"CEI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 262.

  • Apelido que ten a súa orixe nun alcume posiblemente de profesión, xa que un veceiro era antigamente a persoa que se encargaba de levar o rabaño de cabras e ovellas dun lugar ao monte, labor que se regulaba a través dun sistema de quendas. As formas maioritarias deste apelido son as que aparecen grafadas con b- non etimolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Betanzos ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a un certo tipo de pedra branda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adorno a xeito de aro que se coloca ao redor do brazo, no antebrazo ou no pulso. Os da época prehistórica acostumaban a ser metálicos, de ouro, prata ou bronce. Os conxuntos máis importantes corresponden á Idade do Bronce e á época castrexa. Os da Idade do Bronce pódense clasificar en tres tipos: de sección cilíndrica, con molduras curvas e de sección poligonal, sendo os conxuntos máis salientables os de Agolada, Lamela, A Estrada e Caldas de Reis. Na época castrexa presentan formas de moldura curva ou adoptan forma de torque.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Traballador que realiza labores agrícolas a xornal.

    2. Persoa que ofrece o brazo a alguén para servirlle de apoio.

    3. Aplícase á arma que se arrebola co brazo. Loitaron só con pedras e con lanzas braceiras.

    4. Persoa con forza nos brazos para lanzar barras, lanzas ou outras armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello feito con arames, corda, coiro ou outros materiais, que se lles pon aos animais na boca para impedir que coman cando non poden ou que mordan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que busca auga nos terreos e fai os pozos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Monforte de Lemos. As súas armas levan un buceiro, en campo de azul e sobre un terreo de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Hórreo circular construído xeralmente con vimbios trenzados. A súa forma é semellante ao cabaceiro, aínda que algo máis grande ca este. OBS: Tamén se emprega nalgunhas zonas de Galicia como denominación xeral de hórreo.

    2. Rede empregada no río Miño para pescar lamprea, zamborca ou salmón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta do xénero Cucurbita, da familia das cucurbitáceas, que se caracteriza por ser herbácea anual, dioica, de talo prostrado, groso, hirsuto e escabroso, e ter follas palmatinervias, máis ou menos lobuladas, gabiáns ramificados, flores campanuladas, grandes e amarelas, e froitos en pepónide, de parede resistente e grosa que madurecen no solo. As cabaceiras son plantas de orixe americana cultivadas polo seu froito, a cabaza, empregado para alimentación humana ou do gando, e tamén como plantas ornamentais. Baixo esta denominación englóbanse unhas 25 especies, das que a máis coñecida é C. pepo, con moitas variedades de cultivo como C. pepo var medullosa que produce as cabaciñas. Tamén cómpre destacar a cabaza confeiteira ou caiota, que pertence á especie C. maxima e da que se obtén o cabelo de anxo. As sementes da cabaceira poden comerse fritidas, e inxeridas crúas e en xaxún constitúen un excelente tenífugo. O cultivo dáse en gran diversidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hórreo construído con varas ou pólas entretecidas de vimbio, carballo ou salgueiro. A súa forma pode ser de planta redonda con cámara cilíndrica ou troncocónica invertida, asentada sobre un pequeno muro ou unha armazón de catro táboas grandes colocadas sobre uns bloques de pedra no chan; tamén pode presentar planta rectangular, no que a cámara vai asentada sobre unha grade de catro táboas, suspendidas, ao mesmo tempo, sobre catro esteos de granito cos seus tornarratos. A cuberta é de colmo e moi lixeira, pois cómpre levantala para botar o millo dentro, que logo sae a través dunha abertura pechada cunha táboa. Accédese a el levantando a cuberta cónica ou por unha pequena porta mediante unha escada ou un bloque de pedra situado na parte dianteira. OBS: Tamén se emprega nalgunhas zonas de Galicia como denominación xeral de hórreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote da ría de Arousa, situado ao NL da illa de Sálvora e ao SL da illa de Vionta, en territorio da parroquia de Carreira (Ribeira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote da ría de Arousa, no denominado Paso interior de Sálvora, situado ao NL da illa de Sálvora e ao SL da illa Cabeceiro Chico, en territorio da parroquia de Carreira (Ribeira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cultural sen ánimo de lucro fundada en Maceda en 1975. A súa finalidade principal era a de potenciar a lingua e a cultura galega a través de actividades como representacións teatrais ou conferencias. O seu proxecto máis salientable foi a representación de dúas obras de teatro: O catecismo do labrego e O menciñeiro á forza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte superior da cama que se corresponde coa colocación da cabeza e da almofada.

    2. Saco de tea ou coiro de forma rectangular cheo de la, espuma ou outros materiais sobre o que se apoia a cabeza, os pés ou outras partes do corpo.

    3. Lugar destacado onde se coloca o máis importante.

    4. Extremo superior dunha leira situado na parte máis alta.

    5. Núcleo de poboación onde se localizan as delegacións das administracións e servicios públicos para un territorio determinado.

    6. Parte dunha igrexa que se estende desde o extremo posterior, con ou sen ábsida, ata a colocación normal do cruceiro; xeralmente está centrada no altar maior.

      1. Nota preliminar coa que se encabeza un escrito.

      2. Nome ou título dunha persoa, corporación, entidade, empresa comercial, etc, xeralmente acompañado do enderezo e doutras indicacións, impreso na parte superior dun documento.

      3. Ornamento que se pon ao comezo dunha páxina, dun capítulo, etc.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Saco cheo de la, espuma ou outros materiais para apoiar a cabeza na cama.

    2. Corda que se lles pon na cabeza ás bestas para atalas, suxeitalas ou conducilas.

    3. Parte superior dunha leira que se labra en sentido transversal ao final, porque é necesaria para poder achegar os regos do arado o máis próximo á cima.

      1. Madeiro ou elemento superior no marco dunha fiestra ou ventá.

      2. Lintel de madeira.

    4. Parte extrema da rede que teñen os aparellos dalgunhas artes de pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cheiro a bravío que despiden certos animais, especialmente na época de celo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porco macho dedicado á reprodución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen pasa o tempo sen facer nada ou ten pouco amor polo traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Localizado no concello de Teo, trátase dun dos cruceiros máis antigos de Galicia. De estilo gótico, está asentado sobre un pedestal de tres banzos. O crucificado ten tres cravos, un pano na cintura e unha coroa de espiñas na cabeza sobre a que se atopa un cáliz.

    VER O DETALLE DO TERMO