"CISC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 605.

  • GALICIA

    Xornalista, director da Universidade Popular en Vigo e técnico superior do concello da mesma cidade. Foi secretario da Asociación da Prensa de Vigo e presidente da Unión de Periodistas de Pontevedra. No eido da comunicación desempeñou os postos de director do semanario El Pope, redactor-xefe da Hoja del Lunes de Vigo e redactor-xefe e director do Faro de Vigo. Ademais da súa experiencia como director do Museo de Castrelos de Vigo e como redactor no xornal El Pueblo Gallego, foi correspondente de diversas axencias de información. Obtivo o Premio da Crítica Galicia no apartado de ensaio e foi finalista do Premio Nacional de Literatura de Ensayo. Publicou, entre outras obras, Álvaro Cunqueiro: unha biografía e Cunqueiro, un fabulador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impresor do século XIX. Fillo do tamén impresor Pascual Arza, ao que substituíu á fronte da súa imprenta en Santiago de Compostela no 1838, despois de publicar algúns xornais. A empresa pertenceu á familia Arza ata 1860, data na que lle foi arrendada a Cástor Míguez tras un primeiro arrendamento a Timoteo Pombo en 1854.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista. Desde 1916 traballou activamente nos sindicatos anarcosindicalistas. Foi prendido baixo a acusación de atentar contra o redactor xefe do periódico El Heraldo de Aragón, contrario ás reivindicacións obreiras. Trasladouse a Barcelona e con Durruti, G. Oliver e outros constituíu o grupo Los Solidarios (1922). Tiñan como misión a loita terrorista contra a patronal, a policía e os sindicatos libres. Ao ano seguinte participou no asasinato do cardeal Soldevila, feito que provocou a súa detención e a posterior fuxida a Francia. En 1924 xunto con Durruti percorreu diversos países americanos onde realizaron diversas expropiacións para acadar fondos para a organización anarquista. Participaron no intento de asasinato de Afonso XIII en París e contribuíron á publicación da Encyclopédie anarchiste (Enciclopedia anarquista) de Sebastián Faure. Foi un dos fundadores da Federación Anarquista Ibérica (FAI) en 1927 e defendeu o putsch (sublevación) como medio de chegar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e historiador castelán. Estudiou clarinete, piano, canto e composición no conservatorio de Madrid. En 1859 fundou os concertos espirituais no Teatro da Zarzuela de Madrid. Escribiu máis de setenta zarzuelas, de entre as que sobresaen: Jugar con fuego (1851), Pan y toros (1864) e El barberillo de Lavapiés (1874). Publicou Cancionero musical de los siglos XV y XVI (1890), Reseña histórica de la zarzuela (1864) e Los últimos amores de Lope de Vega (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Aos 14 anos trasladouse a Barcelona, alí estudiou no colexio dos Salesianos de Sarriá onde se iniciou como escultor á sombra do Novecentismo. En 1916 marchou para Barakaldo coa intención de traballar como mestre de debuxo no Colexio dos Salesianos. En 1917 foi a Madrid por mor do servizo militar. Ao longo deste período formativo entrou en contacto coa obra de Rodin e Bourdelle, tendo ademais a oportunidade de participar nos movementos renovadores de Catalunya e Madrid, e no espertar dunha nova sensibilidade que o encamiñou cara á estética medieval, reafirmada coa súa volta a Galicia en 1918 -logo de gañar a praza de escultor anatómico da Universidade de Santiago de Compostela-, onde descubriu o Románico compostelán. Ata a súa chegada a Santiago de Compostela a súa obra segue unhas reminiscencias decimonónicas e rodinianas, manifestando certa preferencia polas formas esvaídas e polas materias brandas, coas que modelou as súas primeiras obras; sen embargo, a súa escultura é claramente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en Ciencias Químicas pola Universidade da Coruña (1998) e xogador internacional de hóckey a patíns. Como deportista, militou nos equipos coruñeses da división de honor do C. H. Dominicos e do H.C. Liceo, proclamándose campión da Copa do Rei en 1994 co Dominicos. Formou parte da selección española absoluta en 45 ocasións, obtivo o título de campión do mundo (Arxentina 1989) e, nos campionatos de Europa, as medallas de prata en categoría absoluta (Italia 1990) e de bronce en categoría júnior (Bélxica 1983). Está en posesión do título de adestrador nacional de hóckey sobre patíns e da Orde ao Mérito Olímpico, que lle outorgou o Comité Olímpico Español en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e historiador. Deixou manuscrita unha Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su Obispado, redactada entre 1839 e 1852; esta obra, que se conserva no Arquivo da Catedral de Tui, foi editada pola Xunta de Galicia en 1997. Así mesmo, o Museo de Pontevedra editou: El convento de ermitaños de San Cosme y San Damián, junto de Bayona (1942), Castillos de la tierra de Tuy (1943) e La Iglesia Colegiata de Bayona (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, ensaísta e sociólogo. Pertenceu ao grupo da Revista de Occidente. Desta época son as novelas Tragicomedia de un hombre sin espíritu (1925) e Medusa artificial (1930). Exiliouse na Arxentina (1939-1944) e, durante o peronismo, en Porto Rico e México. No exilio derivou cara a unha literatura de preocupacións éticas e converteuse nun dos novelistas fundamentais no tratamento da Guerra Civil española. No ano 1961 volveu ao estado español e publicou: Obras narrativas completas (1969) e El jardín de las delicias (1971). Membro da Real Academia de la Lengua Española, foi galardoado cos premios Nacional de Literatura (1983) e Cervantes (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor de Ciencias Biolóxicas e de Filosofía na Universidade de California (campus de Irvine). Discípulo de Dobzhansky, a súa traxectoria científica levouno a identificar diversos modelos de especiación non descritos con anterioridade. É autor de máis de 500 artigos de xenética, ecoloxía, evolución e filosofía da ciencia. As súas obras máis importantes son: Evolución (1980), Origen y evolución del hombre (1980), La evolución en acción (1983), Estudios sobre Filosofía de la Biología (1983), Genética moderna (1984), La naturaleza inacabada (1987) e La teoría de la evolución (1994). Así mesmo, é membro do Comité de Asesores de Ciencia e Tecnoloxía do Presidente dos EE UU, William J. Clinton; tamén pertence a numerosas academias científicas e preside a Asociación Americana para o Avance da Ciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Publicou El laboratorio y los derrames tuberculosos (1922) e El problema manicomial de Conjo (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de música e director de bandas militares. Dirixiu o coro, a banda e a orquestra do Centro Galego de Montevideo, e organizou a programación musical da cidade nalgunhas temporadas. Desempeñou o cargo de director do Orfeón da Casa de Galicia (1917). Foi quen mellor difundiu a obra do seu irmán Xosé Baldomir, estreándolle a famosa balada Meus amores e a zarzuela Santos e Meigas. Rematou a súa carreira musical como pianista polos locais nos que se proxectaban películas de cine mudo, formando dúo co violinista Mariano Sábat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político portugués. Creou en 1973 o semanario Expresso, do que foi director ata 1980. Foi un dos fundadores do Partido Popular Democrático, chamado posteriormente Partido Social-Demócrata. Xefe de goberno (1981-1983) trala morte de Sá Carneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo e poeta barroco. É o autor do tratado Teatro de los teatros de los pasados y presentes siglos, traballo publicado fragmentariamente no 1901, no que defende a comedia dos ataques dos xesuítas. No 1722 editáronse as súas Obras líricas, influídas por Góngora, e os seus textos dramáticos (A pedra filosofal, derivada de La vida es sueño, El esclavo en grillos de oro e o auto sacramental El gran químico del mundo) nos que procurou imitar o estilo de Calderón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Asenjo Barbieri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e pedagogo. Cursou estudios de Filosofía e Letras e incorporouse á ILE (Institución Libre de Enseñanza). Durante a Segunda República ocupou diversos cargos nas Cortes. Apoiou as teses de Azaña para laicizar o ensino e militou no Partido Radical-Socialista. En 1933 foi nomeado ministro de Instrución Pública e ingresou no partido Izquierda Republicana. Ao rematar a Guerra Civil exiliouse en México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Traballou nas pinturas do retablo da Igrexa de San Miguel e levou a cabo a restauración do Cristo da parroquia de Cordeiro (Pontevedra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Con anterioridade á súa chegada á Coruña (1792), consagrouse ao comercio polo espazo dunha década na cidade de Donostia, asociado co seu curmán J. Bautista D’Abadié. O nome de Barrié, xa establecido en Galicia dende 1792, exemplifica a burguesía de orixe foránea que se estaba a instalar na Coruña neses anos. Nun comezo dedicouse, preferentemente, a introducir cereal estranxeiro no mercado local, participando mesmo no negocio dos bacallaos terranovenses. Este comercio, en época de penuria económica, deulle importantes beneficios. Pero tamén compaxinou este traballo con outras moitas actividades como: o corso marítimo, o comercio con América, a condución de negros a América, etc. Á parte desta dedicación comercial tamén se implicou en empresas fabriles (dende 1803 dirixiu a fábrica de sombreiros da Coruña), ampliando así o seu volume de negocios. Xa nos primeiros anos da súa estancia na Coruña destacou no grupo dos grandes do comercio local e tomou parte activa nas deliberacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Tomou parte nos movementos independentistas e participou na Asamblea Constituínte de 1823. Foi presidente das Provincias Unidas de Centroamérica (1829-1830) e presidente da Asamblea de Guatemala en 1837. A partir de 1848 dirixiu o xornal El álbum republicano. En 1849 houbo de fuxir de Guatemala e refuxiose en Honduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Realizou estudos de Filosofía e Letras. Cultivou a literatura de tipo costumista. Recreou temas populares da cultura galega tratados con humor. Publicou as seguintes obras: Andanzas de Xan Cativo (1972), Viaxeiro da risa (1973), Os ovos da pita choca (1975), Os cabalos da troula (1992) e O rato de frei Corchea (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, ensaísta e periodista portugués. Colaborou en La Renaixença e en La Veu de Catalunya. É autor dos ensaios A crise (1894) e Intereses nacionais (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO