"Dora" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 140.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mecanismo co que se elimina a auga da estrutura molecular dos vexetais.
-
-
Acción de desodorizar.
-
Eliminación dos compoñentes causantes de cheiros desagradables en alimentos como a auga, o leite, a fariña de peixe, a soia, os aceites ou as graxas. Utilízanse técnicas de quecemento, destilación e absorción de forma unitaria ou en combinación.
-
Eliminación dos fedores e cheiros estraños dun local, dun frigorífico ou de calquera obxecto. Empréganse substancias oxidantes que destrúen os cheiros, como o cloro, a auga osixenada, o cloruro de calcio ou o ozono.
-
-
PERSOEIRO
Editor. Promoveu a creación da editorial Citania en Bos Aires xunto con Luís Seoane, empresa que realizou o seu labor entre 1957 e 1959. Colaborou tamén na edición de libros en lingua galega con Antonio Baltar, Perfecto López e Manuel Martínez Lamela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de gasterópodos mariños, de cuncha cónica perforada no ápice. Na costa da Península Ibérica están presentes as especies: D. gibberula, en Galicia, Portugal e Andalucía; D. graeca, no Mediterráneo andaluz e na costa portuguesa e galega; e D. italica, na Andalucía atlántica e mediterránea.
-
-
Empresa dedicada á distribución.
-
Maquinaria agrícola destinada á distribución de produtos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de orixe grega que pode proceder de δ ῶ ρον ‘don, ofrenda’, ‘benaventurada’. Tamén é hipocorístico dos nomes rematados en -ora, como Leonora, Teodora ou Auxiliadora, e do nome Dorotea. A súa festividade celébrase o 16 de maio e o 6 de febreiro.
-
RIOS
Río de Italia, afluente pola esquerda do Po. Nace ao pé do Montblanc, nos Alpes, pasa por Ivrea e desemboca no Po, preto de Chivasso, despois dun percorrido de 160 km. O seu réxime é nivo-glaciar.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Forma castelá correspondente ao apelido galego Dourado.
-
Liñaxe que leva como armas, en campo de sinople, cinco torres de ouro, ameadas e cachotería de sable, postas en aspa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da constelación de Dourada.
-
PERSOEIRO
Xurista, catedrático e escritor. Durante a súa estadía en Boloña entrou en contacto coa escola positivista italiana. De regreso a España, foi catedrático de Dereito Político e Administrativo en Granada e de Dereito Penal en Salamanca. Precursor ideolóxico do grupo Defensa Social, avogaba por un sistema penal máis preventivo ca sancionador e pola reinserción social do delincuente. Escribiu, entre outras obras, La antropología criminal en Italia (1890), Bases para un nuevo derecho penal (1902) e El derecho protector de los criminales (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Gardamariña en Ferrol (1803), acadou o rango de alférez de fragata en 1804. Participou na Batalla de Trafalgar e durante a Guerra da Independencia tomou parte nas contendas de Orrantia, Espinosa de los Monteros, Lugo e Astorga. Tenente de navío dende a toma de Donostia (1814), sumouse ao pronunciamento liberal de Díaz Porlier (1815), polo que permaneceu arrestado no castelo de Santo Antón ata 1819. Marchou a Cuba e participou no levantamento do bloqueo do Callao (1824). No 1826 percorreu a costa galega como capitán de fragata para elaborar o mapa cartográfico das rías de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Muros. En 1830 foi nomeado capitán de navío e desempeñou, como interino, o cargo de ministro de Marina (1851) no goberno de Bravo Murillo. No 1853, durante o goberno de F. Lersundi, foi titular do ministerio de Marina, pero tivo que dimitir a causa de certas irregularidades nun contrato. Publicou Círculo de marcar para perfeccionar la aguja de la bitácora (1848),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra e compositor. Foi discípulo de B. Bártok e Z. Kodály, e realizou estudios musicais en Budapest, onde dirixiu a Ópera. En 1940 emigrou aos EE UU onde se nacionalizou. Foi director, entre outras, da Orquestra Sinfónica de Minneapolis, da Orquestra Sinfónica de Dallas, da Orquestra Sinfónica da BBC e da Orquestra Sinfónica de Detroit. Como compositor escribiu Concerto for Cello and Orchestra (Concerto para violoncello e orquestra), a cantiga dramática The Way (O camiño) e obras orquestrais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse como arquitecto, pero dende 1946 dedicouse á pintura. Membro do grupo Arte Sociale, achegouse ao futurismo e en 1947 asinou o manifesto de pintura abstracta Forma Uno. Nos EE UU coñeceu o expresionismo abstracto. A partir dos anos sesenta comezou a realizar composicións baseadas en bandas de cores vivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina estadounidense. Seguidora de Jean-Georges Noverre e François Delsarte, posuía unha formación moi heteroxénea adquirida en múltiples viaxes realizadas por Europa e EE UU, nas que traballou con Marie Bofanti, Ketti Lenner, Agustin Daly ou Mikhail Mikhailovič Fokine, e nas que coñeceu a directores do prestixio de Konstantin Sergejevič Stanislavskij, Sergej Pavlovič D’agilev ou Gordon Craig. Foi unha das primeiras artistas en crear un estilo propio, que baseou na renuncia ao canon clásico e na exploración dunha liña máis libre e natural, partindo da idea de que a música era un motivo para a creación coreográfica e o movemento non era unha simple ilustración da partitura musical, razón pola que renunciou ao repertorio musical tradicional e introduciu novos autores, como Chopin, Beethoven, Schubert, Gluck, Bach, Wagner, Brahms, Chaikovski, Listz, Franck ou Berlioz. En 1902 pronunciou en Berlín a conferencia “A danza do futuro”, que se pode considerar como o manifesto...
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión imaxinaria de Sudamérica á que os conquistadores españois, que a situaban entre as concas dos ríos Orinoco e Amazonas, atribuíron inmensas riquezas. O mito naceu no altiplano colombiano a partir dunha lenda de base real que falaba do costume do xefe chibcha de Guatavitá de cubrirse cada día cunha fina capa de ouro. Ata o s XVIII organizáronse numerosas expedicións na súa procura.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Máquina automática para encher de líquido unha botella e, xeralmente, tapala con tapa ou soldadura, en certos envases de vidro ou de material plástico, e poñerlle a etiqueta. As embotelladoras son máquinas moi automatizadas que traballan por dose volumétrica. Cando se trata de bebidas carbónicas, opera normalmente a contrapresión, é dicir, antes de entrar o líquido na botella inxéctaselle aire ou ácido carbónico á mesma presión que ten o líquido no depósito de alimentación; desta maneira, conséguese un produto de mellor calidade e evítase a formación de escuma.
-
Instalación ou planta onde se embotella.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina que se utiliza na fabricación de embutidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina utilizada na recollida de herba seca ou palla para formar pacas. Consta fundamentalmente dun pistón alternativo horizontal que comprime a palla e dunha serie de dispositivos automáticos que separan as pacas e as atan con corda ou arame. O mecanismo de recollida está formado por un restrelo recolector e un parafuso sen fin que conduce a palla á prensa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato empregado para enganchar fragmentos de películas. Efectúa as operacións de riscar o celuloide e encolar e prensar os extremos que se van empalmar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina automática que envolve un produto con papel, plástico ou outra materia flexible. O produto introdúcese normalmente por unha cinta ou correa sen fin.