"Dios" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 110.

  • Casa pompeiana, coñecida tamén como a casa de Cástor e Pólux. Conserva pinturas realizadas coa técnica do cuarto estilo pompeiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelá correspondente ao apelido galego Deusdado, que non se conservou na nosa lingua pero que se atesta frecuentemente como nome persoal na onomástica medieval: “Deodatus” (doc ano 858 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 103).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ramon Deodat Caballero i d’Urbina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das ebenáceas, ao que pertence o caqui. En Galicia tamén está presente a especie D. lotus como ornamental nalgúns parques e xardíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ocasiona ou implica dispendio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espora formada nun ecidio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de corenta e seis novelas de breve extensión, divididas en cinco series de dez obras cada unha -agás a última, que quedou interrompida e só ten seis-, que conforman un ambicioso proxecto narrativo de Benito Pérez Galdós: facer a historia novelada de gran parte do s XIX, dende 1805, data da derrota da Batalla de Trafalgar, ata 1875, coa restauración da monarquía borbónica, explorando sistematicamente o pasado recente do país na procura da raíz histórica da experiencia colectiva e analizando criticamente os aspectos sociais e políticos. Mesturando personaxes de ficción con outros históricos, recolleu, a carón de acontecementos políticos e militares, sucesos cotiáns e privados, e conseguiu así recrear unha historia emocionante e próxima ao sentir dos seus contemporáneos. As dúas primeiras series cobren a Guerra da Independencia e o reinado de Fernando VII. Entre as obras desta serie encóntranse Trafalgar, Bailén, Napoleón en Chamartín ou La familia de Carlos IV. Series posteriores,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio que realiza a Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación e que consiste na investigación dos hábitos de consumo e as características sociodemográficas da poboación española, así como a súa relación cos diferentes medios de comunicación. O seu antecedente máis directo foi o informe encargado ao Instituto ECO, nos anos sesenta, en que se elaboraron 6.000 entrevistas para 10 empresas. En 1968, ao redor de 22 empresas de toda España tentaron consolidar un estudo de audiencias que constaba de 8 exames distintos de 4.000 entrevistas cada un. En 1975, nunha asemblea en que participaron 51 empresas, creouse a entidade Estudio General de Medios SA, encargada de autorizar os devanditos estudios. O 20 de xullo de 1988 o Ministerio do Interior rexistrou os seus estatutos e a sociedade EGM pasou a contar cunha estrutura xurídica adecuada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación semestral aparecida en 1981 e subtitulada “Revista oficial del Instituto de Estudios Bercianos”. Dirixiuna inicialmente José A. Carro Celda. No número once exerceu como director J. Enrique Fernández Llamazares, e dende o dezanove coordinouna J. Ignacio González Ramos. Tentou fomentar e difundir a cultura berciana en todos os seus ámbitos, cunha recompilación de literatura oral e popular da zona, ademais de achegas literarias de diversos autores, en que se incluían escritores galegos e portugueses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Madrid o 15 de febreiro de 1915. Cesou probablemente en decembro de 1916 (nº22). Dirixiuna Aurelio Ribalta e subtitulouse “Revista quincenal de Lenguaje, Finanza, Turismo. Publicada por Aurelio Ribalta”. Inicialmente, tiña unha periodicidade mensual, pero a partir do nº15, quincenal. A súa aparición provocou a toma de conciencia da intelectualidade galeguista da Coruña de cara a configurar as futuras Irmandades da Fala. Contiña informacións da actualidade galega na sección “Crónica Gallega” e artigos sobre cuestións lingüísticas, as seccións literarias “Poetas de hoxe” e “Poetas de onte”, e prosas divertidas no apartado “Repinicos de gaita”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que estudia con moito interese e dedicación.

    2. Persoa que se dedica ao estudio de algo específico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político consituído en xullo de 1975 por sectores do centro e da dereita saídos do franquismo. O grupo constituíuse a partir da Lei de Sociedades Anónimas e presentouse en Santiago no mes de agosto. Manuel Fraga Iribarne ocupou a presidencia ata ser nomeado ministro de Gobernación no gabinete de Carlos Arias Navarro. Xunto ao Gabinete de Orientación y Documentación Sociedad Anónima, formou o partido político Reforma Democrática en 1976, con carácter centrista, aínda que estaba formado por personalidades saídas da ditadura, que en outuno de 1976, xunto a outros partidos, formou Alianza Popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor liberal. Fundador e director do xornal vigués La Concordia, estableceu o seu obradoiro tipográfico en 1893. Empregou indistintamente os selos editoriais La Concordia ou M. Fernández Dios. Saíron do prelo dos seus talleres diversas obras de Neira Cancela, Besteiro Torres, F. Añón Paz, R. García Vicetto e Nicolás Taboada, entre outros. Á súa morte sucedeuno o seu fillo Miguel Fernández de Lema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [FOESGA] Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu o 23 de abril de 1997. Entre os seus obxectivos inclúense a organización de actividades docentes de caracter universitario, profesionais, sociais ou culturais, relacionadas con aspectos estratéxicos do desenvolvemento de Galicia, para a organización de todo tipo de prácticas docentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro dúplice situado á beira do río Ladra, probablemente en Santiago de Gaioso (Outeiro de Rei). Documéntase nun testamento de 1019.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Económicas pola Universidad de Madrid, foi director financeiro da empresa Manuel Rey e Hijos de Vigo. En 1979 foi presidente do PSOE en Galicia e participou na comisión que elaborou o Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi deputado do Parlamento de Galicia polo PSOE na I e II lexislaturas (1981-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo da costa nororiental de Nicaragua, no mar das Antillas, preto da fronteira con Honduras (Costa dos Mosquitos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Honduras (16.630 km2; 37.000 h [estim 1991]). A capital é Puerto Lempira (2.033 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de grandioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que destaca polo seu tamaño.

    2. Que causa unha grande impresión pola súa beleza, importancia ou calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO