Estudio General de Medios
Estudio que realiza a Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación e que consiste na investigación dos hábitos de consumo e as características sociodemográficas da poboación española, así como a súa relación cos diferentes medios de comunicación. O seu antecedente máis directo foi o informe encargado ao Instituto ECO, nos anos sesenta, en que se elaboraron 6.000 entrevistas para 10 empresas. En 1968, ao redor de 22 empresas de toda España tentaron consolidar un estudo de audiencias que constaba de 8 exames distintos de 4.000 entrevistas cada un. En 1975, nunha asemblea en que participaron 51 empresas, creouse a entidade Estudio General de Medios SA, encargada de autorizar os devanditos estudios. O 20 de xullo de 1988 o Ministerio do Interior rexistrou os seus estatutos e a sociedade EGM pasou a contar cunha estrutura xurídica adecuada.