"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Pontificia Accademia delle Scienze.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación de brusquidade na interpretación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ornamento consistente nunha brevísima nota que, executada case o mesmo tempo que a principal, produce unha disonancia. É frecuente na música de teclado do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de comerciantes e banqueiros italianos de Bérgamo, establecidos en Florencia dende o s XII. A súa compañía mercantil, fundada no ano 1282, chegou a posuír filiais nos centros máis importantes do comercio europeo. A crise de 1345, provocada pola guerra que mantivo Florencia contra Lucca -financiada e sostida polos Acciaiuoli e outras familias-, afectou aos seus negocios e a compañía pechou no ano 1355. Os Acciaiouli foron tamén os banqueiros de Eduardo III de Inglaterra e da Sé Apostólica. Pertencen tamén a esta familia humanistas e escritores, como Donato Acciaiuoli (Florencia 1429 - Milán 1478), humanista e autor da obra en latín Vida de Carlomagno; Filippo Acciaiuoli (Roma 1429 - 1478), poeta, dramaturgo e músico que escribiu Girello (1668); e nobres, como Nicolo Acciaiuoli, Rainerio I de Atenas, Antonio I de Atenas e Francisco II de Atenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran Senescal da Raíña Xoana I de Nápoles. Dirixiu as operacións contra Federico III de Sicilia, que culminaron coa conquista de Mesina (1356) e coa entrada dos Reis de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cidade de Accium ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da cidade de Accium.

    3. Xogos celebrados en Accium na honra de Apolo. Octavio ordenou que se celebrasen con maior solemnidade co gallo de conmemorar o éxito da batalla de Accium (31 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que se tira do prelo en Vigo en novembro de 1911 como “Quincenario del Círculo Obrero Católico”, órgano dos sindicatos obreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe editada en Mondoñedo entre o 1 de novembro de 1918 e o 1 de agosto de 1930, cando chegaba ao seu número 279. Foi subtitulada “Revista quincenal, órgano del Centro de Acción Social Católica”. Dirixida por Antonio Maseda Bouso, actuaron como redactores-xefe Enrique Costas Márquez, Vicente Saavedra e Xosé Trapero Pardo. Tiña unha clara tendencia tradicionalista e incluía informacións sobre política, agricultura, leis, asuntos sociais, actualidade e novas da entidade. Colaboraron con ela Aurelio Ribalta, Rof Codina, Xoán Armada e Enrique Mª Santos, entre outros. Nunha das súas seccións, “Sección Literaria”, difundíanse textos en castelán e poemas en galego de Noriega Varela, Eduardo Lence-Santar, Xosé Mª da Fuente, e o himno agrario traducido ao galego de Rafael Martínez. Continuará o seu labor en Galicia social agraria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación titulada como “Órgano mensual defensor de las Sociedades de Forcarey y sus contornos” aparecida en Forcarei en 1923, que rematou a súa edición coa ditadura de Primo de Rivera. De tendencia agrarista, foi fundada e dirixida por Xosé Mª Cabadas Villar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado polo PSOE da Coruña durante a Segunda República. Saíu á luz o 21 de setembro de 1931 coa “dobre misión de difundir as doutrinas socialistas e evitar os atropellos de que era obxecto a clase traballadora”. As súas páxinas, nas que colaborou a militancia máis coñecida, reflectiron un talante moderado favorable á colaboración cos grupos republicanos, maioritarios no concello da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia celebrada do 15 ao 22 de abril de 1958 en Accra (Gana), onde se reuniron, baixo a presidencia de Kwane Nkrumah -primeiro ministro de Gana-, representantes de oito dos nove estados africanos independentes (Libia, Marrocos, Sudán, Tunicia, República Árabe Unida, Etiopía, Gana e Liberia). O lema que aglutinou os participantes foi África para os africanos. A conferencia condenou, nas súas conclusións, o colonialismo e o racismo e reafirmou o principio de cooperación económica e cultural africana como única vía para evitar o intervencionismo das potencias non africanas. Así mesmo, foron ratificados, por unanimidade, a totalidade dos principios asumidos pola Conferencia de Bandung (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propensión a tornar(se) agre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levantamento militar acontecido na Coruña o 21 de febreiro do 1820, no que se proclamou a Constitución do 1812 en apoio do Xeneral Riego protagonizado, entre outros, por Félix Álvarez Acevedo. O levantamento estaba debidamente preparado, ao participar na conxura, ademais de militares, burgueses, artesáns e mesmo as clases populares. Dende Cádiz, vía Gibraltar, chegaron á Coruña partes de aviso e proclamas que se espallaron e se distribuíron polos cuarteis. O pronunciamento principiou ao aproveitar a chegada e toma de posesión do novo Capitán Xeneral, marqués de Reunión, a quen se arrestou xunto aos xefes militares e ás autoridades absolutistas. Os sublevados fixéronse cargo do mando dos distintos rexementos e, xa que logo, a cidade quedou enteiramente nas mans dos liberais. No mesmo día vinteún, constituíuse na Coruña unha Xunta Superior de Goberno con plenitude de poderes para gobernar o Reino de Galicia. A súa composición respostaba a un plano perfectamente estudiado, segundo o cal nela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indisposición de estómago provocada polos ácidos gástricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acompañado do infortunio.

    2. Que presaxia acontecementos funestos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. chantaxe.

    2. arzola.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resistencia dun material ou dunha substancia á acción química destrutiva dos ácidos fortes.

    2. alcoholo-acidorresistencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se acomoda con facilidade a calquera situación.

    2. Que cede ou transixe ante un problema determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Doutrina que nega a necesidade da existencia dun poder e dunha autoridade políticas, e que as combate de xeito pacífico (por espallamento de experiencias alternativamente realizadas en determinadas comunas) para suprimilas.

      2. Situación social na que non existe un poder ou este está marxinado e con escasa ou nula autoridade.

    1. anarquía.

    2. Impotencia, febleza ante unha situación na que nada se pode facer.

    VER O DETALLE DO TERMO