estudio
(< lat studĭu)
-
s
m
Acción de estudiar.
-
s
m pl
-
Conxunto de cousas ou aspectos que se estudian dunha materia.
Ex: Realizou estudios no eido da antropoloxía.
Confrontacións: investigación. -
Conxunto de materias que se estudian nunha determinada especialidade ou nivel.
Ex: Cursou os estudios de secundaria.
-
-
s
m
Coñecemento ou experiencia nunha ciencia, arte ou profesión, que se adquire mediante o estudo ou os exercicios prácticos.
Ex: Malia súa mocidade, ten moitos estudios.
-
s
m
Obra ou traballo en que se estudia un asunto determinado.
Ex: Fixo un estudo sobre as praias galegas.
Sinónimos: investigación. -
s
m
-
Cuarto ou piso en que se realizan actividades intelectuais ou profesionais, especialmente artísticas.
Ex: As súas fotografías realizounas no estudio.
-
Apartamento pequeno, normalmente dun só cuarto.
Ex: Alugou un estudo durante o verán.
-
Cuarto dunha casa en que se estudia ou se realizan actividades de carácter profesional.
Ex: Instalaron un ordenador no estudo dos rapaces.
-
[IMAX]
Edificio debidamente acondicionado para realizar actividades cinematográficas de rodaxe ou dobraxe. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
[COMUN]
Lugar onde se conciben as ideas e creacións publicitarias.
-
-
s
m
Representación gráfica ou escultórica que se realiza como exercicio ou ensaio antes da obra definitiva.
Ex: Fixo un estudo das sombras antes de pintar o cadro.
-
s
m
[MÚS]
Peza musical concibida para destacar o dominio técnico dun instrumento ou da voz. Destacan os de piano de Clementie Czerny e os de violín de Paganini.
-
[EDUC]
-
s
m
Lugar en que se ensina, especialmente gramática.
-
estudio xeral
Centros universitarios que naceron e se espallaron por Europa nos ss XII e XIII. Naquel momento reservábase a denominación de universidade para unha agrupación/agremiación de profesores, ou ben de estudiantes asistentes ao Estudio Xeral. A partir do s XV pasou a ser habitual denominar o Estudio Xeral tamén como universidade, denominación que finalmente se impuxo durante o s XVIII. O Estudio Xeral estaba capacitado para outorgar títulos con validez recoñecida para todos os centros similares da coroa, en caso de creación real, e para todo o mundo cristiá, en caso de confirmación mediante bula papal. Os estudios xerais de maior interese histórico europeo foron, entre outros, os de Boloña, Oxford, Montpelllier, París, Salamanca (1218) e Salerno. O Estudio Xeral compostelán recibiu o impulso definitivo para a súa creación a través do arcebispo Alonso de Fonseca III en 1526.
-
s
m
-
estudio de impacto ambiental
[XEOG]
Estudio técnico de carácter interdisciplinario que, incorporado no procedemento da Avaliación do Impacto Ambiental, destínase a predicir, identificar, valorar e corrixir as consecuencias ou efectos ambientais que determinadas accións poidan causar sobre a calidade de vida do home e do medio ambiente.
-
estudios de liña de base
[XEOG]
Consiste nun diagnóstico situacional que se realiza para determinar as condicións ambientais dunha área xeográfica antes de executarse o proxecto, inclúe os aspectos bióticos, abióticos e socioculturais do ecosistema.
-
estudio do desprazamento ó vermello
[ASTRON]
Sistema de medición directa da velocidade de afastamento das galaxias. Baséanse na lei de Hubble, na que a velocidade de desprazamento ao vermello obtense medindo o seu espectro de luz; deste xeito é posible ver cál é o grao de desprazamento das súas cores.
Refráns
- Aprendiz de moito, mestre de nada.
- Ninguén naceu sendo un mestre.
- O que burro vai a Roma, burro vén á volta.
- O que estudia poderá non saber, pero o que non estudia mal pode saber ler.
- O que ha ser bacharel, algo ten que aprender e algo ten que saber.
- Sufre por saber e traballa por ter.