"CAI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 245.

  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros, e tamén da xerga dos cesteiros de Mondariz, que corresponde á voz ‘Deus’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros, e tamén da xerga dos cesteiros de Mondariz, que corresponde á voz ‘igrexa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago de América do Norte, situado ao SL das Bahamas, separado destas polo paso de Caicos e constituído por seis illas e dezaseis illotes de orixe coralina (430 km2; 4.001 h [1980]). As máis importantes son North Caicos, Middle Caicos, East Caicos, South Caicos e West Caicos. Forma parte da colonia británica das illas Turks e Caicos. Ten aeroporto internacional na illa de South Caicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de caer.

      2. caída libre

        Movemento dun corpo sometido unicamente á forza dun campo gravitatorio; por exemplo, o que describe un corpo preto da superficie terrestre. Se non se ten en conta a resistencia do aire, este corpo está suxeito á forza constante F=mg, onde m é a masa do corpo e g a aceleración da gravidade. A ecuación do movemento será m (d 2 x/dt 2 ) =F, ecuación diferencial da que, realizada a integral, se obteñen as ecuacións do movemento uniformemente acelerado:



        FORMULA



        x= x 0 + v 0 t + 1/2gt 2 v= v 0 + gt

        onde v é a velocidade, x as coordenadas espaciais e t o tempo, e o subíndice 0 indica os valores correspondentes ás condicións iniciais.

      1. Pendente dunha superficie cara a abaixo.

      2. Desnivel brusco dunha corrente de auga a causa do desnivel do terreo que pode ser aproveitado como fonte de enerxía.

    1. Diminución considerable do valor ou do prezo dalgunha cousa.

    2. Falta ou acción reprobable na conduta dunha persoa.

    3. Parte final dun período de tempo.

    4. Cambio do tipo de goberno ou dominio.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que se lles dá nos países musulmáns aos xefes, tanto militares como civís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especie obtida do pemento da planta Capsicum frutescens, orixinaria de Centroamérica e Sudamérica. O seu sabor é forte, picante ou acre. Utilízase en moitas salsas, como condimento de peixes, cogombros, sopas e carnes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sobrenome de Xosé, xenro de Anás, sumo sacerdote xudeu do ano 18 ao 36. Presidiu o Sanedrín no proceso contra Xesús, ao que condenou polo feito de terse declarado fillo de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Calvos (concello de Calvos de Randín), no límite coa parroquia das Maus de Salas no concello de Muíños. O seu cumio atópase a 992 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés.   Foi ministro de Facenda nos gabinetes de Waldeck-Rousseau representando ao partido radical (1899) e de Clemenceau (1906-1909). Nomeado presidente do Consello en 1911, volveu ao ministerio de Facenda (1913-1914). Logo dunha campaña de difamación, a súa dona asasinou o director de Le Figaro, Cailloux tivo que dimitir no medio do escándalo. Acusado de axudar ao inimigo, foi condenado a tres anos de cárcere en 1917. Amnistiado en 1925, incorporouse ao ministerio de Facenda, que dirixiu ata 1940. No final da vida escribiu Mes mémoires (As miñas memorias, 1942-1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo e xornalista. Escribiu comedias satíricas como Le Roi (O rei, 1908), Primerose (Malvarosa, 1911) e M. Bretonneau (1914). Foi colaborador de Robert de Flers en moitas das súas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor impresionista e coleccionista. Discípulo de Léon Bonnat, nos seus cadros representou temas contemporáneos, vistas urbanas e a vida obreira. É mais coñecido como coleccionista das obras doutros impresionistas, que legou ao estado francés. Na súa produción destacan, Les rabouteurs de parquet (Os colocadores de parqué, 1875), e entre as vistas urbanas, París, día lluvioso (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e industrial. Investigou un novo proceso de licuefacción de diversos gases, que combina os efectos das altas presións e das baixas temperaturas; levouno á práctica en 1877 e con el conseguiu licuar por primeira vez o osíxeno, o hidróxeno, o nitróxeno e o aire. Tamén estudiou as propiedades físicas e químicas do ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cultivou sobre todo o ensaio e escribiu sobre mitoloxía, antropoloxía e crítica, tanto literaria como artística. Das súas obras destacan Le mythe et l’homme (O mito e o home, 1938), Méduse et compagnie (Medusa e compañía, 1960) e Au coeur du fantastisque (No corazón do fantástico, 1965), entre outras. En 1971 ingresou na Académie Française.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • marraxo azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común das especies de réptiles pertencentes aos xéneros Caiman, Melanosuchus e Paleosuchus, da orde dos crocodilianos. Presentan un tipo morfolóxico lacertiforme de ata 4,5 m de lonxitude. O fociño é ancho, aplanado e arredondado no extremo. A mandíbula inferior ten un oco onde encaixa o cuarto dente da mandíbula inferior. Como outros réptiles, presentan dúas pálpebras horizontais e unha vertical denominada membrana nititante. Non realizan mudas de pel, pero a capa córnea vai aumentando durante toda a vida do animal (ata 60 anos) e acada grosores importantes. Son ovíparos e poñen uns 50 ovos en niños sinxelos, construídos con restos vexetais nas beiras da auga. A temperatura dentro do niño determina o sexo dos futuros animais que, unha vez emerxidos, son liberados pola femia, da vexetación que ata ese momento serviu de fonte de calor. Para axudarse na rotura do ovo, as crías presentan un pequeno diamante equiparable ao que teñen no peteiro as aves ao nacer...

    2. Caimán do xénero Paleosuchus, de ata 1,2 m de lonxitude e fociño relativamente longo e non aplanado. Comprende dúas especies de América tropical: P. palpebrosus e P. trigonatus, caracterizada esta última por ter os dedos das extremidades posteriores unidos por unha membrana.

    3. [Alligator

    4. [Caima

    5. [Alligator

    6. [Caima

    7. [Melonosuchus

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago das Antillas, ao S de Cuba e ao NO de Xamaica, baixo a soberanía do Reino Unido (259 km2; 25.355 h [1989]; 36.000 h [estim 1998]). De orixe calcaria (coralina) está integrado polas illas Grand Cayman (23.881 h [1989]), Little Cayman (33 h [1989]) e Cayman Brac (1.441 h [1989]). Situado a 19° de latitude N e 80° de lonxitude O, en plena zona tropical, goza dun clima suave durante todo o ano. A súa capital é a cidade de George Town (12.921 h [1989]), na illa Grand Cayman. As súas principais fontes de riqueza son a pesca, con 615 toneladas en 1996, a maior parte de quenlla, o cultivo de cocos e o turismo. Esta última actividade, con 373.245 visitantes en 1996, reportoulle uns ingresos de 368 millóns de dólares USA ese ano. A moeda oficial é o dólar das Illas Caimán. O inglés é o idioma oficial. Cristovo Colón descubriunas en 1505 e chamoulles Illas Tartarugas. Posesión británica desde o s XVIII, dependía do gobernador de Xamaica ata a súa independencia. Daquela, as Illas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cebola’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘allo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome masculino de significado descoñecido, que quizais proveña de Gayin ‘ferreiro’. Leva este nome o primoxénito de Adán e Eva e irmán de Abel. Segundo o relato do libro da Xénese, era labrego descoidado no culto divino e cobizoso da boa renda dos rabaños do seu irmán. Esta envexa levouno a matar a Abel coa queixada dun burro. O pastor foi o primeiro mártir e o labrego o primeiro asasino. A explicación deste mito cómpre encadrala no contexto socioeconómico do pobo xudeu que, no momento da formación da súa tradición oral, baseaba a súa economía no pastoreo; de aí que ao elaborar a súa cosmogonía atribúan ao seu xeito de vida calidades superiores ás dos pobos agricultores do seu contorno, representados por Caín: os sacrificios de años eran máis gratos a Deus ca os froitos da terra, considerados como alimentos ínfimos. Ademais, subxace o inevitable conflito que xorde nos usos do solo entre pastores e agricultores, conflito que se veu repetindo ao longo da historia, dende...

    VER O DETALLE DO TERMO