"Bene" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 119.

  • PERSOEIRO

    Escritora sueca que asinaba baixo o pseudónimo Ernst Ahlgren. Autora de novelas realistas como O diñeiro (1885) e A señora Mariana (1887), escribiu tamén un Diario e algunhas novelas curtas onde destacaba a narración de costumes, tituladas Fran Skåne (Páxinas de Escania, 1884) e Folkliv (Vida popular, 1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico austríaco. Entre os seus traballos destacan os que dedicou a algúns problemas psiquiátricos (definiu o termo agorafobia) e neurolóxicos. Chamouse síndrome de Benedikt á parálise do nervio motor ocular dun lado do corpo, acompañada de hemiplexia e tremor da extremidade superior do outro lado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Participou como soldado na campaña de Polonia. Despois de abandonar o exército, dedicouse á literatura. Colaborou en Os Anais da patria. Tivo un grande éxito coa súa obra Stikhotvorenija (Poesías, 1835), de estilo sinxelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta islandés. Publicou os poemas patrióticos Sögur og Kvaedi (Narracións e poemas, 1897). Evolucionou cara a unha visión máis filosófica en oposición ao realismo na súa obra Hafblik (Luz de mar, 1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Orde monástica fundada por san Bieito de Nursia baseada no seguimento da regra por el creada. Os primeiros mosteiros foron creados polo propio san Bieito nos arredores de Roma nos inicios do s VI, mais a regra beneditina e a organización dos mosteiros establecéronse na abadía de Montecassino no 529, cenobio fundado por san Bieito despois de derrubar un templo pagán.
    A regra beneditina
    Código de vida monástica ou regula monachorum, da autoría de san Bieito de Nursia escrita entre os anos 534 e 550 durante a súa estancia na abadía de Montecassino. A pesar da súa brevidade, consta de 73 curtos capítulos, de carácter lexislativo, e un prólogo, de carácter sapiencial, é dunha grande importancia para o desenvolvemento do monaquismo en occidente. San Bieito combinou fontes monásticas antigas como santo Agostiño, san Xerónimo ou san Basilio e a regra do mestre (código anónimo composto en Italia), coa súa experiencia e o seu sentir da vida monástica, realizando unha selección, síntese...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Licor aromático, de cor amarela, duns 40° alcohólicos, que se prepara macerando en augardente de viño unha serie de produtos vexetais (herbas, raíces, cortiza, etc); despois destílase e engádeselle xarope de azucre. Foi preparado por primeira vez en 1510 polos monxes da abadía de Fécamp e a súa invención atribuíuselle ao beneditino don Bernardo Vincelli. A fórmula secreta desapareceu durante a Revolución Francesa e foi recuperada despois por un comerciante de Fécamp, chamado Alexandre o Grande, que comezou a súa fabricación. Co tempo foi fabricado por laicos. Na antiga abadía hai unha gran destilería de estilo gótico cun museo de antigüidades da localidade. Está rexistrado como marca comercial e coñéceselle tamén cos nomes de beneditino e licor dos beneditinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a san Bieito ou aos relixiosos que seguen a súa regra.

    2. Monxe que segue a regra de san Bieito.

    3. En sentido estricto, membro dalgunha das congregacións monásticas confederadas baixo o abade primado.

    4. bénéditine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director. Fundou en Madrid a orquestra que levaba o seu nome (1916), e o primeiro gran coro mixto de Madrid (1918). Foi un destacado pedagogo musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de beneficencia fundada en Santiago de Compostela no 1879 co obxecto de dar acubillo e comida aos pobres da cidade. Mantiña un claro sentido filantrópico e relixioso. Aínda que o dinamismo das mutuas obreiras aparecidas no último terzo do s XIX foi grande, La Benéfica mantivo as súas actividades ata 1900.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actividade de quen axuda, xeralmente con medios económicos ou  materiais, aos que non dispoñen de medios dabondo para cubrir necesidades intelectuais ou materiais básicas.

    2. Organización que ten como obxectivo a protección e o auxilio dos desvalidos mediante a asistencia médica, cos seus establecementos de albergue, etc.

    3. Selo especial emitido para fins caritativos ou benéficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de beneficiar.

    2. Entidade ou persoa que recibe os beneficios dunha función ou espectáculo.

    3. Empregado do cabido catedral.

    4. Quen goza dun beneficio eclesiástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a un beneficio eclesiástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer ben ou ser bo para algunha cousa ou para alguén.

    2. Traballar unha cousa para que reporte un beneficio mellor.

    3. Mellorar unha terra para facela máis produtiva.

    4. Someter os minerais ao proceso metalúrxico axeitado para obter un produto determinado.

    5. Obter un proveito dalgunha cousa. OBS: Xeralmente constrúese coas preposicións con e de.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen se beneficia dun contrato, doazón ou acción semellante.

    2. Persoa que no seu proveito estivo subscrita a unha póliza nos seguros de vida, de accidentes corporais e de enfermidades.

    3. Persoa que ten dereito a recibir prestacións da seguridade social.

    4. Quen goza dun territorio ou usufruta unha posesión que recibiu graciosamente doutro superior ao que recoñece.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce beneficio.

    2. O que favorece a melloría dunha situación, dun estado de cousas ou dunha persoa.

    3. Melloría experimentada pola situación ou o estado dalgunha persoa ou dalgunha cousa.

    4. Cultivo das terras de labranza ou de calquera planta.

    5. Na Igrexa Anglicana, designación que reciben as vigairías, rectorías, clericatos e capelanías (os bispados califícanse de ‘dignidade’).

      1. Privilexio legal que en determinadas circunstancias xorde en prol dalgunha persoa e que esta pode facer valer para liberarse de situacións que a poden prexudicar, especialmente na orde patrimonial.

      2. beneficio de abstención

        Facultade concedida polo pretor aos chamados herdeiros siu et necessarii para poder absterse da herdanza, se o activo da herdanza non superaba o pasivo. Non subsiste nos sistemas xurídicos actuais porque desapareceu esta categoría de herdeiros.

      3. beneficio de competencia

        Beneficio concedido ao debedor para non ter que pagar integramente as súas débedas se, facéndoo, quedaba en situación de pobreza, sen prexuízo de pagar o resto se melloraba de fortuna. Tendeu a desaparecer das lexislacións modernas.

      4. beneficio de competencia

        Excepción que en certos casos pode opoñer o marido á restitución do dote.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. O que favorece a melloría dunha situación, dun estado de cousas ou dunha persoa.

    2. Melloría experimentada pola situación ou o estado dalgunha persoa ou dalgunha cousa.

    3. Cultivo das terras de labranza ou de calquera planta.

    4. Na Igrexa Anglicana, designación que reciben as vigairías, rectorías, clericatos e capelanías (os bispados califícanse de ‘dignidade’).

      1. Privilexio legal que en determinadas circunstancias xorde en prol dalgunha persoa e que esta pode facer valer para liberarse de situacións que a poden prexudicar, especialmente na orde patrimonial.

      2. beneficio de abstención

        Facultade concedida polo pretor aos chamados herdeiros siu et necessarii para poder absterse da herdanza, se o activo da herdanza non superaba o pasivo. Non subsiste nos sistemas xurídicos actuais porque desapareceu esta categoría de herdeiros.

      3. beneficio de competencia

        Beneficio concedido ao debedor para non ter que pagar integramente as súas débedas se, facéndoo, quedaba en situación de pobreza, sen prexuízo de pagar o resto se melloraba de fortuna. Tendeu a desaparecer das lexislacións modernas.

      4. beneficio de competencia

        Excepción que en certos casos pode opoñer o marido á restitución do dote.

      5. beneficio de deliberar

        Dereito do herdeiro de poder obter do xuíz un prazo durante o que examinará se lle convén ou non aceptar a herdanza.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce beneficio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que causa ou produce algún ben.

    2. Relativo ou pertencente á beneficencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín publicado en galego que apareceu en marzo de 1986. Foi subtitulado “Voceiro do Bloque Nacionalista Galego”. As súas seccións da revista eran “Editorial”, “O cartón do Parlamento”, na que se falaba de actividades parlamentarias, “Voces”, con entrevistas a dirixentes e alcaldes do Bloque, “Perfil dos días”, “Apuntes sindicais” e “Dimensións de Nós”. Entre os colaboradores figuraban María del Pilar García Negro e Xosé Manuel Beiras, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO