"Bastian" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 61.

  • PERSOEIRO

    Nadador. Coñecido como Chano Rodríguez, está considerado un dos deportistas parolímpicos máis destacados de España. Membro do Plan Ado, participou nos Xogos Parolímpicos de Sydney 2000, onde bateu as mellores marcas do mundo nos 50, 100 e 200 metros libres, en que obtivo a medalla de ouro, xunto ás dos 4x50 metros libres e 4x50 estilos. En Atenas 2004 bateu a mellor marca do mundo en 50, 100 e 200 metros libres, disciplinas en que conseguiu tres medallas de ouro. Establecido en Vigo, recibiu o premio ao mellor deportista de Pontevedra da Deptación de Pontevedra (2000) e o premio Vigués Distinguido (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Licenciado en Dereito Canónico pola Universidad de Comillas de Madrid, foi director da Misión Española en Valenze (Francia) e do Museo Rodera-Robles de Segovia. Cóengo e director do Museo Catedralicio e Diocesano Santos San Cristóbal de Mondoñedo, das súas obras destacan La catedral de Mondoñedo (1975), El monasterio de la Concepción de Mondoñedo (1978), e Museo Santos San Cristóbal (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que se estende polo límite das parroquias de Brigos, Santa Uxía de Asma, Pereira e Camporramiro (Chantada). O seu cumio acada os 743 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Curantes (A Estrada) e Moalde (Silleda). O seu cumio acada os 714 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na costa L da illa de La Gomera (6.618 h [2001]). A economía baséase na agricultura, a exportación de plátanos e no turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado ao O do Jarama e ao N da cidade Madrid (61.884 h [2001]). É un centro de veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vigo. Datada no s XVIII, edificouse na parte baixa do monte do Castro onde se pechaba o recinto e serviu de defensa da praza militar de Vigo. Consérvanse os muros do lado norte coas súas garitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convenio político entre os dirixentes da oposición antimonárquica española, formalizado en Donostia o 17 de agosto de 1930 co obxectivo de coordinar a acción común para o derrocamento do réxime e a instauración da república. Participaron representantes de Acció Republicana de Catalunya,   Acció Catalana, Estat Català,   Alianza Republicana, Partido Radical Socialista, Acción Republicana, Organización Republicana Galega Autónoma, Derecha Liberal Republicana e dos socialistas. A asemblea acordou a creación dun comité revolucionario e a busca de colaboración do PSOE e a CNT.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra o 20 de xaneiro en Castro Caldelas. A súa orixe atópase nos romeiros que acudían para pedir a intercesión do santo ante a peste. A festa iníciase a noite anterior coa celebración dunha procesión de fachóns cos que se fai unha fogueira ao redor da que se baila e salta. Ao día seguinte celébrase a misa e novos bailes pero sen fachóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Logo de percorrer toda a Península Ibérica, emigrou a Nueva España en1533 e estableceuse en Puebla de Labrador. Construía carros e carretas e foi domador de cabalos e nos últimos anos da súa vida tomou o hábito franciscano. O Papa Pío VI beatificouno en 1789. É patrón dos transportistas e condutores de vehículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1557-1578), fillo do infante Xoán e de Xoana de Austria. Sucedeu ao seu avó Xoán III cando tiña tres anos de idade, e durante a súa menoridade gobernou a súa avoa Catarina (1557-1562) e o cardeal Enrique (1562-1568). Declarado maior de idade aos 14 anos (1568), encomendoulle as tarefas de goberno a Martim Gonçalves de Càmara e Matinho Pereira. Movido por afáns expansionistas de cruzada contra os musulmáns, desembarcou en Marrocos (1578), pero o exército portugués foi desfeito en Qsar el Kebir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baía situada no NO de México, na costa occidental da península de Baixa California, no Océano Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Noméase na Depositio Martyrum (calendario romano do 354), que sinala tamén o lugar do sepulcro ad catacumbus (catacumbas de San Sebastián). Unha lenda do s V faino militar e atribúelle diversos martirios, sobre todo o de ser aseteado. A partir da peste do 680 é considerado protector, xunto con san Roque, contra a peste. Represéntase como un mozo imberbe, espido, só cuberto cun pano de pureza, coas mans atadas ao tronco dunha árbore   e ofrecedo o seu torso ás setas dos seus verdugos, as cales son o seu atributo persoal; ás veces viste armadura de mallas ou traxe militar dos romanos. A súa festividade celébrase o 20 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do latín Sebastianus, derivado do grego sebastós, ‘digno de respecto, venerable’, que á súa vez procede de sébas, ‘veneración, reverencia’. Sebastós era un dos títulos que se lle daba ao emperador e aos membros da súa familia. Presenta as variantes Sebaschán e Bastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno histórico mesianista que xurdiu en Portugal na segunda metade do s XVI, a raíz da crenza popular portuguesa de que o Rei Sebastián I de Portugal non morrera na Batalla de Qsar el Kebir (1578). O pobo portugués, baixo a dominación castelá, fundamentou as súas esperanzas de independencia no retorno do rei que, mitificado, converteuse no futuro liberador de Portugal. Presente na literatura portuguesa e divulgado polo poeta Bandarra, no s XVII, o Pai António Vieira adheriuse a este movemento, desenvolvendo na súa obra a idea do Quinto Imperio. No s XIX, no Frei Luís de Sousa de Almeida Garrett, trátase esta idea, así como no filme O Quinto Império, ontem como hoje (2004), de Manoel Cândido Pinto de Oliveira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao sebastianismo.

    2. Partidario ou seguidor do sebastianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sebastiano Luciani.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Sebastiano del Piombo, foi discípulo de Giorgione. Participou na decoración do Fondaco dei Tedeschi en Venecia. En 1511 trasladouse a Roma, onde traballou dentro da órbita de Raffaello como nos frescos mitolóxicos da Farnesina, e, a partir de 516, colaborou a miúdo con Michelangelo. As súas obras amosan o propósito de unificar a melancolía e a cor venecianas (Pietá) co dramatismo espiritual e a monumentalidade de Michelangelo. Destacan La Risurrezione di Lazzaro (1517-1519), Nativitá della Virgine e o retrato de Andrea Doria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e tratadista da arte italiano. En 1515 foi a Roma, onde foi discípulo de Baldasarre Peruzzi, e en 1537, chamado por Francisco I de Francia estableceuse en Fontainebleau, onde foi primeiro arquitecto (1541). Traballou como escenógrafo, enxeñeiro e ebanista. Das súas obras destaca o castelo de Ancy-le-Franc (1543-1545). Escribiu os oito libros de Trattato di architettura (1537-1575).

    VER O DETALLE DO TERMO