"Bartolo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 66.

  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Seguidor de Vecchietta, traballou preferentemente en Siena, onde ata 1475 pintou asociado co F. di Giorgio Martini. O tema case único da súa produción foi a Virxe co Neno. Como escultor fixo un San Bernardino en Borgo a Mozzano, e unha Santa Caterina no oratorio da santa, en Siena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras portugués. Traballou na zona de Ourense e caracterizouse polo bo traballo do granito e pola plasticidade e a presenza da decoración naturalista nas súas obras. Traballou para o cóengo da catedral de Ourense cara a 1520, realizou a sancristía do mosteiro de Santa María a Real de Xunqueira de Ambía e construíu a igrexa de Santo Estevo de Sandiás, onde se observa a evolución do seu estilo desde o gótico tardío cara ao renacentismo ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Coñecido como Tifi Odasi, está considerado o pai da poesía macarrónica. Escribiu o poema Macharonea en 1490, que se imprimiu pouco tempo despois da súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Representante do Renacemento hispánico, formouse con D. Fancelli e tivo como colaborador a Diego de Siloé. Realizou a decoración da capela Caraccioli de Nápoles, o sepulcro dos reis Xoana I e Filipe I, que se instalou a comezos do s XVII na Capela Real de Granada, o sepulcro do cardeal Cisneros en Alcalá de Henares e o da familia Fonseca en Coca , ademais de traballar no coro da catedral de Barcelona (1515),   onde engadiu decoracións renacentistas ao cadeirado e ao trascoro, con relevos da vida de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Marisa Paredes, debutou no teatro en 1961. Interveu como actriz secundaria en filmes como Canción de cuna (1960) ou Las bicicletas son para el verano (1983), ata que logrou o recoñecemento do público e da crítica con Tacones lejanos (1991). Participou tamén en filmes como Ópera prima (1980), La flor de mi secreto (1995), Todo sobre mi madre (1999), Hable con ella (2002), Una preciosa puesta de sol (2003) e Frío sol de invierno (2004). Presidiu a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas (2000-2003) e recibiu o Premio Nacional de Cinematografía (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante portugués. En 1419 participou na segunda expedición á illa de Porto Santo, arquipélago de Madeira, onde se estableceu (1428?) e levou a cabo o poboamento por orde de Enrique de Portugal, que o nomeou donatario dela en 1446.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Estudou con F. Pedrell e no Conservatorio de Madrid, onde exerceu como catedrático de Harmonía (1911-1943). Dirixiu a Orquesta Filarmónica de Madrid (fundada por el en 1915) e a Orquesta Nacional. Sucedeu a Turina como comisario xeral de música (1949-1956). Promocionou a música contemporánea española e compuxo diversas obras, das que destacan a suite sinfónica A mi tierra (1898) e a versión que realizou da Marcha Granadera, aceptada oficialmente como Himno Nacional de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Pontevedra. É coñecida como San Bartolomeu o Novo, pois xa existiu a igrexa de San Bartolomeu o Vello, da que se conservan restos dunha portada do s XIII que se refixo nas ruínas de San Domingos. Pertenceu á Compañía de Xesús desde a súa construción entre 1696 e 1714, ata a súa expulsión en 1767. Construída en estilo barroco, ten as trazas das igrexas xesuíticas romanas. No seu interior destacan os retablos atribuídos a Pedro de Mena, Gregorio Fernández, Pedro de Campo, Bieito Silveira e Gambino. Presenta unha fachada decorada con columnas e os escudos heráldicos de familias que axudaron economicamente para a súa construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi profesor de música en Salamanca e pasou máis tarde a Boloña, onde publicou a súa obra teórica Musica practica (1482), en que atacaba o sistema de Guido d’Arezzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto italiano. Traballou en París pero, chamado a Peterburgo (1716), foi protexido por Pedro I de Rusia, para quen fixo Estatua ecuestre de Pedro o Grande na praza dos Enxeñeiros e a Estatua da tsarina Anna Ivanovna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, fillo de Bartolomeo Carlo Rastrelli. Iniciouse en París con R. de Cotte e o seu pai, e xunto con el e con Le Blond foi a Peterburgo en 1716. A Tsarina Isabel Petrovna nomeouno arquitecto da corte e en 1741 confioulle a transformación arquitectónica e urbanística da cidade con modelos italianos e franceses de inspiración renacentista e manierista. Das súas obras destacan os palacios de Verán (1741-1744), o Peterhof (1747-1752) e os palacios de Carskoje Selo (1749-1756) e de Inverno (1754-1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Tui. Construída sobre restos romanos e suevos, data do s XI e realizouse en estilo románico. Ten planta basilical, con tres naves e tres ábsidas, a central de forma semicircular e as laterais rectangulares. No seu interior conserva capiteis historiados e na capela maior pinturas murais do s XVI. Pertenceu a un antigo mosteiro de monxes beneditinos documentado no s X e foi residencia dos bispos de Tui (1069-1179?). En 1102 custodiou as reliquias que Xelmírez trouxo de Braga e foi sede dun concilio de bispos galegos (1118-1122). En 1132 adoptou a regra de santo Agostiño. En 1435 o mosteiro uniuse á catedral e a súa igrexa converteuse en templo parroquial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Instalado en Ceuta (1918) dedicouse á fotografía amateur. Retratou desde a arquitectura e os ambientes de Marrocos aos novos inventos, como o automóbil ou o tren. A súa fotografía documental apareceu publicada en diversas publicacións, como ABC, Blanco y Negro ou La Esfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. En Panamá uniuse como piloto á segunda expedición de Francisco Pizarro a Perú (1526). Explorou as costas de Ecuador e ao N de Perú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Coñecido como Il Platina, escribiu In Bessarionis laudem, o diálogo De flosculis quibusdam linguae latine ad Laelium e o discurso De laudibus bonorum artium ad Pium II P. M. (1464). Rebelouse contra Paulo II e foi encarcerado. Obtida a liberdade, cambiou a súa posición co discurso Ad Paulum II P. M. de pace Italiae componenda atque de bello Turcis inducendo e co diálogo De optimo cive e Liber de vita Christi ac omnium pontificum (1474).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado na illa de Lanzarote (13.030 h [2001]). Destaca a agricultura, a gandaría de camelos e a elaboración de viños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado en Tierra Llana, a 29 km da capital (3.012 h [2001]). A economía baséase na agricultura, con cultivos de oliveiras, laranxeiras e amorodos, e na gandaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado no sector meridional da illa de Gran Canaria (34.515 h [2001]). A economía baséase no turismo. No termo atópase a estación de seguimento espacial (Maspalomas) e o xacemento arqueolóxico de Arteara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral cantábrico, situada entre a enseada do Rego de Foz e a praia de San Cosme, na parroquia de San Cosme de Barreiros (Barreiros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de san Bartolomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO