animadversión

animadversión

(

  1. s f

    Disposición desfavorable contra algo ou alguén.

    Ex: A animadversión que sentía por eles viña dun problema que tiveran hai moitos anos.

    Sinónimos: animosidade, antipatía, aversión, hostilidade. Confrontacións: inimizade, odio, rancor, repugnancia, resentimento, teima, zuna, xenreira.
  2. s f

    Crítica adversa.

    Ex: Con tanta animadversión, é lóxico que non consiga levantar cabeza.

Palabras veciñas

animación | animado -da | animador -ra | animadversión | animal | animalada | animalculismo