aversión
aversión
(< lat āversiōne ‘afastamento’)
-
s
f
Repugnancia cara a algunha cousa.
Ex: Tiña certa aversión a comer a froita que estaba moi madura.
Sinónimos: aborrecemento, noxo. -
s
f
Repulsión violenta cara a alguén.
Ex: Sentía verdadeira aversión polas persoas que mentían descaradamente.
Sinónimos: animadversión, animosidade, antipatía, hostilidade, malevolencia, manía. Confrontacións: odio, rancor, resentimento, teima, zuna, xenreira. -
terapéutica por aversión
[MED]
Método terapéutico que intenta acadar o aborrecemento ou simplemente a anulación dun hábito patolóxico mediante un estímulo, físico ou farmacolóxico, que produce efectos desagradables ao actuar paralelamente ou concatenadamente co obxecto do hábito a tratar.