chernozem

chernozem

(

s m [XEOL]

Solo moi desenvolvido, rico en materia orgánica, de estrutura granulosa e de cor negra ou parda escura. A rocha nai contén calcio e é xeralmente un loess. Presenta unha vexetación esteparia de gramíneas. Os chernozóns, coñecidos tamén como terras negras, son moi fértiles e particularmente abundantes nas estepas da Europa oriental.