"ERS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo norteamericano. Tentou renovar o teatro en verso e foi autor de libretos de comedias musicais. Son notables What Price Glory (1924), Winterset (1935), Key Largo (1940) e Anna of the 1000 Days (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico norteamericano. Traballou, especialmente, na física do estado sólido e estudiou a relación entre supercondutividade, superfluencia e láser, o efecto Josephson e os semicondutores amorfos. No 1977 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto cos seus compañeiros J. H. Van Vleck e sir N. F. Mott, concedido polas súas contribucións ao estudo do comportamento dos electróns nos sólidos magnéticos non cristalinos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Narrador norteamericano. Publicou contos e novelas cun estilo directo que influiría na narrativa posterior, sobre todo na de Hemingway. Na súa obra preocupouse pola absorción aniquiladora do home dentro da sociedade industrial. Considerado un dos creadores da novela norteamericana, as súas obras principais son Winesburg, Ohio (1919) e Dark Laugther (1925). Postumamente publicou a autobiografía S. A.’s Memoirs (1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico escocés. Descubriu a piridina, a lutidina e a colidina. Fixo un estudo detallado da codeína e doutros constituíntes do opio, así como do antraceno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz de teatro e cine sueca. Bergman incorporouna ao Stadsteater de Malmö en 1953. No cine traballou para Gustaf Molander, Alf Sjöberg e, principalmente, para Ingmar Bergman.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta sueco de formación autodidacta. En 1914 comezou a publicar as súas poesías. Foi o iniciador da literatura “proletaria” no seu país. Coa súa obra, mestura de tintes sociais cunha especie de fe relixiosa, acadou decontado unha gran popularidade. Salienta Kolvaktarens visor (‘Cancións do carboneiro’, 1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz de teatro e cine sueca de vigorosa personalidade. Deuna a coñecer Ingmar Bergman, en 1952, co filme Sommaren med Monika (‘Verán con Mónica’).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Maine-et-Loire, no País do Loira, Francia, situada á beira do Maine (141.404 h [1990]); é a cidade principal da aglomeración epónima (208.282 h). Antiga capital de Anjou, é un centro rexional e mercado agrícola que disputa a súa prioridade cos de Nantes, Tours e Mans. Ao mesmo tempo, desenvolveuse un importante centro industrial (fundición, licores, electrónica, aeronáutica). Conta con dúas universidades: a Universidade Católica do Oeste, fundada en 1876, e a Universidade Estatal, ademais do Centro Nacional de Danza Contemporánea. A Catedral gótica de Saint-Maurice (s XII-XIII), de nave única, cuberta con voltas bombeadas sobre oxivas cruzadas, ten vidreiras da segunda metade do s XII. O castelo (1228-1238), de forma pentagonal con dezasete torres de 40 a 60 m de altura, acolle un museo de tapices, entre os que sobresae a serie da Apocalipse (1375-1380). Quedan tamén vestixios renacentistas, como a casa Pincé (1523-1535). O Museo David d’Angers conserva unha completísima...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e astrónomo sueco. Foi profesor de Física e posteriormente reitor na Universidade de Uppsala. Estudiou cuestións de óptica cristalina e metálica e de espectrografía. Descubriu o hidróxeno, o manganeso, o titanio e o aluminio no espectro solar, e foi o primeiro en medir en valor absoluto as lonxitudes de onda. Dáselle o seu nome á unidade de lonxitude de onda (angstrom).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Disposición desfavorable contra algo ou alguén.
-
Crítica adversa.
-
-
-
Día no que se cumpren un ou varios anos dalgún feito ou acontecemento memorable.
-
Día que se sinala como importante e que marca un período de tempo na vida dunha persoa.
-
Oficio ou misa que se celebra en sufraxio da alma dalgún defunto o día que cumpre un ou varios anos da súa morte.
-
Lote de bens que o testador deixa sinalados para que anualmente e en datas determinadas se celebren exequias pola súa alma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desviación en masa cara a adiante dun órgano, especialmente o útero, que ten o fondo desprazado cara a adiante, mentres o seu colo vai cara a atrás para repousar no recto.
-
PERSOEIRO
Monxe ucraíno. Considerouse o iniciador da vida monástica ucraína e rusa, e fundador da Laura das Grutas (Pečerskaja Lavra), preto de Kiev. A Igrexa eslava celebra a súa festividade o 10 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Catedrático de Literatura Italiana que publicou numerosos estudios críticos. Da súa produción teatral, influída polo verismo francés, destacan: Le Rozzeno (1891), Danza Macabra (1893) e Terra o fuoco (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome feminino que ten a súa orixe nun nome de flor.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Santiago no ano 1856, que contaba con informes e datos referidos á propia Universidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cara principal, oposta á posterior, daqueles elementos en forma de lámina constituídos por dúas superficies.
-
Cara principal dunha moeda, medalla, etc por contraposición á cruz ou reverso.
-
Cara principal do selo onde están gravados a efixie, armas, divisas ou emblemas da persoa ou corporación á que pertence.
-
-
Cara ou fronte dunha folla ou un manuscrito.
-
Nun libro, páxina que está á dereita do lector e que leva a numeración impar.
-
-
Superficie superior da folla, que normalmente recibe os raios do sol. Adoita ser máis verde e lisa ca a cara inferior ou reverso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo de carácter histórico e institucional ligado á Universidade de Santiago. As súas instalacións están dotadas de salas de depósito, laboratorio de restauración, microfilme e salas de conferencias e de consulta. O fondo máis importante é o que constitúe a documentación relativa á Universidade, desde a súa fundación en 1495 (documentos dos antigos colexios de Fonseca e San Xerome, expedientes académicos, de limpeza de sangue, etc). Desde 1946 incorporou fondos, relativos á cidade e ao seu contorno: fondos de carácter relixioso con documentos procedentes de mosteiros e conventos, cabido catedralicio, confrarías e outras institucións eclesiásticas, documentación do Hospital Real, protocolos notariais de Santiago e arquivos familiares e persoais, como o fondo Castroviejo Blanco-Cicerón que reúne documentación relativa ao goberno político de Galicia no século XIX. Desde 1994 tamén alberga o Arquivo Municipal de Santiago, con fondos desde o século XVI ata 1940.
-
PERSOEIRO
Poeta e eclesiástico dinamarqués, considerado o introdutor das formas barrocas no seu país.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de rociar.
-
Sistema de rego que consiste en distribuír a auga en forma de chuvia mediante aparellos denominados aspersores. Estes reciben a auga a través de tubos fixos, acoplables ou desacoplables; son móbiles e pódense colocar nos puntos onde se precisen en cada momento determinado. O rego por aspersión comporta unha serie de vantaxes: un notable aforro de auga, facilita a mecanización do cultivo, posibilita a automatización do rego, reduce ata un 50 % a man de obra, etc. Pero o rego por aspersión tamén ten inconvenientes: facilita a aparición de herbas espontáneas ao deixar o solo moi compacto, provoca unha certa perda de auga por evaporación, etc. Está moi recomendado na loita contra as xeadas.
-