"EDES" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 108.

  • GALICIA

    Profesora. Acadou a cátedra de Lingua e Literatura Galega en 1992. Colaboradora da Mesa pola Normalización Lingüística desde a súa fundación (1986), foi a súa tesoureira e no 1992 pasou a formar parte da Comisión de Garantías da Mesa. Entre 1990 e 2001 formou parte do Seminario Permanente de Lingua de COU para as Probas de Acceso Universitario (PAU). Traduciu os textos teatrais do grupo RaraAvis Teatro de Santiago de Compostela (1999, 2001 e 2002) e tamén escribiu para as revistas Andaina e Raiola. Publicou en colaboración varios libros de texto e outras obras, entre as que destaca a súa colaboración na tradución de Contos baseados no teatro de Shakespeare (1988), Aprender palabras e significados. A léxico-semántica. Aproximación ao seu ensino-aprendizaxe (1990, coautoría con Helena Sánchez Rodríguez), Actividades de Construción Gramatical (1990, colaboración) e 1410 nomes galegos de home e de muller (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Participou nos espectáculos Sinxebra, estreado en 1948 polo grupo Santa Lucía da Coruña a partir dun texto de Armando Cotarelo Valledor, e Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, presentado en 1959 tamén na Coruña pola Asociación Teatral Iberoamericana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástica. Formouse na Escuela de San Fernando (1961-1964) e licenciouse en Filosofía e Letras na Universidad de Madrid (1966). Especializouse no traballo con materiais refractarios e pertenceu ao Instituto de Cerámica do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Realizou exposicións individuais en Madrid, París e A Coruña. A súa obra está presente no Museo de Arte Contemporáneo de Madrid e no Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Vicepresidente provincial do Instituto Nacional de Previsión, foi alcalde de Verín de 1942 a 1953, procurador en Cortes dos municipios de Ourense entre 1946 e 1953, e vicepresidente da Deputación provincial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe troiano, fillo do Rei Tros de Ilión e descendente de Dárdano. Cando era adolescente dedicábase a pastorear os rabaños de seu pai nas montañas que arrodean Troia; pero o mesmo Zeus, levado pola beleza do rapaz, raptouno e levouno ao Olimpo, onde exerceu de copeiro escanciando o néctar na copa do deus máis poderoso. A cambio Zeus ofreceulle a Tros dous cabalos divinos e unha viña dourada, obra de Hefesto, e aseguroulle que o seu fillo obtivera a inmortalidade. Segundo as versións da lenda, quen raptou o mozo foi o propio Zeus -ben na súa propia figura ou metamorfoseado en aguia- ou a súa aguia; foi precisamente esta ave a que se transformaría en constelación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Satélite galileano de Xúpiter, descuberto por Galileo en 1610. O seu diámetro é de 5.256 km, polo que é o satélite máis grande do sistema solar; o seu raio orbital é de 1.070´103 km e ten unha masa 2,2 veces superior á da Lúa. O período de rotación, de 7,15 días, coincide co de revolución arredor de Xúpiter; é, polo tanto, un caso de rotación capturada, como o da Lúa. É moi probable que Ganimedes teña atmosfera. Suponse que a codia superficial está formada sobre todo por xeo, e que as zonas máis escuras que mostran as fotografías transmitidas polas sondas Voyager corresponden ás rexións máis antigas desta codia. Ten unhas rexións poligonais moi densamente poboadas con cráteres que lle dan un aspecto xeral semellante ao que presenta a Lúa, e tamén unhas rexións máis novas que presentan complexas redes de bandas lineais, estreitas e brillantes, de trazo irregular, que medran e se bifurcan en todas as direccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Titulouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1952). As súas primeiras obras mostran a influencia do racionalismo, como o Panteón de los Españoles en Roma (1957). Traballou con J. A. Corrales e R. Vázquez Molezún. Entre as súas obras destacan o edificio de oficinas do Banco de Granada no Cantón Grande da Coruña (1979), o Auditorio Manuel de Falla de Granada (1974-1978) e o Auditorio Nacional de Madrid (1982-1988). Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura en 1956 polo colexio maior Santo Tomás de Aquino da cidade universitaria de Madrid, realizado con R. de la Hoz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pianista. Exerceu como catedrática de Piano no Conservatorio da Coruña, bibliotecaria-conservadora da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e académica numeraria da sección de música e membro do Instituto José Cornide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Formouse co pintor catalán J. Marcé. As súas primeiras obras, principalmente paisaxes, caracterizáronse polo emprego de tons puros, planos e intensos, ás veces impresionistas. Desde 1994 cobrou máis importancia o elemento en particular, sobre o conxunto da paisaxe, e a cor, que se converteu na protagonista do lenzo. Empregou os tons intensos e rechamantes, azuis, vermellos, amarelos, verdes ou morados. Realizou exposicións en Galicia, Catalunya e Portugal, e participou, entre outras mostras colectivas, na IX e X Mostra de Pintura e Escultura do Morrazo (2001-2002), no 38 Certamen de Artes Plásticas San Isidro (Madrid, 2001) e na Feria de Arte Independente de Madrid (2002). Recibiu, entre outros galardóns, o I Premi Surrealisme Federació Internacional d’Artistes Plàstiques (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boqueixón baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Salamanca, Castela e León, situado ao NO da capital provincial e regado polo río Tormes (1.927 h [2001]). A economía baséase no sector primario: agricultura, tanto de regadío como de secaño, e gandería, vacúa e lanar. O conxunto histórico da vila foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. En 1931 fundou as Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (JONS). Despois da fusión entre FE (Falange Española) e as JONS pasou a ser dirixente desta organización (1934), aínda que a abandonou en 1935, ao considerar que se alonxara dos ideais nacionalsindicalistas. Ao comezo da Guerra Civil Española foi detido e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Iniciador do conceptismo, a súa obra, de fondo relixioso, manipula equívocos. Entre as súas publicacións destacan Conceptos espirituales (1600), Los juegos de la Noche Buena en cien enigmas (1611) e Epigramas e hieroglíficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Ledesma (Boqueixón). En 1114 a Raíña Urraca doouno á igrexa de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Ulla, entre Gres (Vila de Cruces) e Ledesma (Boqueixón). Trátase dunha ponte do s XVI aínda que xa existira un paso anterior no mesmo lugar. Ata o s XIX cobrouse portaxe, xa que constituíu un importante nó de comunicacións que formaba parte do Camiño Real entre Ourense e Santiago de Compostela. Está formada por nove arcos de cantería sobre piares con rasante alombada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infanta de España e princesa das Dúas Sicilias, condesa de Barcelona, filla do infante Carlos de Borbón Borbón e Luísa de Orléans. Casou en 1935 en Roma con Xoán de Borbón e Battenberg. Viviu no exilio en Roma, Cannes, Lausanne e Estoril. Foi nai do Rei Xoán Carlos I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de España, filla de Antonio de Orléans, duque de Montpensier e da infanta María Luísa Fernanda de Borbón. Casou en 1878 co seu curmán o Rei Afonso XII e morreu de tifo ao cabo de seis meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Práxedes Mateo Sagasta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do antropónimo feminino Mercé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do nome persoal grego Nikomédes ‘que vence pola súa meditación’, do verbo nikáo ‘vencer’ e médos ‘meditación’. A súa festividade celébrase o 15 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO