"CIG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 60.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego aparecida en Ourense en 1975 e promovida pola asociación cultural e deportiva Os Cigurros. Acollía as seccións “Feitos”, “Aniversario” e “Noticias”; informaba sobre música, teatro, cine e premios literarios, como o Premio Castelao que gañou o poema “Pranto de irmao a Castelao vivo e morto”, de Xavier R. Barrio; e incluía ilustracións e recensións sobre libros e colaboracións poéticas, como “Poema do alleado” ou “Poema íntimo”, de Manuel María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro fundado na Rúa en 1972, pertencente á asociación que levaba o mesmo nome. Ata 1976 representou obras de Eduardo Blanco Amor, Daniel R. Castelao, Carlos Casares, J. Díaz, Alonso de Santos e X. Agrelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de masa equivalente á décima parte dun gramo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos xemelgos orixinados de dous óvulos fecundados separadamente por dous espermatozoides e, polo tanto, con xenotipos diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Naturalista, investigador e escritor. Estudiou na Escola Superior da Mariña Civil da Coruña e licenciouse en 1968 na facultade de Náutica de Barcelona. Fundou e presidiu a Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía e o Instituto Galego de Estudios Mariños, e foi presidente da Asociación de Oficiais da Mariña Mercante. Pertenceu ás xuntas rectoras dos parques naturais das Illas Cíes e do Monte Aloia en representación dos grupos ecoloxistas de Galicia, así como ao Consello Galego de Medio Ambiente. Na área da natureza descubriu as colonias de paíño europeo das costas galegas. Publicou numerosos artigos nas áreas da historia, etnografía, ciencias da natureza, arqueoloxía e espeleoloxía, e libros de investigación, entre os que cómpre destacar Illas de Ons e Sálvora, historia natural e humana, Viaxeiras da auga, Fauna galega para nenos galegos, Cruces mariñas e de mala morte das costas galegas, Illas de Galicia, Cíes y Ons: la ruta de las islas, As covas de Galicia, Tódolos peixes de Galicia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e avogado. Delegado do Patrimonio Madrid-Castela A Mancha de Renfe, escribiu, entre outras obras, El liberalismo y la iglesia española: historia de una persecución (1989) e Antonio Capmany (1742-1813). Pensamiento, obra histórica, política y jurídica (1993). Foi distinguido co Premio Francisco Elías Tejada da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado dun individuo ou dunha célula que para un carácter determinado posúe os dous alelos diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos heterocigotos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao cigoto formado pola unión de dous gametos que teñen diferente constitución xenética.

    2. Que provén dun cigoto heterocigoto.

    3. Que contén dous factores diferentes nun par de alelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado dun individuo, célula, etc, que, por un carácter determinado, posúe os dous alelos idénticos. A homocigose é favorecida pola endogamia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á homocigose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao cigoto formado pola unión de dous gametos que teñen a mesma constitución xenética.

    2. Aplícase ao individuo que provén dun cigoto homocigoto.

    3. Aplícase ao individuo cos alelos  iguais para un mesmo carácter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta en lingua provenzal. Da súa obra consérvanse 35 poemas morais, amorosos, históricos e relixiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cigoto bacteriano parcialmente diploide, que é o resultado dun proceso de transferencia dunha parte da información xenética dunha célula doadora á información xenética presente nunha célula receptora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cigoto dos mixomicetos que resulta da fusión de dúas mixamebas de sexo distinto de dúas mixoflaxeladas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a un monocigoto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • univitelino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cigoto flaxelado que se produce pola unión de dous planogametos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pelo groso e forte que recobre o corpo de certos animais.

    2. Corda feita con crinas ou sedas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Honduras e do departamento de Francisco Morazán (1.037.600 h [2000]). Situada no altiplano central, á beira do río Cholouteca, ten cultivos de café, tabaco, cereais e legumes e industrias alimentarias, algodoeiras e da confección. A antiga Tisingal indíxena experimentou un crecemento notable a finais do s XVI, a raíz da explotación dos seus xacementos de prata e, máis tarde, de ouro e mármore. Ata 1880 compartiu a capitalidade coa cidade de Comayagua.

    VER O DETALLE DO TERMO