"Brie" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 108.

  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Publicou Centum fabulae ex antiquis autoribus delectae (1564).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. En 1709 ideou o termómetro de alcohol e en 1714 substituíu o alcohol dos termómetros polo mercurio, e nestes introduciu a escala que leva o seu nome en 1716. En 1724 nomeárono membro da Royal Society de Londres. Realizou importantes descubrimentos sobre a temperatura de ebulición dos líquidos, a solidificación da auga no baleiro e o peso específico dos corpos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e anatomista italiano. Foi profesor de cirurxía e anatomía nas universidades de Pisa (1548) e Padua (1551), onde sucedeu a Vesalius. Ocupou a cátedra de Anatomía en Venecia e está considerado un dos grandes anatomistas da historia da medicina. Estudiou o desenvolvemento dos ósos e a osteoloxía do cranio. Descubriu o oído interno, os músculos dos ollos e outras estruturas, como o canal ou hiato de Fallopio e os tubos uterinos ou trompas de Fallopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Estudiou na Escola Niedermeyer de París, foi organista en Rennes e exerceu a docencia. De regreso a París, foi profesor de composición do Conservatorio, en 1905 director do mesmo e titular de órgano na igrexa da Madeleine. Da súa produción destacan as cancións, as pezas para piano, nas que desenvolveu un estilo propio e innovador, e as pezas para escena Prométhée (1900) e Pénélope (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autor do primeiro texto da literatura dramática galega, o entremés titulado La contienda de los labradores de Caldelas e máis coñecido como Entremés famoso sobre a pesca do río Miño, escrito arredor de 1671 e que se conserva nun manuscrito do século XVII depositado na Biblioteca Nacional de Madrid. Non existen datos fiables respecto deste autor, a súa procedencia e as súas ocupacións, aínda que semella ter sido persoa culta, oriúnda da raia do Miño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Realizou, entre outras obras, a pintura do coro de Santa María de Beán (Ordes, 1577) e do altar de Nosa Señora en San Martiño de Noia (1581). Asociouse en 1583 con Juan Bautista Celma e Domingo González. En 1586 realizou a obra de pintura das festas da confraría do Rosario de Santiago e en 1587 pintou a porta do Camiño da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacéutico galego. Realizou estudios farmacéuticos en Madrid e pasou despois á Escuela Práctica de Química de Madrid. En 1804 foi nomeado, a proposta de L. Proust, profesor de química na Universidade de Santiago de Compostela e, posteriormente, acudiu a París para rematar a súa formación con Fourcroy, Vauquelin, Deyeux e Thenard. Cando regresou en 1811 a Santiago recuperou, tras unha negativa inicial, a docencia da disciplina de química. Pero en 1814, coa volta do absolutismo, a universidade aproveitou a conxuntura política para queixarse das presións recibidas para readmitilo e despediuno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e lingüista. Foi profesor de lingüística e crítica literaria da Universitat Autònoma de Barcelona. Estudiou os textos positivistas dos junggrammatiker, ata chegar ao transformacionalismo de Chomsky pasando polo estruturalismo. Traduciu Language, de Bloomfield, e Cartesian linguistics, de Chomsky. A súa obra poética consta de tres libros Da nuces pueris (1960), Menja’t una cama (1962) e Teoria dels cossos (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘dedo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arcanxo que segundo a Biblia lle anunciou a Daniel a chegada dos tempos mesiánicos, a Zacarías o nacemento de Xoán Bautista e a María o de Cristo. Na teoloxía islámica ten o papel de intermediario na revelación divina a Mahoma. No Islam revela a Mahoma a súa misión e díctalle o Alcorán. Constitúe o equivalente de Iris na mitoloxía grega e o antecedente de María nas súas abondosas aparicións. É patrón dos carteiros e da telecomunicación. Na iconografía represéntase xunto a María como un mozo novo e imberbe na escena da Anunciación, isto é, descendendo desde o ceo coas ás abertas, vestido cunha túnica ou manto; leva como atributos un dedo índice levantado en actitude de falar, unha fita ou filacteria despregada coas palabras “Ave María” e un pau de mensaxeiro. A súa festividade celébrase o 29 de setembro, no mesmo día que san Miguel e san Rafael; antes da reforma do calendario litúrxico festexábase o 24 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de arquitectos franceses activos durante o s XVIII. Jacques Gabriel (París 1667 - 1742) foi o autor do Hôtel Biron de París e da praza Royale Bordeos. Dende 1735 foi premier achitecte do rei. A obra do seu fillo, Ange-Jacques (París 1698 - 1782), premier achitecte de Luís XV dende 1742, representou un paso adiante cara ao neoclasicismo. En Versailles proxectou as dúas ás do palacio que dan ao patio, a Opéra (1753-1770) e o Petit Trianon, comezado en 1762. En París fixo a escola militar e o proxecto de urbanización da praza de Luís XV (actual praza da Concorde), do que só se realizaron, en 1757, os dous edificios do lado N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo. A súa investigación está centrada en historia da educación, sobre a que ten publicado A orientación agropecuaria da escola primaria en Galicia (1980), Escolarización y sociedad en Galicia, 1875-1900 (1987), Agricultura e escola. Contra a rutina e o éxodo rural (1989), Leer, escribir y contar. Escolarización popular y sociedad en Galicia (1875-1900) (1990), Escolantes e escolas de ferrado (2001, Premio á Investigación Pedagóxica María Barbeito, 2001; Premio Anual á Investigación Antón Losada Diéguez, 2002 e Premio da Crítica Galicia á Investigación, 2002) e Arximiro Rico, luz dos humildes (2001), este último en colaboración con Xosé Manuel Sarille, así como diversos artigos en revistas especializadas e colaboracións en libros colectivos. É membro do comité de redacción de Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, do consello de redacción de Historia de la Educación. Revista Interuniversitaria (Salamanca), do consello editorial da Revista Galega de Educación e vogal da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Da súa produción destacan Extremeñas (1902), en dialecto estremeño, Castellanas (1902), onde se incluíu o poema “El ama” (1901), Nuevas castellanas (1905), Religiosas (1906), Epistolario (1918) e Cartas y poesías inéditas (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PANTANOS

    Pantano do río Alagón, situado ao N da provincia de Cáceres, Extremadura. Foi construído en 1960 e ten unha capacidade de 198 h/m3. Aprovéitase para o rego e para a produción de enerxía eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Integrante da escola da Haia, especializouse nas paisaxes de pradeiras, canles e muíños de vento. Entre as súas obras destaca Nos pólderes de Vreenland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante, compositor e produtor musical inglés. Comezou a súa actividade musical como membro do grupo The Garden Wall, que se converteu gradualmente en Genesis, integrado por Phil Collins, Tony Banks, Chris Stewart e o mesmo Gabriel. En 1975 abandonou o grupo e iniciou a carreira en solitario. Considerado un dos intérpretes más vangardistas do rock, mostrou grande interese pola música étnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Descubridor da síntese que leva o seu nome, traballou, ademais, na síntese de compostos cíclicos nitroxenados, isoquinoleínas e cetonas alifáticas e aromáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para obter aminas primarias en estado puro a partir da hidrólise de N-alquilftalimidas, que se obteñen a partir dunha ftalimida potásica e de haluros de alquilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do nome hebreo Gabriél, nome teofórico que contén un dos nomes de Deus; no seu primeiro elemento contén o radical verbal gabar ‘ser forte’, de aí que se interprete o nome dalgunha destas maneiras ‘Deus é forte’, ‘Deus amosou ser forte’ ou ‘forza de Deus’. Para outros, está en relación co nome asirio Ilugabri, que pasa ao hebreo ou ao arameo gheber ‘home’, e de aí ‘home de Deus’, ‘heroe de Deus’. O arcanxo Gabriel celébrase o 29 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista colombiano. Estudiou o bacharelato no Liceo Nacional de Zipaquirá (1940-1946) e, posteriormente, matriculouse na facultade de Dereito e Ciencias Políticas na Universidad Nacional de Bogotá. Participou en 1950 no Grupo de Barranquilla, liderado por Ramón Vinyes, e tomou parte na revista Crónica do mesmo grupo. Colaborou nas publicacións Juventud (1942), El Universal (1946), El Heraldo (1948-1952), El Espectador, El Nacional, Élite (1956), Momentos (1957) e Venezuela Gráfica, entre outras. Foi correspondente de El Espectador en Xenebra e Roma, e da axencia cubana Prensa Latina (1959-1961) en Colombia, Cuba e Nova York; ademais, colaborou nas axencias de publicidade J. Walter Thompson e Stanton. En 1957 realizou unha viaxe pola República Democrática Alemana, Checoslovaquia, Polonia, Hungría e a Unión Soviética, que reflectiu no seu artigo “Noventa días en la Cortina de Hierro”. En...

    VER O DETALLE DO TERMO