"EPP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 84.

  • PERSOEIRO

    Ceramista. Foi autor do salottino della regina do palacio di Portici. Trasladouse a España con Carlos III e dirixiu a fábrica de porcelana do Buen Retiro, onde o sucederon os seus fillos. Entre outras obras realizou a sala de China do palacio de Aranjuez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor danés. Coñecido polo pseudónimo de Jeppe Aakjær, describiu en termos realistas e polémicos a vida sórdida dos pequenos campesiños. A súa extensa obra poética, parcialmente escrita en formas dialectais, valeulle o alcume de o Robert Burns danés. Tamén escribiu as novelas Vredens brn (Os fillos da ira, 1904) e Arbejdets gloede (O gozo do traballo, 1914). Dentro do eido teatral publicou Livet pa Hegnsgard (A vida na granxa Hegns, 1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Greifswald, Rostock 23.6.1906 - Múnic 15.3.1996) Escritor alemán. Foi autor de Tauben im Gras (Pombas na herba, 1951), Das Treibhaus (O invernadoiro, 1953) e Der Tot im Rom (A morte en Roma, 1954). Escribiu tamén libros de viaxes, como Nach Russland und anderswohin (Cara a Rusia e outros lugares, 1958) e New York (1977), e relatos, como Romanisches Café (Café románico, 1972) e Jugend (Xuventude, 1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e historiador italiano. Participou nos motíns sicilianos de 1837 e despois da Revolución de 1848 formou parte do goberno provisional. Exiliado en Francia e Turín, integrouse no proxecto unificador de Cavour e foi secretario da Sociedade Nacional (1857). En 1860 foi membro do Consello de Estado e deputado do Parlamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de rock británico formado en 1968 polo guitarrista Jimmy Page, o cantante Robert Plant, o baixista/teclista John Paul Jones e o batería John Bonham. Foi un dos grupos máis innovadores e influíntes na historia do rock. Da súa discografía destacan Led Zeppelin I (1969), Led Zeppelin II (1969), Led Zeppelin III (1970), Led Zeppelin IV (1971), In Through the Out Door (1979) e CODA (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra e clavecinista. Iniciou a súa carreira en Londres en 1952. Intentou que renacera o interese pola música barroca. Foi director da English Chamber Orchestra e, entre 1973 e 1980, da BBC Northem Symphony Orchestra, ao tempo que actuou como clavicenista. Promoveu numerosas edicións de obras, como A coroación de Popea, Orfeo e Il ritorno d’Ulisse in patria, de Monteverdi e L’ Ormindo e La Calisto de Cavalli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador italiano. Foi secretario do Vicerrei Carlo Fiz e a partir de 1833 recibiu o título de barón do Rei Carlos Alberte II. Foi en varias ocasións presidente do Senado e contribuíu á recompilación de leis e á distensión do feudalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Foi director do Liceo Musicale de Boloña e do Conservatorio Reale de Nápoles. Destacou como o primeiro compositor italiano que utilizou música instrumental e sinfónica nunha época totalmente dedicada á ópera. Da súa produción destacan dous concertos para piano e orquestra (1878 e 1885), dúas sinfonías (1895 e 1904) e pezas para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. En Marsella fundou a sociedade secreta Nova Italia (1831) e un xornal homónimo (1832), desde o que se promovía a unidade italiana baixo un sistema republicano. En 1833 fuxiu a Xenebra e en 1834 creou a sociedade secreta Nova Europa, para favorecer os nacionalismos e a fraternidade europea. Expulsado do país, refuxiouse en Londres (1837) onde retomou o labor da Nova Italia. Coa revolución de 1848 en París, marchou a Milán e Roma, onde foi deputado e triunviro da república (1849).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo estadounidense. Estudou a relación do psíquico co físico e opúxose á interpretación behaviorista da consciencia e do realismo físico. Adoptou unha forma de neorrealismo capaz de ofrecerlle un método, mediante o que elaborou unha metafísica que se cualificou como materialismo animista. Publicou The Ways of Knowing or the Methods of Philosophy (1944) e Great Vision of Philosophy (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou na Revolución de 1848 e, en outubro do mesmo ano, acadou a presidencia do goberno toscano. Despois da proclamación da República Toscana formou parte do triunvirato con F. Guerrazzi e G. Mazzoni (1849). Exiliado en Francia desde 1849 ata 1859, en 1861 converteuse novamente en deputado e foi contrario á política unitaria da Casa de Savoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e músico. Coñecido como Georges Moustaki, as súas obras foron a miúdo interpretadas por Edith Piaf, Barbara ou Yves Montand. Destacado instrumentista e letrista, debutou como intérprete con Le Métèque (1969). Da súa discografía cómpren salientar Declaration (1973), Méditerranéen (1992), Tout reste à dire (1996) e Moustaki (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico italiano. Foi profesor en Milán e fixo investigacións importantes sobre os raios cósmicos mediante a aplicación da cámara de Wilson. O seu traballo sobre as emisións nucleares permitiu o descubrimento dos mesóns π. O seu pai Augusto Raffaele Occhialini (Fossombrone 1878 - Xénova 1951), tamén físico, foi profesor en Siena e Xénova e traballou no eido da electroloxía e a espectroscopia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Dirixiu a revista Casabella (1930-1943). Foi secretario rexional do grupo turinés do MIAR e colaborou con M. Piacentini na facultade de física da Cidade Universitaria de Roma (1934) e na Exposición Internacional de París (1937). Militante antifascista encadrouse nas unidades Matteotti de Milán. Encarcerado, morreu no campo de concentración de Mauthausen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Ordenado sacerdote (1759), foi preceptor dos fillos do duque Serbelloni (1759-1763) e do conde Imbonati (1764-1768). Considerado como un dos introdutores das ideas da Ilustración en Italia, foi director da Gazzeta di Milano, da cátedra de Belas Letras (1769) e da superintendencia superior das escolas públicas (1787). Publicou Alcune poesie di Ripano Eupiliano (1752), o poema satírico-didáctico Il giorno (1801), e as odas La vita rustica (1757-1758) e Il bosogno (1765).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e lóxico italiano. Profesor en Turín, especializouse en lóxica matemática e creou a lóxica simbólica. Fixo unha exposición rigorosa da aritmética, da xeometría proxectiva, do cálculo infinitesimal e do vectorial. Inventou unha linguaxe artificial internacional, a interlingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Pellizza da Volpedo, foi discípulo de Cesare Tallone. En 1892 adoptou o divisionismo como técnica e achegouse a conceptos simbolistas conxugados con inquedanzas sociais. Pintou Specchio della vita (1895-1898) e aproximouse á abstracción coa obra Il Sole (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sarcoma conxénito das glándulas hepáticas e suprarrenais. Foi descrita polo médico norteamericano William Pepper (1874-1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida espirituosa elaborada con 2 g de esencia de menta piperina disolta en 500 g de alcol e 500 g de xarope de azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo italiano. Ordenado sacerdote en 1764, ao ano seguinte marchou a Palermo para ocupar unha cátedra de Matemáticas Superiores. En 1791 fundou un observatorio astronómico na torre do Palacio Real. En 1792 publicou un catálogo de 7.646 estrelas, e en 1801 descubriu o primeiro asteroide, ao que lle deu o nome de Ceres. A partir de 1817 dirixiu a construción do observatorio de Capodimonte.

    VER O DETALLE DO TERMO