"Díaz" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 214.
-
PERSOEIRO
Bispo. Membro da congregación da Santísima Trindade, foi nomeado bispo de Mondoñedo o 26 de novembro de 1618. Na súa única visita á diocese celebráronse catro sínodos. Estableceu reparticións gratuítas de cera para a Candelaria e o pago dunha milicia para a defensa de Ribadeo contra os ingleses. No verán de 1630, Filipe IV promoveuno como bispo de Tui, aínda que non chegou a ocupar este cargo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Ourense. As súas armas levan en campo de prata, unha nave de sable sobre onda de azul e prata.
-
GALICIA
Eclesiástico. Licenciado en Teoloxía no colexio San Bartolomé de Salamanca, foi mestre doméstico de Pedro de Castro e, cando este ocupou o bispado de Salamanca, seguiuno como provisor da diocese. Posteriormente foi cóengo da catedral de Ourense, onde se constituíu unha fundación co seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe descendente da casa de Cedrón, en Monforte de Lemos. As súas armas levan, en campo de ouro, un cedro de sinople.
-
GALICIA
Prateiro. Entre as súa obras destaca unha cruz procesional con figuras de santa María, san Xoán, san Pedro, san Bertomeu e san Roque, realizada para a igrexa de San Pedro de Trasalba (Amoeiro, 1612).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Sarria e Monforte de Lemos. As súas armas traen un escudo partido: primeira partición, de ouro, cunha banda de goles engulida nunhas bocas de dragóns de sinople, con catro follas de figueira, dúas no alto e dúas no baixo; segunda partición, de sinople, cun castelo sobre unhas ondas de mar, de azul e prata, e dúas sereas arrimadas a ambos os flancos do castelo; bordo de ouro, con catro follas de figueira alternando con outras tantas cruces planas de goles. Outra variante leva en campo de ouro, unha árbore de sinople, no flanco destro, cun lobo pasante, de sable, detrás da árbore; e unha torre coa súa homenaxe no flanco sinistro, sobre un terrazo de sinople, cun regato que brota ao pé da árbore.
-
PERSOEIRO
Conquistador e cronista de Indias paraguaio. Participou no sometemento dos crioulos en Santa Fe (1580), serviu como alguacil maior e alférez real en Salta (1582), e foi tenente en Ciudad Real e Villarrica (1585). Colonizou e gobernou Santiago de Jerez (1593) e fundou San Pedro de Guzmán. Despois de 1619, volveu a Asunción, onde exerceu como alcalde ata a súa morte. Escribiu Anales del descubrimiento y conquista del río de la Plata, coñecida como Argentina manuscrita, primeira crónica arxentina redactada en 1612 e publicada en 1836, na que se ocupou do período comprendido entre 1516 e 1573.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras, colaborou na prensa española e hispanoamericana ata 1936. Publicou os poemarios Abril (1927), Vibraciones del espíritu en la materia (1927), Versos marineros (1930) e as novelas El teniente azul (1928), en colaboración con A. Vidal Dovale, e, baixo o pseudónimo de Mauro del Sil e con ilustracións de Xaime Prada, Perfil de un ilustre (1933). Recibiu o I Premio de Poesía da Asociación de Prensa de León (1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Ingresou na Armada en 1811 e navegou polo Mar Mediterráneo e polas Antillas. Dende 1819 participou nas campañas contra os independentistas latinoamericanos e, dende 1821, navegou con patente de corso contra as novas nacións. Formou parte da división Guzureta (1824) que se dirixiu a Callao, pero, trala derrota de Ayacucho, marchou cara ás Filipinas (1825), viaxe na que perdeu o navío tralo amotinamento da súa tripulación. Chegou a Cádiz en novembro de 1825 e participou en diversas misións ata que se suicidou.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De orixe española, comezou como pintor de porcelanas e cultivou a temática histórica. Coñeceu a Théodore Rousseau e adheriuse á escola de Barbizon. Entre as súas obras destacan Cans na fraga e Proximidade da tempestade (1871). Entre outros galardóns, cómpre salientar a medalla de primeira clase que recibiu en 1851.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Alcalde maior da súa vila, liderou durante a ocupación francesa unha ofensiva contra as tropas do xeneral Fournier en xaneiro de 1809. Trala derrota marchou á Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora e gravadora. Despois de realizar estudios de debuxo artístico (1982-1983), licenciouse en Belas Artes pola Universidad de Salamanca (1983-1988). Na súa obra pitórica, as texturas comparten protagonismo coa colaxe. Compaxinou a súa actividade plástica coa docencia e deu cursos e talleres, entre os que destaca o Curso de Gravado e Estampación do concello de Ferrol (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bispo. Realizou estudios en Salamanca, foi provisor desta cidade e de Toledo, membro do Consello de Indias e bispo da diocese de Calahorra, cargo que lle permitiu participar no Concilio de Trento. Destacado canonista, publicou, entre outras obras, Instrución de prelados (1530), Soliloquios entre Dios y el alma e De la piedad.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista, sociólogo e economista, fillo de Xoaquín Díaz de Rábago e Gutiérrez de Terán, coronel do Batallón Literario. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático de Lingua Hebrea e secretario da facultade de Filosofía e Letras (1860). Residiu en Santiago de Compostela, onde foi director do Banco de España (1886), delegado rexio da Escola de Artes e Oficios (1887) e director da Real Sociedad Económica de Amigos del País (1887-1890). Foi un dos primeiros pensadores en estudar o cooperativismo nos ensaios Historia y situación actual de la cooperación en España e Bases especiales de una ley sobre las sociedades cooperativas. Participou no IV Congreso de Crédito Popular en Lyon (1892) co estudo “Bases essentielles d’une loi sur les Sociétés cooperatives”. Entre os seus escritos destacan Los foros en Galicia, Historia de la Real Sociedad Económica de Amigos del País, La industria de la pesca en Galicia...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Licenciouse en Filosofía na facultade Pontificia de Oña (Burgos), en Químicas na Universidade de Santiago de Compostela (1952), en Teoloxía no Heytrhop College de Inglaterra (1957) e en Educación na Stanford University de California (1970). Foi profesor de químicas no seminario Pontificio de Comillas (ata 1960), director do colexio de San Estanislao de Salamanca (1960-1961) e do Apóstolo Santiago de Vigo (ata 1968). Dirixiu a sección de tecnoloxía educativa do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela e, desde 1971, foi director do primeiro circuíto pechado de televisión que se creou nos ICE de todas as universidades. Foi presidente do Seminario Permanente de Tecnoloxía Educativa da rede INCIE/ICE e membro da Association for Educational Communications and Technology e American Educational Research Association.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e escritor. Comezou a carreira militar en 1836 e participou na Primeira Guerra carlista nas batallas de Galaneta, Alcora -pola que acadou a Cruz de San Fernando-, Morella e Lucena. En 1840 foi destinado a Santiago de Compostela e sete anos máis tarde participou coa expedición española na sufocación da sublevación Patuleia de Portugal (1846-1847) e despois foi nomeado capitán do batallón provincial da Coruña. Durante a súa estadía en Compostela realizou unha intensa actividade cultural, desempeñou unha das cátedras do colexio de Distinguidos de Galicia e participou na constitución da Academia Literaria de Santiago, da que chegou a ser presidente interino. Foi un dos iniciadores dos estudios sobre folclore ferrolán ao publicar en 1860 en El Eco Ferrolano unha colección de romances alusivos á súa cidade natal, fundou e dirixiu o xornal El Idólatra de Galicia (1841-1842) e colaborou con poemas e traballos históricos en varios xornais e revistas, como o aparecido no Anuario Ferrolano...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Monforte de Lemos? 1638 - Araceli, Roma 3.10.1728) Filósofo, teólogo e escritor. Membro da orde franciscana, foi lector de teoloxía nos conventos de Santiago de Compostela e Oviedo, e de vésperas en Salamanca (1683), padre da Provincia, definidor xeral e predicador da orde e do Rei Carlos II, cualificador da Suprema, comisario xeral de misións en Roma, consultor da Congregación del Índice y Ritos, procurador da orde na curia romana, teólogo e conselleiro do Emperador Leopoldo de Alemaña e teólogo do cardeal de Medici. Publicou, entre outras obras, Panegyris de S. Bonaventura (1678), Hymni tres in laudem eiusdem Seraphici ac S. Doctoris (1678) e Frutus Arboris Seraphici (1723).
-
PERSOEIRO
Mariño. Oficial da Mariña española, en 1725 navegou polo Mediterráneo, onde sostivo numerosos encontros armados con buques das potencias berberiscas e dirixiu o exército do duque de Montemar na campaña de reconquista de Orán. En 1736 navegou a América coa flota de Indias e participou na defensa de Cartagena de Indias (1741). En 1747, malia o acoso dos navíos ingleses, logrou arribar ao porto de Corcubión cunha flota que transportaba importantes caudais. Promovido a capitán de navío (1760), encargouse do departamento marítimo de Ferrol co grao de comandante xeral. Ascendeu a tenente xeneral en 1779 e ocupou diversos cargos públicos sen abandonar o servizo activo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Descubridor e navegante. Ata 1505 realizou estudios de cartografía na Casa da India ao servizo do rei de Portugal. En 1508, xunto con Vicente Yáñez Pinzón, explorou as costas caribeñas de Nicaragua e Honduras e chegou ao Yucatán. Ao morrer Américo Vespucio foi nomeado piloto maior de Castela (1512). En 1515 explorou a costa do Brasil e Uruguay, e en 1516 descubriu o esteiro do Río de la Plata, ao que denominou Mar Dulce. Introduciuse polo esteiro ata chegar á illa de Martín García e continuou polas augas do Paraná ao que, posteriormente, se lle chamou río de Solís.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Ourense (1249-1276). Natural de Galicia, era membro dunha familia da nobreza. Foi chantre catedralicio antes de ser nomeado bispo.
VER O DETALLE DO TERMO