beneficio
(< lat bĕnĕfĭcĭu)
-
s
m
O que favorece a melloría dunha situación, dun estado de cousas ou dunha persoa.
Ex: As boas comunicacións son un beneficio para o comercio. Unha axeitada alimentación é un beneficio para aumentar a calidade de vida.
Sinónimos: ben. Antónimos: dano, prexuízo. -
s
m
Melloría experimentada pola situación ou o estado dalgunha persoa ou dalgunha cousa.
Ex: Os beneficios das novas técnicas médicas supuxeron o aumento da esperanza de vida.
Sinónimos: ben. Antónimos: dano, prexuízo. -
s
m
Cultivo das terras de labranza ou de calquera planta.
-
s
m
[ADM/RELIX]
Na Igrexa Anglicana, designación que reciben as vigairías, rectorías, clericatos e capelanías (os bispados califícanse de ‘dignidade’).
-
-
s
m
[DER]
Privilexio legal que en determinadas circunstancias xorde en prol dalgunha persoa e que esta pode facer valer para liberarse de situacións que a poden prexudicar, especialmente na orde patrimonial.
-
beneficio de abstención
[DER]
Facultade concedida polo pretor aos chamados herdeiros siu et necessarii para poder absterse da herdanza, se o activo da herdanza non superaba o pasivo. Non subsiste nos sistemas xurídicos actuais porque desapareceu esta categoría de herdeiros.
-
beneficio de competencia
[DER]
Beneficio concedido ao debedor para non ter que pagar integramente as súas débedas se, facéndoo, quedaba en situación de pobreza, sen prexuízo de pagar o resto se melloraba de fortuna. Tendeu a desaparecer das lexislacións modernas.
-
beneficio de competencia
[DER]
Excepción que en certos casos pode opoñer o marido á restitución do dote.
-
beneficio de deliberar
[DER]
Dereito do herdeiro de poder obter do xuíz un prazo durante o que examinará se lle convén ou non aceptar a herdanza.
-
beneficio de división
[DER]
Dereito que ten calquera fiador, en concorrencia con outros cofiadores non obrigados solidariamente, de esixir do acredor que divide a parte, a súa acción contra os diversos fiadores, segundo a parte que cada un destes se comprometeu a garantir.
-
beneficio de escusión (ou de orde)
[DER]
Dereito do fiador dunha obriga a esixir do acredor que, antes de ir contra el, o faga contra o debedor, e que só despois da insolvencia parcial ou total deste, poida dirixirse contra o fiador.
-
beneficio de inventario
[DER]
Facultade concedida ao herdeiro de non responder das obrigas do causante nin das cargas hereditarias cos seus bens, senón unicamente cos bens da herdanza.
-
beneficio de maior de idade
[DER]
Dereito do menor de idade, pero maior de dezaseis anos suxeito a tutela, a solicitar do xuíz que o desligue desta tutela. Os seus efectos son os mesmos que a emancipación por concesión xudicial ou por vontade do titular ou titulares da patria potestade.
-
beneficio de pobreza
[DER]
Denominación antiga do dereito de xustiza gratuíta. Implica o dereito de ser asistido por avogado ou procurador sen ter que pagar os honorarios, a exención do pago dos dereitos xudiciais e a expedición gratuíta de calquera documento necesario para a defensa.
-
beneficio de separación de patrimonios
[DER]
Dereito dos acredores por débedas do causante ou por gastos da súa derradeira enfermidade e dos legatarios, de poder obter do xuíz competente que o patrimonio hereditario siga considerado afastado do privativo do herdeiro, co obxecto de salvagardar o seu dereito diante dos acredores particulares deste último.
-
beneficio de termo
[DER]
Facultade do xuíz ou tribunal de fixar un prazo ao cumprimento das obrigas que non se determina ou onde a súa determinación queda ao arbitrio do debedor. Así como tamén naqueles casos en que o acredor solicita a resolución por incumprimento e o xuíz ou tribunal considera necesario, por causa xustificada, conceder ao debedor un novo prazo para o cumprimento da obriga.
-
beneficio eclesiástico /
[DER/RELIX]
Carga eclesiástica erixida a perpetuidade, cos deberes e cos servicios correspondentes, ao cal vai anexa unha renda. Consta dun oficio sagrado ou eclesiástico e do dereito a percibir as rendas que van anexas neste oficio.
-
beneficio fiscal
[DER]
Privilexio legal concedido a un suxeito pasivo que implica xeralmente a redución parcial dun tributo.
-
s
m
[DER]
-
s
m
[DER/HIST]
Institución xurídica medieval que define unha doazón con dereito á propiedade feita como un xesto de benevolencia ou en pagamento a uns servicios prestados. Estes beneficios outorgábanse a institucións relixiosas, como parroquias, abadías, mosteiros ou mesmo sés episcopais por parte dos reis, do clero ou mesmo dos campesiños dependentes de dita institución. Esta figura xurídica do beneficio vai intimamente ligada ao sistema feudal, dado que, o que fai a entrega dun ben en beneficio establece directamente unha relación de vasalaxe coa institución ou co nobre ao que vai dirixido. O beneficio remóntase ao s III, cando os romanos denominaban beneficia ás concesións de terras feitas polos emperadores nas rexións fronteirizas como pagamento aos servicios militares. No Dereito Romano regúlase como unha cesión de bens en precario, que poderían ser devoltos en calquera momento atendendo á vontade de quen os outorgou. Na Galia merovinxia, os reis recompensaron os seus fieis con doazóns de terra chamadas beneficios. Na época carolinxia modificouse este sistema e o beneficiario pasou a ser un vasalo obrigado a diversos servicios, sobre todo militares. O beneficio converteuse en hereditario e desapareceu no s XI para dar lugar ao feudo. No reino visigodo, os reis e a Igrexa fixeron aos seus clientes (fideles e bucelarii) doazóns de terra en pagamento aos seus servicios (in stipendio). No Reino de Castela, durante os ss XI e XII, o beneficio, que se chamou prestimonio, honor ou tenencia, consistía nunha posesión temporal de terra, non hereditaria, que aparecía regulada nas Partidas. Nos reinos de Galicia e Asturias, o beneficio non estivo unido á vasalaxe, xa que os beneficios se daban a cambio de servicios de guerra ou de corte e nunca foron hereditarios. Así mesmo, o beneficio eclesiástico tivo unha importancia vital en Galicia, xa que grazas a este sistema de doazóns en beneficio cada igrexa pasou a posuír unha serie de bens que, a partir do s VI, comezaron a ser empregados para o sustento do clero, de xeito que a ordenación dun crego para un oficio e para unha igrexa adquiría a significación de crear un vínculo económico entre o titular e o oficio. O beneficio eclesiástico constituíu, xa que logo, a base económica da Igrexa galega medieval. Os trazos característicos deste beneficio chamado curado son tres: que o concedente do beneficio sexa un prelado, que o beneficiado sexa tamén un crego e que a recepción de dita doazón leve consigo unha obriga espiritual de curación de almas, é dicir, que o beneficiado atenda a vida espiritual dos seus fregueses. En Galicia, este beneficio eclesiástico acadou unha preponderancia inusitada, permitindo que a igrexa galega na Idade Media se enriquecese coas doazóns recibidas por parte de reis, nobres e campesiños. Este feito fixo que os bispos galegos chegasen a ser uns dos señores máis poderosos do momento, especialmente os de Santiago e Tui, o primeiro por posuír as reliquias do Apóstolo, e o segundo, pola súa estratéxica situación xeográfica xunto coa riqueza natural do val do Miño que rexentaba. Os beneficios agrupábanse en diferentes clases. A abadía era a cantidade que se entregaba ao abade á morte dun fregués. A oblata tiña dúas formas de percepción. A primeira consistía no diñeiro que recibía o párroco para oficiar a homilía. A segunda respondía a unha cantidade de gran coa que casados e viúvos contribuían anualmente. As primicias supuxeron o dereito da Igrexa á percepción dunha taxa dos primeiros froitos da terra e do gando. Esta taxa de exacción oscilou entre o 40% e o 60%. O décimo supón unha taxa de exacción do 10% que se aplicaba sobre o produto bruto da labranza; foi abolido en 1841, cando foi substituído pola “contribución de culto e clero”. A lutuosa (loitosa) consistía na obriga que cada beneficiado tiña de entregar ao seu bispo ao morrer algunha cousa de valor; aínda que este tributo se modificou co tempo, neste sentido, a diocese de Ourense impoñía a taxa nunha cantidade de 20 soldos leoneses a finais do s XV. Os dereitos de estola consistían nunha cantidade que percibía o párroco polas funcións. Vincúlase a orixe do voto do Apóstolo coa aparición de Santiago na Batalla de Clavijo, que proporcionou aos casteláns a vitoria sobre os árabes, e ao privilexio de Ramiro I no ano 834, segundo o que “cada propietario de al menos una yunta de animales de labor debía entregar una medida del grano que cosechare”. Houbo preitos na súa contra ante o Consejo Real e a chancelería de Valladolid. Segundo o Catastro de Ensenada, o seu produto total era de 1.775.000 reais de billón. A cantidade repartíase entre o cabido de Santiago de Compostela, o Hospital Real e a fábrica da catedral. O voto de Santiago suprimiuse no ano 1834. Algunhas destas prácticas feudais, sen embargo, prolongáronse en Galicia ata os ss XIX e XX, dando pé, en moitas ocasións, a abusos que podían chegar a sumir na pobreza ao campesiñado dunha determinada zona ou parroquia.
-
Antónimos:
perda,
perda.
-
s
m
[ECON]
Diferencia entre os ingresos resultantes das vendas dos produtos e os gastos que comporta o proceso produtivo. Este concepto económico estivo empregado cunha amplitude e un criterio moi distinto segundo as épocas e os autores. Para a escola clásica, o beneficio engloba a retribución do empresario e o interese do capital investido. Habitualmente considérase que, en sentido estricto, o beneficio dunha empresa é a diferenza entre os seus ingresos e os gastos totais, pero deducidos un interese do capital e unha remuneración polo traballo de dirección. No capitalismo contemporáneo o concepto de beneficio desaparece: o que se distribúe aos accionistas tende a fixarse e a confundirse co concepto de interese, e o que se reparte entre os directivos, e ás veces entre todos os traballadores, toma o carácter dun salario complementario. O beneficio estivo, e aínda continúa sendo, o motor da actividade económica e a principal orixe da acumulación capitalista e do investimento produtivo, susceptible de xerar, pola súa parte, novos beneficios. Aínda que o concepto de beneficio foi tomado para a súa aplicación nas economías capitalistas, utilizábase tamén para designar a obtención dun excedente, principalmente dentro das empresas, nos sistemas de socialismo de estado. A interpretación doutrinal do beneficio é tamén un tema moi debatido e con fortes implicacións políticas e ideolóxicas. Entre os autores que trataron o tema da orixe do beneficio, ligándoo coa xustificación do empresario, destacan Johann Heinrich von Thünen (1826), Joseph Alois Schumpeter (1912) e Frank H. Knight (1921). Para Karl Marx e toda a súa escola, en cambio, a orixe do beneficio (que se identifica coa plusvalía) radica na explotación dos traballadores: o empresario paga só unha parte do valor da súa forza de traballo, apropiándose do resto. Nun terreo estritamente formal, a escola de Lausanne considera o beneficio ou renda da empresa o resultado das estruturas dos mercados.
Sinónimos: ganancia, ganancia. Antónimos: perda, perda. -
beneficio básico
[ECON]
Satisfacción que ofrece un produto ou servizo a un consumidor. Forma parte da estratexia de marketing e da mensaxe publicitaria. O gran reto da publicidade actual é atopar a forma de facer un produto único e atractivo con respecto aos da súa competencia, debido a que cada vez existen máis produtos que cumpren as mesmas funcións e que, polo tanto, teñen un mesmo beneficio básico.
-
beneficio bruto
[ECON]
Cantidade obtida como a diferenza contable entre os ingresos, por vendas resultantes dunha operación ou actividade nun período, e os gastos por compra; cando a diferenza é negativa, hai perda.
-
beneficio industrial
[ECON]
Cantidade que en concepto de ganancia se engade a un orzamento, unha vez calculados os custos do equipo e dos traballos a efectuar.
-
beneficio neto
[ECON]
Cantidade que se obtén subtraendo do beneficio bruto unha serie de partidas non ben normalizadas (impostos, amortizacións, gastos xerais, etc).
-
s
m
[ECON]
-
s
m
[ESPECT]
Función de teatro ou outro espectáculo público do que o seu produto se destina a unha persoa, obra ou institución.
-
s
m
[HIST/DER]
Dun xeito xenérico, concesión territorial efectuada con carácter temporal para gozar do dominio útil dos bens cedidos, a cambio de determinados servicios ou dunha fidelidade por parte do beneficiario. Tamén, por extensión, se dá este nome aos bens ou territorios obxecto da concesión. No s IX, o termo beneficium empregábase para significar os bens fiscais asignados aos respectivos condes-funcionarios para a retribución do seu cargo, así como as condicións usufrutuarias que facían de tales bens en prol de terceiros. Cara ao s XI, o beneficio (elemento básico da nova relación feudal) era a cesión do usufruto de terras, feita por un conde ou un magnate en prol doutro nobre ou cabaleiro, como a remuneración pola prestación de servicios.
-
s
m
[IND]
Acción e efecto de beneficiar unha mina ou un xacemento.
Frases feitas
-
A/en beneficio de loc prep Coa finalidade de favorecer ou para beneficiar a algunha persoa ou cousa. SIN: en favor de, en proveito de. Ex: Fíxose todo en beneficio dos damnificados.
-
A beneficio de inventario. Precavidamente ou con reservas.
-
Non ter oficio nin beneficio. Carecer de utilidade un obxecto ou estar desempregada unha persoa.