"Cher" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 150.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nicolaj Konstantinovič Čerkasov.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Čerkasy.
-
-
Relativo ou pertencente aos cherkeses.
-
Individuo do pobo cherkés.
-
Pobo que habitaba na antiga rexión de Circasia. A súa área de ocupación autóctona era a oblast’ dos Karachais e dos Cherkeses.
-
Lingua pertencente ao grupo noroccidental das linguas caucásicas ou grupo abkhazo-adigueo. Divídese en dous grupos dialectais: o cherkés superior ou kabardino, falado na República dos Kabardinos e dos Balkares, e o cherkés inferior ou adigueo, falado na República de Adiguesia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
mero cristado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Konstantin Ustinovič Černenko.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Černihiv.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saul Černikhowskij.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Černivci.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Localidade da provincia de Kiev, Ucraína, no N do país preto da fronteira con Bielorrusia. O 26 de abril de 1986 o reactor nº 4 da súa central nuclear sufriu unha avaría que provocou unha explosión e a emisión á atmosfera de partículas radiactivas. As emisións propagáronse por un radio de miles de quilómetros, dende o Mar Negro ata o Báltico e o Canal da Mancha (Ucraína, Moldavia, Bielorrusia, Rusia, os Países Bálticos, a Península Escandinava, Polonia, Alemaña, etc). Os traballos de extinción do incendio prolongáronse durante cinco días. As localidades próximas foron evacuadas, entre elas as cidades de Černobyl (estim 40.000 h) e Pripiat (estim 25.000 h). A central nuclear de Černobyl inaugurárase en decembro de 1983 e, segundo a propaganda, contaba cos dispositivos de seguridade máis avanzados, tres sistemas totalmente independentes que garantían unha cobertura eficaz fronte ao risco de posibles fallos. O accidente produciuse durante un ensaio do sistema de refrixeración;...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Viktor Stepanovič Černomyrdin.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Solo moi desenvolvido, rico en materia orgánica, de estrutura granulosa e de cor negra ou parda escura. A rocha nai contén calcio e é xeralmente un loess. Presenta unha vexetación esteparia de gramíneas. Os chernozóns, coñecidos tamén como terras negras, son moi fértiles e particularmente abundantes nas estepas da Europa oriental.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo dos cherokees.
-
Individuo do pobo amerindio dos cherokees.
-
Pobo amerindio da familia dos iroqueses, asentado orixinariamente na área meridional dos Apalaches, e posteriormente nos estados de Tennesse e Carolina do Norte. Constituían un dos grupos de indios máis numerosos ao N do Río Grande e posuían unha cultura similar á doutros pobos do SL. Practicaban unha agricultura intensiva e vivían agrupados nuns 200 poboados confederados, organizados en clans e cunha forte estratificación social. A organización familiar era matrilineal. Aliados dos británicos nas guerras coloniais do s XVIII, Washington escolleunos como a nación testemuño do esforzo que o goberno americano facía a prol dos indios. A nación cherokee posuía unha constitución democrática cun xefe elixido e asembleas representativas. Non obstante , polo Tratado de New Echota (1835), os cherokees perderon os seus territorios situados ao L do río Mississippi en favor do goberno dos EE UU e foron deportados a unha rexión de Oklahoma (1838-1839).
-
Lingua pertencente á familia iroquesa falada polo pobo cherokee. Conserva un sistema fonolóxico silábico. No ano 1821 Sequoyah, un cherokee mestizo, inventou un silabario con 85 símbolos que foi utilizado durante moitos anos pola poboación e os misioneiros.
-
-
PERSOEIRO
Pintora e poetisa. Ingresou na academia dos Ricovrati de Padua en 1699 e escribiu, entre outras obras, Salmos e cancións postas en verso (1694) e As cereixas caídas (1717). Como pintora realizou retratos e pintura de historia. En 1672 ingresou na Académie Royale de Peinture. Publicou a serie de gravados Libro de debuxos (1707) e escribiu Libro de normas de debuxo (1706) e Antigas pedras gravadas sacadas dos principais gabinetes de Francia (1709-1719).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
charouvía.
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de Barizo, no concello de Ponteceso, situada entre as enseadas de Porto Barizo, ao O, e de Esteiro, ao L.
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade do estado de Meghālaya, na India, situada no extremo meridional do altiplano de Shiyong, onde se rexistra unha das medias pluviométricas anuais máis elevadas do mundo (11.607 mm).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Concreción silícica opaca, formada xeralmente no seo doutra rocha e constituída pola acumulación de espículas unidas por un cemento de calcedonia microcristalina.
-
PERSOEIRO
Compositor. Realizou estudios musicais con Sarti en Milán e Boloña (1778-1780). En 1786 instalouse en París, onde foi director de ópera italiana entre 1789 e 1790, e director do Institut National de Musique. Converteu a opéra comique, case reducida ao anecdótico, en instrumento para a descrición de caracteres. Da súa produción, caracterizada polo dominio do contrapunto e pola sonoridade orquestral, destacan as óperas Lodoïska (1791), Médée (1797) e Faniska (1806). Compuxo ademais a peza vogal Réquiem en do menor (1816), misas, cantatas e obras para cámara. Escribiu Cours de contrepoint et de fugue (Curso de contrapunto e fuga, 1835).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista, crítico e periodista. Escribiu À propos d’un cheval (1860), mestura de arqueoloxía e intriga novelística, e unha longa serie de novelas dun psicoloxismo idealizador. Destaca o traballo crítico Profils étrangers (1889), e o ensaio político Espagne politique (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ferreiriño.