"ELAS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 159.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Culleredo. Construída en estilo románico do primeiro cuarto do s XIII, consta dunha nave e dunha ábsida rectangular cuberta cunha bóveda de canón reforzada por un arco faixón. Ao S construíuse a sancristía, á que se accede por unha porta que se abriu aproveitando un arcosolio semicircular que no centro presenta un casco coa celada baixada. Os catro capiteis do presbisterio decóranse con motivos vexetais de talla plana e pegada á cesta, agás un do arco triunfal no que aparece unha figura antropomórfica. No exterior da ábsida consérvase unha fiestra abucinada rematada en dúas arquivoltas de medio punto sostidas por catro columnas con bases áticas e capiteis vexetais, e a chambrana ten círculos incisos entrelazados, superpostos e aliñados. A nave presenta unha colección de canzorros de proa con rolo e algún con cabezas de animais ou antropomorfas. A porta sur presenta un tímpano semicircular monolítico cun círculo no medio onde se inscribe unha cruz con trevos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situada no concello de Culleredo, é a torre da homenaxe do antigo castelo que construíu Martiño de Becerra no último terzo do s XIV. Ten planta cadrada e muros de cantería de máis de 12 m de altura. Despois das Revoltas Irmandiñas pasou a mans dos Andrade, polo que os brasóns que aínda conserva representan as armas desta familia e as dos Freijomil. Propiedade do concello de Culleredo, rehabilitouse como museo etnográfico. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.
-
-
Relativo ou pertencente ás celastráceas.
-
Planta da familia das celastráceas.
-
Familia da orde das celastrais integrada por uns cincuenta xéneros que inclúen unhas 850 especies de árbores e arbustos propios de climas cálidos e temperados. Algunhas celastráceas cultívanse para fins ornamentais e outras para usos medicinais. Pertencen a esta familia os xéneros Euonymus e Catha.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás celastrais.
-
Planta da orde das celastrais.
-
Orde de dicotiledóneas, dialipétalas, de flores actinomorfas e heteroclamídeas con estames alternipétalos e, a miúdo, con disco máis ou menos desenvolvido. As familias máis importantes desta orde son a das celastráceas, a das aquifoliáceas e a das salvadoráceas.
-
-
-
Relativo ou pertencente á superorde das celastranas.
-
Planta pertencente á familia das celastranas.
-
Superorde de plantas da subclase das rósidas á que pertencen as ordes das celastrais, ramnais, santalais e raflesiais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de lepidópteros da familia dos licénidos, de bolboretas de pequeno tamaño, con antenas negras e con aneis brancos moi finos, coa parte superior das ás de cor azul metálica, cunha marxe negra, estreita no macho e moito máis ancha na femia, e coa parte inferior das ás de cor crema. Teñen un voo rápido e aparecen formando grupos en solos húmidos. Os ovos teñen forma discoidal e as eirugas son anchas coas beiras aplanadas, de cor verdosa, con liñas laterais esbrancuxadas. Aliméntanse de flores, froitos, gromos de hedras e de acivro, e poden desenvolverse en simbiose con formigas. Inverna en fase de crisálida. En Galicia está presente a especie C. argiolus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arbustos da familia das celastráceas, de follas alternas e sinxelas que aparecen como lianas nos bosques dos continentes americano e africano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo instrumento de vento da familia dos fagots moi empregado no s XVII en Alemaña.
-
PRAIAS
Praia da beira setentrional da ría de Pontevedra, no litoral da parroquia de Combarro (concello de Poio), situada ao O da punta Vixía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello dos Blancos baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribadeo baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma plural correspondente ao apelido galego Covela. Documéntase no s XIII: “Giraldo Estevez de Covelas” (doc ano 1272 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 550). Unha variante fonética deste apelido é Cuvelas. Ambos os dous adoitan aparecer grafados cun -b- non etimolóxico.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada nos Blancos. De orixe románica, engadíuselle unha cabeceira de planta cadrada no s XVI e, posteriormente, ampliouse cara ao oeste. No interior destacan as pinturas renacentistas do retablo maior elaboradas polo mestre do Sisto (1552), que representan escenas da vida da Virxe e as efixies do Emperador Carlos V e de Isabel de Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do apelido galego Cuvelas.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Ribadeo construída entre os ss XVII e XVIII sobre un castro. Consta de tres naves e unha ábsida, a nave central cóbrese con bóveda de media lúa e as laterais e a ábsida con bóveda de aresta. Cómpre destacar que nas naves laterais a clave está descentrada. A cada lado da ábsida sitúanse dúas sancristías datadas, segundo as inscricións das portas, en 1795 a dereita e en 1782 a esquerda. No interior destacan dous retablos barrocos do s XVIII, un deles cunha imaxe de Cristo de brazos articulados. No exterior, cómpre salientar a fachada principal cun pórtico aberto con tres entradas e espadana dun só corpo con dous vans (1794). Nunha esquina sitúase unha torre cun reloxo de sol de 1795.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do apelido galego Covelas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘vaso’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adoelado.
-