 20 de xaneiro de 2009.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1070 -? 1133) Bispo de Bamberg. Promoveu a edificación de igrexas e mosteiros. Represéntase con vestiduras episcopais e como atributos presenta unha maqueta de igrexa, por ser fundador; frechas ou cravos, xa que recollía as frechas dos soldados e llas daba aos monxes para facer cravos para as igrexas; e un can, animal avogoso contra a rabia en Alemaña. A súa festividade celébrase o 2 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Cantabria, situado ao O de Santander, preto da costa (3.688 h [2001]). O núcleo do termo é Carriazo. Predomina a agricultura, a gandaría e as industrias alimentarias, especialmente as lácteas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Cantabria, situado na marxe S do río Pontones ao SO de Santander (2.005 h [2001]). O núcleo do termo é Hoz de Anero

    VER O DETALLE DO TERMO