"Campi" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 50.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xogador que desenvolve a súa actividade no centro do terreo de xogo en deportes colectivos de oposición con balón, especialmente no fútbol. Cando o seu equipo está en posesión da pelota, a súa misión é distribuír o xogo e achegar o balón ás posicións próximas á portería contraria para que poida ser rematado por el mesmo ou polos dianteiros. Cando o seu equipo non está en posesión do balón, o seu obxectivo é recuperar o balón ou, cando menos, dificultar o xogo dos rivais e evitar que se acheguen á liña de retagarda do seu equipo. En función do espazo concreto que ocupen, fálase de interiores (cando xogan polas posicións laterais, pegados á banda), mediapuntas (centrocampistas máis adiantados, híbrido entre centrocampista e rematador) e organizadores ou pivotes (que teñen a principal responsabilidade na distribución e destrución do xogo, respectivamente cando o seu equipo ataca ou defende).
-
PERSOEIRO
Compositor e pianista. Estudiou piano con F. Jurnet e J. B. Pujol, e composición con F. Pedrell (1883) e con Ch. de Bériot en París (1887-1889). En 1899 fundou a Sociedad de Conciertos Clásicos e en 1901 a Academia Granados, onde ensinou a súa técnica pianística. Colaborou e actuou, entre outros artistas, con P. Casals, C. Saint-Saëns e J. Thibaud. En 1911 estreou Goyescas, para piano, e escribiu a zarzuela María del Carmen (1898) e as obras líricas Picarol (1901), Gaziel (1906) e Liliana (1911). Da súa produción sinfónica destaca Tres danzas españolas (1892), o poema La Divina Comedia (1908) e diferentes suites. Para piano escribiu, entre outras pezas, Doce danzas españolas, Escenas románticas, Canciones amatorias e Colección de tonadillas en estilo antiguo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos lasiocámpidos.
-
Insecto da familia dos lasiocámpidos.
-
Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, que se caracterizan polo corpo groso e peludo e pola espiritrompa máis ou menos atrofiada. Son macrolepidópteros nocturnos, algúns sen embargo voan de día, coas ás de cores apagadas, aínda que con dimorfismo sexual. As eirugas son peludas, algunhas urticantes, como o anel do diaño, eventualmente gregarias e a miúdo provocadoras de pragas forestais.
-
-
PERSOEIRO
Xograr, probablemente de orixe galega, conforme á súa colocación no Cancioneiro de Xograres Galegos. Estivo activo entre o segundo e o último cuarto do s XIII. Atribúenselle as cantigas “O meu amig’, amiga, vej’andar” e “Diz meu amigo que eu o mandei”, conservadas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Estas composicións desenvolven o motivo da separación dos namorados e empregan a rima máis común na lírica galego-portuguesa (abbacc), distribuída en tres estrofas singulares de decasílabos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xogador que en determinados xogos ocupa a posición situada entre a defensa e a dianteira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Víctor Campio Pereira.
-
GALICIA
Escritor e político. Coñecido como Campio Carpio, emigrou á Arxentina aos 17 anos, participou na loita sindical dentro da Federación Obrera Regional Argentina (FORA) e relacionouse con militantes libertarios como Sinesio García Fernández. Defendeu o anarquismo a través da súa colaboración na revista Hombre de América e desde 1959 en Reconstruir. Colaborou tamén co voceiro Galicia Libre durante Guerra Civil española e relacionouse co movemento libertario galaico. Participou na escolma de Antología de pensamientos (1947), de González Prada, escribiu El destino social del arte (1933), Curros Enríquez: poeta épico de la España heroica (1949), Poesía del destierro (1962) e No hay tiempo para morir (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e diplomático. Estudou con Óscar Esplà e formou parte do Xeración da república. En 1930 estreou o ballet La romería de los cornudos, cunha estética moi persoal; ademais dun Concierto militar para violín e orquestra, a zarzuela El coro (1931), música de cámara e cancións. En homenaxe aos poetas da Xeración do 27 compuxo Llanto por Federico García Lorca (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, profesor e investigador. Destacou a súa loita contra rutinas e supersticións, en prol da inoculación e da vacina antivariólica, e en xeral da hixiene e da salubridade pública. Os seus estudos comprenden campos tan diversos como a navegación aerostática, o telégrafo eléctrico e sen fíos, a navegación submarina, o impulso para o desenvolvemento das comarcas, a conservación química dos alimentos, a meteoroloxía e melloras técnicas para a industria, ademais de estudos demográficos e sociais. Escribiu Años clínicos e Pensamientos sobre el arreglo de la enseñanza del arte de curar (1812).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen se clasificou en segundo lugar ao rematar un campionato.