"EAT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 257.

    1. Aplícase ao movemento subcultural ou contracultural xurdido nos EE UU durante a década dos sesenta, caracterizado polo rexeitamento da sociedade de consumo occidental e cunha concepción moi libre da sexualidade e das drogas. Algúns autores literarios fanse voceiros do movemento e dan orixe á literatura beat. O movemento hippy, consecuencia en certo modo do beatnik, foi, dalgún xeito, o seu sucesor durante a década dos setenta.

    2. Individuo que participa no movemento beatnik.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa beatificada pola Igrexa Católica.

    2. Persoa moi devota, que frecuenta moito as igrexas e os lugares de devoción, que ten unha enorme vocación relixiosa.

    3. Persoa que leva hábito de relixioso sen vivir en comunidade nin seguir unha regra determinada, ou que vive retirada sen pertencer a unha comunidade relixiosa.

    4. Benaventurado ou feliz.

    5. Que finxe unha devoción ou un comportamento que non ten. OBS: Úsase a miúdo con connotacións despectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe. No ano 776 compilou o Comentario á Apocalipse en doce libros de san Xoán, coñecido co nome de Beatus. Interveu na controversia do adopcionismo e, xuntamente co bispo Eterio de Orma, escribiu un libro contra o bispo de Toledo titulado Liber adversus Elipandum (786) e intercambiou correspondencia con Alcuíno sobre este asunto. Posiblemente foi autor dalgúns himnos introducidos máis tarde na liturxia visigótica. Ten veneración de santo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, debuxante, decorador teatral e escritor. É autor de numerosos libros como Cecil Beaton’s scrapbook (O álbum de Cecil Beaton) e The face of the world (A faciana do mundo). Realizou unha serie de retratos de grandes persoeiros da vida política e cultural de Inglaterra, Francia e EE UU. Traballou como fotógrafo para a revista Vogue a partir de 1928, e dende 1937 como fotógrafo oficial de casa real británica. Forma parte da nobreza británica (sir) dende 1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa alimentaria norteamericana fundada en Chicago (Illinois) en 1924 co nome de Beatrice Creamery Company, modificado polo actual no ano 1946. Destaca especialmente no campo dos produtos lácteos e na fabricación de artigos de pel (Samsonite). En España participa na Conservera Campofrío S A (Burgos) e na fábrica de xeados Marisa, que comprou en 1979. En 1990 foi absorbida por Conagra Avicultura S A.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino procedente do latín Beatrix, feminino de *beator ‘a que fai feliz’, derivado de beare ‘facer feliz’. Santa Beatriz (s III-IV), romana de nacemento, foi martirizada durante a persecución de Diocleciano (303). O nome de Beatriz gozou de popularidade en toda a Península Ibérica durante os séculos XIII, XIV e XV; sen embargo, a súa difusión veu por vía culta dende finais da Idade Media e sobre todo no s XIX, por mor da sona adquirida pola Beatriz da Divina Comedia de Dante, símbolo da tripla encarnación da beleza, a inocencia e o amor. A forma hipocorística deste nome é Bea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Hungría, filla de Fernando I de Nápoles e de Isabel de Chiaromonte. Casada no 1475 con Matías I de Hungría foi acusada da súa morte e desterrada, volveu a Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Milán (1494-1497), filla de Hércules I de Este (familia principesca italiana), duque de Ferrara, e de Eleanora de Aragón. Casada (1491) con Luís María Sforza (Ludovico o Moro), duque de Bari. Foi un arquetipo de princesa do Renacemento: brillou pola súa intelixencia, fasto e refinamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela (1383-1390), única filla de Fernando I e Leonor Telles, reis de Portugal. Casou con Xoán I de Castela no ano 1383. Ese mesmo ano, logo da morte de Fernando I de Portugal, Beatriz e Xoán foron proclamados reis de Portugal; sen embargo, a este feito opúxose o mestre de Avis (despois Xoán I de Portugal), quen trala vitoria na Batalla de Aljubarrota (1385) decidiu ao seu favor no conflito dinástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña dos Países Baixos (1980), filla da Raíña Xuliana I e do príncipe Bernardo de Lippe-Biesterfeld. Dende 1966 está casada co diplomático alemán Claus von Amsberg, co que tivo tres fillos: Guillerme, Xoán Frisón e Constantino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Irmá de Simplicio e Faustino, foi martirizada durante a persecución de Diocleciano (303) por mor de lle dar sepultura aos corpos dos seus dous irmáns, decapitados e tirados ao río Tíber. Morreu esganada cunha corda. En iconografía, esta santa leva como atributo persoal unha corda atada ao pescozo, símbolo do seu martirio. A súa festa celébrase o 29 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e filósofo, profesor na Universidade de Aberdeen. Publicou Essay on Truth (Ensaio sobre a verdade, 1770), defensa da relixión e da moral cristiás contra o escepticismo de Berkeley e Hume. O seu poema, The Minstrel (O xograr, 1771-1774) está considerado como un dos precedentes do Romanticismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que relaciona a presión, o volume e a temperatura dun gas real, válida cun amplo intervalo de valores destas variables. Fai intervir cinco constantes típicas de cada gas e mellora outras ecuacións de estado anteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico norteamericano. Despois dunha sólida experiencia teatral, pasou ao cine da man de John Boorman. Foi nominado como Mellor Actor Secundario por Network (Un mundo implacable) en 1976. Participou nos filmes: The Thief Who Came to Dinner (O ladrón que veu cear, 1973), All the President´s Men (Todos os homes do presidente, 1976), Exorcist II: The Heretic (Exorcista II: o herexe, 1977), Superman (Supermán, 1978), Superman II (Supermán II, 1980), The Fourth Protocol (O cuarto protocolo, 1987) e Gulliver´s Travels (As viaxes de Gulliver, 1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Henry Warren Beatty.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que son coñecidos o Comentario á Apocalipse e mais o Libro de Daniel, escritos polo Beato de Liébana. É unha obra de grande interese, tanto polo texto, que contén fragmentos patrísticos doutro xeito perdidos, como polas ilustracións, abundantes e moi características. No estilo e nos temas iconográficos hai unha gran cantidade de influencias, dende as paleocristiás ata as visigóticas, asimiladas cunha forte personalidade mozárabe, aínda que algúns beatos son plenamente románicos. As escenas, encadradas nunha orla, son representadas a miúdo sobre un fondo esquemático e simbólico de bandas horizontais, unhas veces de intensa coloración e outras da cor natural do pergameo. Os ornamentos e as arquitecturas estilizadas son, en xeral, os típicos da arte mozárabe. Existen varias copias deste manuscrito, polo xeral con ilustracións miniadas, dos ss X ao XIII, entre os que salientan: o conservado na Pierpont Morgan Library de Nova York, procedente de San Miguel de Escalada,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariable aleatoria x susceptible de tomar dous únicos valores, 0 e 1, con probabilidades p e q = p-1, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de documentación teatral creado en 1996 na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña cos fondos doados por Francisco Pillado Mayor, entre os que se inclúe un significativo número de textos dramáticos e estudios críticos, amais de importante documentación relacionada coa historia do teatro galego e da literatura dramática. Paralelamente e como complemento necesario para o labor de investigación e divulgación do propio Arquivo, tamén se crearon catro coleccións de textos dramáticos dirixidos por Laura Tato, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Carlos Carrete e Francisco Salinas Portugal, coordinador da Biblioteca-Arquivo e das diversas liñas editoriais. O obxectivo das mesmas é contribuír á recuperación de textos significativos da dramática galega ou á presentación de obras de relevo da literatura dramática universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filme realizado nos EE UU en 1953 e dirixido por Fritz Lang. Foi interpretado por Glenn Ford, Gloria Grahame, Jocelyn Brando e Lee Marvin, con guión de Sydney Bohem, baseado na novela de William P. McGivern. Bannion, un policía íntegro investiga o suicidio dun compañeiro. Ao achegarse ao culpable, o gángster Mike Lagana, sofre presións dos seus superiores para que deixe o caso. Despois do asasinato da súa muller, Bannion deixa a policía e emprende unha salvaxe vinganza contra os asasinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción norteamericana realizada en 1981 e dirixida por Lawrence Kasdan. Foi interpretada por William Hurt, Kathleen Turner, Richard Crenna e Ted Danson. Ned Racine (W. Hurt), un turbio avogado, coñece a Matty Walker (K. Turner), unha fermosa muller da que se namora. Ela está casada e convénceo para matar o seu esposo (R. Crenna). Ned comete o crime, e Matty desfaise del incriminándoo.

    VER O DETALLE DO TERMO