"Egas" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 70.

  • Aparato óptico que proxecta sobre unha pantalla a imaxe aumentada dun obxecto. Foi inventado en 1780 por J. Charles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dilatación patolóxica da asa sigmoide do colon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e xeógrafo grego. Seleuco I Nicator encargoulle unha embaixada en India (295 a C), onde residiu en Patna. Ao seu regreso escribiu Indica, un libro que se considera como fonte principal de información sobre India no mundo grego, e do que se conservaron algúns fragmentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto político que se estableceu en 1980 entre o Partido Socialista Galego (PSG) e o Bloque Nacional Popular Galego (BNPG). Constituíuse ao redor do programa das Bases Constitucionais para a participación da Nación Galega nun Pacto Federal de 1976, en que se defendía a creación dun goberno galego provisional e soberano, se fixaban as futuras competencias do estado galego e as do estado federal e se asumía o compromiso de non pactar con forzas estatais. Tiña como finalidade dar unha imaxe de unión do nacionalismo galego de esquerda e propugnaron o voto negativo no referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia de decembro de 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupos armados organizados en Galicia no s XVI en substitución da antiga organización militar feudal. Ante a inexistencia dun exército regular, mobilizáronse nos casos de necesidade de defensa do territorio galego. O mando exercíano os nobres galegos e os postos inferiores ocupábanos a nobreza baixa, os fidalgos e os burgueses. Protagonizaron diversas campañas no s XVI, como a de dar apoio ás tropas do duque de Alba na invasión de Portugal ou a defensa de Vigo e A Coruña ante os ataques de Francis Drake. No s XVII dividíronse en distritos organizados en compañías e no s XVIII os Borbóns substituíronas polos terzos, feito que orixinou a oposición de parte da poboación ante a obriga dos terzos a actuar fóra de Galicia deixando o territorio galego indefenso. Dos nobres que loitaron á fronte das milicias destacaron os condes de Lemos, Monterrei e Soutomaior. Nos comenzos da Guerra Civil Española (1936) recibiron este nome os grupos armados formados en Madrid por republicanos galegos apoiados...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Mónaco ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Mónaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurólogo e político portugués. Estudou medicina na Universidade de Coimbra, onde se doutorou en 1899. En 1902 pasou a exercer como profesor na facultade de Medicina da mesma universidade. En 1911 trasladouse á de Lisboa para ocupar a cátedra de Neuroloxía; en 1929 ostentou o cargo de director do centro. Introduciu e desenvolveu a anxiografía cerebral, método de diagnóstico de gran valor para a detección de enfermidades intracraniais que permite ver os vasos sanguíneos do cerebro ao inxectarlles substancias opacas aos raios X. En 1936 realizou con A. Lima unha lobotomía, primeira intervención cirúrxica no cerebro para tratar unha enfermidade mental. Compaxinou o seu labor científico coa carreira política; foi deputado (1903-1917), embaixador de Portugal en España (1917), ministro de Asuntos Exteriores (1918) e presidente da delegación portuguesa da Conferencia de Paz de París (1918). Publicou máis de 300 traballos científicos e estudos sobre figuras das letras e das artes plásticas entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político, fillo de Uxío Montero Ríos. Foi deputado (1901-1916), senador (1916-1920), fiscal do Tribunal Supremo (1916) e avogado asesor de Banco de España. Iniciou unha reforma dos tribunais para menores. Escribiu Tribunales para niños (1913) Antecedentes y comentarios a la ley de tribunales para niños (1919) e La Ley de Tribunales para niños en España (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político, fillo de Uxío Montero Ríos. Foi xuíz municipal en Madrid (1904) e ministro do Tribunal de Contas e ministro interino de Instrución Pública e Belas Artes (1910). Foi deputado durante dez lexislaturas, entre 1898 e 1917, en representación de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en Santiago de Compostela en 1986 ao abeiro do BNG. Defínese como feminista, nacionalista, anticapitalista e autónoma. Funciona mediante asembleas de zona e conta cunha coordinadora nacional. Realizaron campañas de mobilización e educación popular contra a violencia de xénero ou contra a discriminación. Os seus obxectivos son a autodeterminación das mulleres e a formación teórica. Desde 1992 publica o seu voceiro Deliberadamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Desde 1971 reside en EE UU, onde traballou no Institute of Technology of Massachusetts. Iniciouse na pintura e ao redor de 1971 aproximouse á arte conceptual. Posteriormente, centrouse na experimentación sobre medios alternativos, especialmente a videoarte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • casa grande do Espido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabalo alado da mitoloxía grega, concibido por Posidón e a degolada Medusa. Segundo Hesíodo, naceu da cabeza de Medusa cando Perseo lla cortou preto das fontes do océano. Servidor de Zeus, cun couce orixinou a fonte Hipocrene, nas proximidades do bosque das Musas. É importante a súa relación con Belerofonte, xa que o heroe grego se serviu da súa montura para matar a Quimera e derrotar as amazonas. Finalmente, foi transformado en constelación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación boreal situada entre as de Raposa, Cisne, Lagarto, Andrómeda, Pisces, Acuario, O Cabaliño e Delfín. Contén 116 estrelas visibles, e o seu principal astro, á Pegasi, chamado tamén Markab, ten unha magnitude visual de 2,57 e está a 102 anos luz. Contén tamén un cúmulo de galaxias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Firma española de automóbiles de turismo, camións, autobuses e outros vehículos de tracción mecánica, fabricados pola Empresa Nacional de Autocares SA (ENASA). Tomando como base as factorías de La Hispano Suíza, marca que absorveu en 1946, en 1949 lanzou ao mercado o primeiro tipo de camión Pegaso, con motor diésel de 6 cilindros e 8 toneladas de carga útil, e en 1950 apareceu o primeiro tipo de autobús. En 1951 creouse o Pegaso Z-102, automóbil deportivo, aerodinámico e de gran potencia, provisto de 8 cilindros en V e que podía acadar os 240 km/h. Desde 1955 a empresa orientou a súa produción cara aos camións e autobuses. A finais da década de 1970 iniciou a fabricación de autocares, furgonetas, vehículos militares e maquinaria de obras públicas. En 1990 a firma italiana IVECO absorbeu ENASA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da constelación Pegaso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Vigo en que se integra A Nosa Terra Edicións, dirixida por Cesáreo Sánchez. Edita o semanal A Nosa Terra, dirixida por Afonso Eiré, o boletín trimestral Cadernos monográficos de pensamento e cultura, e as publicacións semestrais A Nosa Cultura e A Nosa Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de textos escritos por Florentino López Alonso-Cuevillas, publicados en 1962, con prólogo de Marino Dónega. Divídese en catro partes, segundo os temas que trata, e o comezo de cada unha delas anúnciase cunha ilustración. No primeiro apartado, de carácter literario, incluíronse textos que pretendían provocar unha reflexión ao lector, moitos deles referidos á cultura galega; no segundo, inseríronse ensaios, dos que destaca “Dos nosos tempos”; no terceiro hai recensións sobre escritores galegos; e no cuarto textos de antropoloxía e prehistoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Considerado como unha das máximas figuras do Barroco e un dos máis grandes poetas de todos os tempos, apaixoouse pola política; ao longo da súa vida foi protexido, desterrado e encarcerado pola Corte. Cultivou todos os xéneros, desde o satírico e político ata os morais, os burlescos e a sátira literaria e persoal, especialmente contra Góngora. Quevedo amósase tamén como o máis profundo poeta metafísico do Barroco e na poesía de carácter amoroso foi un dos máis apaixoados e orixinais de todo o s XVII. As súas obras poéticas editáronse tras a súa morte en dous volumes, El Parnaso español (1648) e Las tres Musas últimas castellanas (1670). A súa obra en prosa é moi extensa e variada, e dela destacan diversos tratados políticos, como Política de Dios, gobierno de Cristo y tiranía de Satanás (1635) e La vida de Marco Bruto (1644); obras ascéticas, como Providencia de Dios (1641), e filosóficas e morais, como o tratado estoico La cuna...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Despois de colaborar co editor Carlos Barral, fundou e dirixiu La Gaya Ciencia e traballou como tradutora para a ONU. Directora Xeral da Biblioteca Nacional (2004), é autora de Memoria de Almator (1991), Azul (1993, Premio Nadal 1994), Viaje a la luz del Cham (1995), Pobre corazón (1996), Luna lunera (1999), La canción de Dorotea (2001, Premio Planeta) e Diario de una abuela de verano (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO