"Domínguez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Trasladouse en 1929 a París para atender os negocios familiares, onde se dedicou á pintura e coñeceu os surrealistas. A súa obra recibiu a influencia de Picasso, De Chirico e Dalí. En 1934 incorporouse ao grupo surrealista, ao que pertenceu ata que Breton o expulsou en 1945. Realizou a súa primeira exposición en 1933 no Círculo de Bellas Artes de Santa Cruz de Tenerife. Atribúeselle a invención da técnica da décalcomanie, calcomanía realizada sen obxecto ao manchar de gouache ao papel e dobralo para, coa presión das mans, acadar unha realidade de carácter onírico, relacionada co automatismo psíquico dos surrealistas. Entre as súas obras destacan Paisajes Cósmicos (1929), Cuevas de guanches (1935), Composition au taureau (Composición dun touro, 1934-1935) e La chambre transparente (O cuarto transparente, 1939). Publicou o libro de poemas Les deux qui se croisent (Os dous que se miran, 1947), e ilustrou, entre outros, Poésie...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Luis Pimentel, en 1936 foi un dos mariñeiros do cruceiro España que se negaron a entregar o navío en favor da sublevación, polo que pasou seis anos no cárcere. En 1945 uniuse ao grupo guerrilleiro da comarca das Mariñas que o Comité Provincial do Partido Comunista de Lugo reconverteu no Grupo Voante A. En 1946 foi xefe militar do grupo denominado “Destacamento Enrique Líster”. Existen dúas teorías arredor da súa morte, que puido ser aniquilado polos seus compañeiros ou que foi condenado a morte o 14 de decembro de 1948.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Comezou no sector audiovisual coa longametraxe A outra muller (1982), realizada en soporte magnético. En 1986 dirixiu, xunto con Uxía Blanco, a curtametraxe O segredo, en 35 mm. Despois dun período dedicado ao ensino na Escola de Imaxe e Son da Coruña, o seu labor orientouse fundamentalmente á elaboración de guións, tanto para producións cinematográficas como televisivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e comerciante. Colaborou en diversas revistas e xornais galegos. É autor de varias narracións breves. A súa peza dramática, A tola xuiciosa, recibiu o Premio de Teatro Abrente de Ribadavia en 1974.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Profesor da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela e director xeral do Grupo Araguaney e da empresa audiovisual CTV. Presidente da Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual (AEGA).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e crítico literario. Licenciado en Filosofía, doutor en Lingüística Hispánica e profesor titular na Universidad Nacional de Educación a Distancia, fundou e dirixiu a Aula de Literatura Antonio Machado en Francia. Colaborador en revistas especializadas, como Zurgai, onde publicou “Última poesía gallega” (1993), publicou os poemarios Garlopa Marina (1974), Fendas (1991), Eidos da mirada (1994), Gremor (Premio Puente Cultural) e ensaios como Antonio Machado (1979), El signo poético (1987) ou La llama exótica: el pensamiento de Emmanuel Lévinas: eros, gnosis, poíesis (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Protexido de Pedro Martín Cermeño García de Paredes, exerceu o cargo de mestre maior das fortificacións da Coruña. A partir de 1782 traballou como arquitecto principal das obras de urbanización e saneamento da cidade herculina. Foi arquitecto municipal da Coruña dende a creación do cargo en 1786. O seu estilo neoclásico, influído por Martín Cermeño, caracterizouse por unha gran sinxeleza e por un sentimento clasicista moi puro. Entre as súas obras coruñesas destacan, ademais dalgunhas vivendas particulares, a Aduana Marítima (sede da subdelegación do Goberno, 1780), o Real Consulado (sede da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario) e o desaparecido Hospital Municipal (1791). Deseñou tamén as fontes de Neptuno e da Fama (1791) e os planos, non executados, para o ensanche da cidade e para a fonte da antiga praza da Fariña (praza de Azcárraga), e dirixiu as obras de construción do Teatro Provisional da Porta Real (1804). En Santiago de Compostela construíu o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Xunto con Tomás Gambino realizou o retablo maior de San Pedro de Fiopáns (A Baña), deseñado por Miguel Ferro Caaveiro (1777). Para o antigo mosteiro de Cascas (Betanzos) trazou os planos do altar dunha capela situada á beira da sancristía. En 1784 realizou o retablo maior de Santa María de Portas (Portas) e en 1795 fixo os planos da capela da Leite da igrexa de Santiago da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Autor teatral e militante anarquista. Emigrou a Uruguay e actuou nos círculos teatrais de Montevideo, onde participou na creación da Universidad Popular (1931) e no Teatro del Pueblo (1936). A súa traxectoria estivo marcada pola preocupación social e a identificación coa cultura galega, que se plasmou na dirección da representación de O fidalgo, de Xose Luís Romero (1958), e na fundación da Compañía de Teatro Popular Galego (1962). Presidiu o Centro Republicano Español de Montevideo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante. Estudiou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e comezou a cantar moi nova atraída polas máis diversas expresións musicais populares. Manifestou unha forte inclinación cara á poesía galega, que divulgou a través das súas composicións (letras e músicas propias, poesía popular, cancioneiro galego-portugués e poesía contemporánea). En 1985 acadou o primeiro premio do Festival de Bergantiños e en 1986 editou o seu primeiro disco, Foliada de Marzo, coa produción artística do grupo Na Lúa, ao que se integrou un ano despois e co que gravou A Estrela de Maio (1987) e Ondas do mar de Vigo (Premio Galego da Crítica, 1989). En 1991 abandonou Na Lúa para retomar a súa traxectoria como solista e gravou Entre cidades. Representou a TVG en Nuremberg nun festival de televisións autonómicas europeas, dirixiu e conduciu o programa Babia en Radio Ecca Cultural (1991-1994) e colaborou en diversas revistas especializadas e xornais....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Realizou os seus estudios na Escuela Naval Militar de San Fernando e na Escola Superior de Guerra Naval Portuguesa. Foi comandante do buque-escola Juan Sebastián Elcano e xefe do Estado Maior da Jurisdición Central de la Marina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. A finais dos anos sesenta viaxou a París, onde o coñecemento das distintas correntes artísticas contribuíu a encher de liberdade os seus lenzos. A súa obra bebeu das diferentes estéticas na busca da expresión a través das formas e das cores. Evolucionou dende a figuración ata a abstracción xeométrica con referencias cubistas, futuristas e surrealistas para despois achegarse a unha estética informalista e a unha simplicidade próxima ao construtivismo. Empregou as cores intensas, planas e a sobriedade das veladuras. Nas súas teas, traballadas como un elemento activo no que o espazo cobra vital importancia, introduciu obxectos de metal e outros materiais na busca da tridimensionalidade. Da súa produción destacan a serie Chador, Más allá del color, Credo in unum primum, La escalera de Jacob e El bosque de las primeras cosas. Realizou a súa primeira exposición na Galería Torrado de Pontevedra (1983) e dende aquela destacan, entre outras,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Director do Sanatorio Domínguez de Pontevedra. Foi vicepresidente da Deputación de Pontevedra e deputado do Parlamento galego na quinta lexislatura (1997-2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Xunto co pintor xenovés Xoán Bautista, realizou a pintura do retablo maior, dúas reixas do presbiterio e a bóveda da catedral de Tui (1716). Pintou o retablo do altar e da capela maior do santuario de Nosa Señora da Escravitude (Padrón, 1743-1744).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Zapateiro. Foi expulsado de Portugal polas súas ideas libertarias en 1914 e marchou a Brasil (1915), onde militou no sindicato anarquista en São Paulo. Perseguido polas autoridades, refuxiouse en Guaratingueta (1923) e marchou a Rio de Janeiro, onde morreu no asalto dun grupo de militantes comunistas ao local dos anarquistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Iniciouse na escultura en Madrid en 1927 con J. Cristóbal e E. Barral. Foi profesor de escultura no Instituto Superior de Bellas Artes da Universidad de Tucamán. En 1960, unha bolsa do Fondo Nacional de las Artes permitiulle unha estadía na illa de Pascua, onde estudiou as súas esculturas. A súa obra partiu dun realismo esquemático para evolucionar a un clasicismo robusto, froito da súa admiración por Maillol (Olimpiada, 1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Prateiro. Realizou, entre outras obras, unha cruz procesional de prata para a igrexa de Santiago de Esposende (Ribadavia, 1732).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Prateiro. Realizou, entre outras obras, unha cruz de prata para a igrexa de San Fiz de Asma (Chantada, 1654).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista. Coñecido como Chano, en 1978 formou a agrupación CAI, posteriormente foi discípulo do pianista Bill Dobbins e en 1986 formou o grupo Hiscadix, gañador da edición inaugural da Muestra de Jazz para Jóvenes Intérpretes. En 1992 creou un trío, que se consolidou en 1993 con Guillermo McGill e Javier Colina, no que fusionou o jazz co flamenco e co que gañou de novo a Muestra de Jazz para Jóvenes Intérpretes. Da súa discografía destacan Hiscadix (1987), Memorias (1988), xunto a Tito Alcedo, D’aquí pa allá (1991), co grupo Decoy, e Chano (1993). Participou nos programas televisivos La Buena Música e Jazz Entre Amigos, no que foi elixido Mellor Solista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Activo en Santiago de Compostela, traballou no acondicionamento da entrada de San Martiño Pinario para construír a escaleira de acceso á igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO