"Constantino" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 55.
-
PERSOEIRO
Filólogo. Licenciouse en Filoloxía Románica pola Universidad de Oviedo e doutorouse na Universidad Complutense de Madrid coa tese Ideas Lingüísticas en España durante el siglo XVI (1958, premio nacional de investigación Antonio de Nebrija 1958, publicada co título Contribución a la historia de los conceptos gramaticales (la aportación del Brocense), en Revista de Filología Española, 1960). Desde 1951 foi bolseiro e colaborador do Instituto de Filología e do Comité de Latín Medieval Hispánico, ambos do CSIC. Foi profesor axudante das cátedras de Gramática Xeral e Gramática Histórica da Lingua Castelá (1953-1959), encargado do Seminario de Filoloxía Románica da Universidad Complutense de Madrid e colaborador do Seminario Menéndez Pidal, no que traballou con Ramón Menéndez Pidal e Rafael Lapesa na confección do Glosario del español primitivo (inédito). Ocupou o lectorado de castelán na Universidade de Bonn (1960-1966) onde colaborou cos profesores Harri Meier e E. Coseriu....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Tino Grandío, despois de acadar galardóns nas exposicións provinciais de Lugo de 1944 e 1945 acadou unha bolsa en 1949 da deputación lucense e trasladouse a Madrid, onde se relacionou con Cristino Mallo e outros artistas galegos. As súas primeiras obras foron escenas de xénero e costumistas tratadas cun colorido intenso e cunha rotundidade case escultórica na representación das figuras. Desde a década de 1950 a súa obra evolucionou cara a dúas correntes, a abstracción e a neofiguración, caracterizándose pola monocromía, xeralmente de grises e brancos, polas figuras pouco perfiladas sobre as que se estende a mancha da cor de xeito que semellan flotar ou vaporizarse no espazo e polo reiteramento dos temas, naturezas mortas, paisaxes, mariñas, escenas de interior, retratos e animais; no da abstracción cómpre destacar, entre outras obras, Vaca azul (1951) e a serie dos Espellos (1959-1961). No eido da figuración destacan, entre outras, Romaría...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Personaxe polifacético, emigrou a La Habana onde obtivo os títulos de perito e profesor mercantil na Escuela de Comercio de La Habana. Posteriormente doutorouse en Dereito e foi xuíz. En 1895 fundou a Biblioteca Hispanoamericana de Ciencias Comerciales e dirixiu a revista Galicia. Publicou Tratado de metrología universal y agrimensura práctica, Aritmética práctica e Tratado universal de correspondencia comercial trilingüe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca de Constantinopla (842-858 e 867-877), fillo de Miguel II. Loitou contra a corrupción e foi desterrado (858), pero foi restaurado no cargo polo Emperador Basilio I de Bizancio. A súa festividade celébrase o 23 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo. Coñecido como Tino Martínez, expuxo parte da súa obra en Vigo, no Museo de Pontevedra, no Museo Arqueolóxico de Ourense, na Universidade de Coimbra e no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela, ademais dalgunhas mostras en Francia e Reino Unido. Foi coautor de La música medieval en Galicia (1982) e publicou os libros Ofrecidos-El Nazareno, Ofrecidos-Los Milagros de Amil, Ofrecidos-Santa Marta de Ribarteme (1989), Exvotos (1994), Fantasías de pedra (1997) e 6X11 (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Foi director xeral do Instituto Social de la Marina (1983-1987), director xeral do Instituto Nacional de la Seguridad Social (1987-1993), conselleiro da Organización Iberoamericana de la Seguridad Social (1986-1993) e secretario de estado para as Administracións Públicas (1994-1995). Foi deputado por Pontevedra no Congreso polo PSOE (1993-1996) e dirixiu as revistas Mar e Noray.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico bizantino. Tivo a oposición dos estudosos, aos que perseguiu ata que Nicéforo I e León V reemprenderon a política iconoclasta, que el non compartía. Depuxérono e relegárono a un mosteiro. Escribiu obras teolóxicas e históricas. A súa festividade celébrase o 13 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador latino de Constantinopla, fillo de Isabel de Courtenay e de Pedro, fillo de Luís VI de Francia. Casou con Violante de Hainaut, irmá do Emperador Balduíno I de Constantinopla. En 1216 foi elixido para o trono de Constantinopla, pero apresouno o déspota de Epiro e nunca chegou a tomar posesión da súa dignidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Nas súas obras plasmou o rico colorido e o folclore galego, sobre todo as romarías populares. Da súa produción destaca Romería.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e pintor. Recibiu as primeiras nocións musicais de mans de Xosé García e despois na Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid, onde fundou e dirixiu a tuna da escola e participou en rondallas. En Lugo fundou e dirixiu numerosas rondallas e exerceu de profesor de guitarra, laúde, bandurria, mandolina e frauta. Organizou e dirixiu o Grupo de pulso e púa do Círculo das Artes e dirixiu unha orquestra de cámara de guitarras. Compuxo pezas para guitarra e para canto con acompañamento de orquestra de pulso e púa. Das súas composicións destacan Zoraida, Tristeza, Guajiras, Alborada, Danza Árabe, Juventud, Alegría de zagales, vilancico composto sobre texto propio, Cantemos felices, A costa de Mondoñedo, Bágoas, Camiño do monte, sobre texto de Novoneyra, e Soio na noite, sobre texto de Manuel María. Realizou debuxos, caricaturas e pinturas e fundou con outros artistas lugueses o grupo...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor, autor e director teatral. Participou como actor en diversas montaxes da Escola Dramática Galega, como A noite vai coma un río (1979), de A. Cunqueiro; e dirixiu O paseio de Buster Keaton (1980), de F. García Lorca. Coa compañía Luís Seoane interpetou Dansen (1980), de B. Brecht. Escribiu os dramas Lenda antiga do home que quererá voar (1979, Premio Teatro Breve da EDG), en que trata a submisión do home actual á ciencia e ao progreso; e A outra historia de Brancaneves (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador latino de Oriente (1221-1228), fillo de Pedro de Courtenay (Pedro I de Constantinopla). Feble e pouco hábil, foi derrotado en Asia por Xoán III Ducas Vatatzes (1224) e en Europa por Teodoro Anxo Comneno, déspota de Epiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Doutor pola Universidad de Madrid, exerceu en Montevideo. Inspirou a constitución do Comité Pro Ejército Español despois da Desfeita de Annual (1921). Escribiu El concepto moderno de la úlcera del duodeno (1910) e La Universidad de Compostela y otros problemas gallegos (1931). Presidiu o Centro Gallego de Montevideo desde 1925. Foi correspondente da Real Academia Galega. Recibiu o título de comendador da Orden de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo, irmán de Enrique e Xosé Sarabia González. Participou na Guerra de Cuba (1898) e ao seu regreso a Vigo (1907) iniciuse na fotografía de man do seu cuñado Xosé Gil Gil. En 1909 creou, xunto co seu irmán Enrique, un laboratorio de fotografía e adicouse principalmente á fotografía de exteriores. Desde a década de 1920 asinaron as fotografías co selo “Foto Sarabia”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca de Constantinopla (458-471), escritor e teólogo. Tratou de reconciliar as tradicións grega e exipcia. A súa festividade celébrase o 25 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO