cherokee*

cherokee*
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo dos cherokees.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo amerindio dos cherokees.

  3. s [ETN/HIST]

    Pobo amerindio da familia dos iroqueses, asentado orixinariamente na área meridional dos Apalaches, e posteriormente nos estados de Tennesse e Carolina do Norte. Constituían un dos grupos de indios máis numerosos ao N do Río Grande e posuían unha cultura similar á doutros pobos do SL. Practicaban unha agricultura intensiva e vivían agrupados nuns 200 poboados confederados, organizados en clans e cunha forte estratificación social. A organización familiar era matrilineal. Aliados dos británicos nas guerras coloniais do s XVIII, Washington escolleunos como a nación testemuño do esforzo que o goberno americano facía a prol dos indios. A nación cherokee posuía unha constitución democrática cun xefe elixido e asembleas representativas. Non obstante , polo Tratado de New Echota (1835), os cherokees perderon os seus territorios situados ao L do río Mississippi en favor do goberno dos EE UU e foron deportados a unha rexión de Oklahoma (1838-1839).

  4. s m [LING]

    Lingua pertencente á familia iroquesa falada polo pobo cherokee. Conserva un sistema fonolóxico silábico. No ano 1821 Sequoyah, un cherokee mestizo, inventou un silabario con 85 símbolos que foi utilizado durante moitos anos pola poboación e os misioneiros.