animador -ra
animador -ra
(< lat animatōre)
-
adx e s
Que anima.
Ex: Tivo un comezo pouco animador pero logo resultou moi divertido.
-
animador sociocultural
Persoa encargada de crear e desenvolver actividades cunha finalidade educativa, cultural, deportiva ou recreativa dentro dun grupo de rapaces ou adultos.
-
animador turístico
Profesional que planifica, organiza e desenvolve todo tipo de actividades recreativas, co fin de entreter os clientes do hotel. Traballa ás ordes do xefe de administración, do director do aloxamento ou do propio director xeral. Normalmente non forma parte do cadro do hotel, senón que se contrata como autónomo.