"Gúín" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 102.

  • Froito da guindeira, redondo, de cor vermella escura ou negra, carne azucrada un pouco dura e sabor agridoce. É unha variedade de cereixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello de madeira, con forma de forca e xiratorio, do que vai pendurada a gramalleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corda que se utiliza para subir os materiais na construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lanzar algo ou a alguén ao chan ou a certa distancia.

    2. Levantar e manter no aire algo ou a alguén suxeitándoo pola súa parte superior.

    3. Lanzarse alguén lonxe ou botarse ao chan.

    4. Suxeitarse alguén a algo de xeito que quede suspendido no aire.

    5. Matarse alguén colgándose de algo polo pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato que se emprega para levantar ou mover grandes pesos, provisto dun gancho ou culler suspendido dun cable. Consiste, fundamentalmente, nunha estrutura metálica provista dun torno de tracción en que se enrola o cable que eleva a carga. A estrutura é xeralmente móbil e ten un brazo ou pluma xiratorio, ríxido ou articulado, polo extremo do que pasa o cable de elevación. Na construción emprégase o guindastre torre, constituído por unha torre metálica, fixa ou montada sobre carrís, cun brazo horizontal xiratorio polo que corre un carro que porta os mecanismos de elevación da carga. O guindastre ponte, consiste nunha estrutura metálica horizontal que corre por un raíl suspendido a certa altura e provisto, tamén, dun carro cos mecanismos elevadores. Cando a estrutura do guindastre está apoiada sobre pés, e estes ao mesmo tempo sobre raís, denomínase guindastre pórtico.

    2. Vehículo automóbil provisto dun guindastre para remolcar a outros vehículos.

    3. Aparato provisto dun brazo longo mecánico en que vai fixada unha plataforma para colocar nela unha cámara, permitindo unha gran variedade de movementos, tanto horizontais como verticais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cerdeira común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Pontevedra a partir do 2 de xaneiro de 1886. Subtitulouse “Periódico festivo. Semanal. Joco-serio”. Dirixiuno Víctor Saiz Armesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estada feita con táboas e cabos que se emprega para pintar, rascar ou facer outras operacións na cheminea e costado do barco.

      2. Asento formado cunha táboa e catro ventos, unidos estes nun grillón, que se afirma a unha driza como estada voante.

    1. Salvavidas especial colgado na parte exterior do barco, provisto dun recipiente que contén fosfuro de calcio, que permite localizar o lugar onde se atopa ao guindalo ao mar. É de cortiza ou sintético, de cor laranxa rechamante, con bandas reflectantes, e vai provisto dunha rabela de 27,5 m de lonxitude, con luz de acendido automático. O diámetro interior mínimo dos aros é de 46 cm e soporta un peso de 14,5 kg durante 24 h. Debe levar pintado o nome do barco e o porto de matrícula.

    2. Estada que rodea un pau dun barco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    De relevo pouco vigoroso, o país divídese nunha ampla chaira litoral recurtada polos esteiros dos ríos Geba e Corubal, e rodeada de illas, un altiplano interior e baixos altiplanos no extremo SL. O clima é tropical, cálido e húmido. A hidrografía caracterízase polos esteiros e as mareas, que penetran ata a 100 km da costa e permiten a navegación ata Bafatá e Binta. A vexetación é principalmente de sabana con áreas selváticas de bosque galería á beira dos ríos e con mangleiros na costa. A agricultura é a actividade económica predominante en todo o país e ocupaba o 77,8% da poboación activa en 1992. No litoral predominan os cultivos de arroz en chairas inundables, de feixóns, hortalizas, plataneiros, palmeiras de aceite, cocos e cana de azucre. Posúe gandería bovina, cabrúa e porcina e no interior a gandería é máis importante ca os cultivos, que son de secaño (millo, cacahuetes, sorgo, mandioca e pataca doce). A explotación forestal é relativamente importante (madeira e caucho), e a pesca...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moeda inglesa introducida por Carlos II de Inglaterra en 1663, cun valor de 20 xilíns e cun peso de 8,53 g de ouro de 22 quilates. O seu nome proviña do lugar de orixe do ouro que se empregou para cuñalas. O seu valor oscilou entre 30 e 21 xilíns, ata que pola reforma monetaria ordenada por Xurxo III de Inglaterra en 1816 foi substituída polo soberano ou libra esterlina.

    2. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cabeza’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión litoral de África, comprendida entre o cabo Verde e cabo López, que rodea o golfo de Guinea (2.300.000 km2; cuns 146.000.000 h [1991]). De O a L distínguense diversas unidades de relevo. A Guinea media, con altiplanos arxilosos que culminan no monte Loura (1.537 m) ao NL, a Guinea forestal (Serra Leona, Liberia, Costa de Marfil), de relevos de chairas e altiplanos graduados dominados por altos relevos que culminan co Fon (1.656 m) e o Nimba (1.752 m), e un terceiro sector, unha rexión de chairas e baixos altiplanos onde os únicos relevos importantes están en Ghana e Costa de Marfil. O último sector é Nixeria central e oriental, onde sobre o zócolo antigo se alzan grandes relevos volcánicos e graníticos. O clima é subecuatorial, caracterizado pola calor e a humidade constante. A rexión ten abundantes cursos fluviais, de réxime moi regular todo o ano. Os únicos grandes ríos son o Senegal, o Volta e o Níxer. A vexetación é de sabana na parte setentrional, aproximadamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESTADO

    Estado de África occidental, limitado por Guiné-Bissau ao NO, por Senegal e Mali ao N, por Costa de Marfil ao L, por Liberia e Serra Leona ao S, e polo Océano Atlántico ao O (245.857 km2; 7.497.000 h [estim 2001]). A capital é ↪ Conakry.
    Xeografía
    A chaira litoral é baixa e areosa, coas costas recurtadas polos esteiros dos ríos que proceden do Fouta Djalon. O clima caracterízase pola existencia dunha estación seca e unha húmida, cunha temperatura media elevada (26° C). A costa está cuberta de mangleiros. Cara ao interior elévanse gradualmente unha serie de socalcos que culminan no Fouta Djalon, con temperaturas máis baixas (22,5° C) e unha vexetación é de bosque denso e seco e con sabanas nas vertentes. As rexións do L forman un altiplano que constitúe a conca superior do Níxer. As chuvias son abundantes, as temperaturas de 26° C e están cubertas de sabanas. Ao SL o relevo elévase e culmina no macizo de Nimba (1.760 m). Chove de 10...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    [Nome oficial cast: República de Guinea Ecuatorial] Estado de África occidental, que comprende unha parte continental (Mbini), situada entre Camerún ao N e Gabón ao L e ao S, e diversas illas do golfo de Guinea: Bioko, Pagalu, Corisco, Elobey Gran e Elobey Petit (28.051 km2; 464.000 h [estim 2001]). A capital é Malabo.
    Xeografía
    A parte continental, ou Mbini, está formada por unha chaira litoral de 15 a 25 km de longo, dominada ao L polo zócolo antigo, que se eleva ata os 1.200 m no monte Mitra e que os principais ríos, como o Benito, atravesan en rápidos. O clima é cálido e húmido, con chuvias moi abundantes. O bosque denso ecuatorial cobre case todo o territorio. A vexetación natural foi destruída fortemente pola deforestación. A economía baséase na agricultura, que produce cacao, café, plátanos, aceite de palma, cacahuetes e cocoteiros e, para o consumo do país, mandioca e pataca doce sobre todo. O bosque cobre o 46% da superficie total e constitúe...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Amplo entrante do Océano Atlántico na costa occidental africana que se estende desde o Cabo Palmas ata o Cabo López.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Guiné-Bissau, Guinea ou Guinea Ecuatorial ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Guiné-Bissau, Guinea ou Guinea Ecuatorial.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo guineano.

      2. Individuo do pobo guineano.

      3. Pobo africano que se estendeu polo golfo de Guinea e Camerún. Os seus principais grupos son os kissi, os assimi, os ashanti e os yoruba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘sombreiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Iniciador do dolce stil nuovo, a súa poesía Al cor gentil, repara sempre amore foi considerada o manifesto e o compendio doutrinal da escola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Ampliou os estudios con C. Taltabull e P. Wissmer en París. Fundador, xunto con J. Panyella, do grupo instrumental Diabolus in Musica, exerceu a crítica musical no Diario de Barcelona e foi fundador e director do Centre de Documentaciò i Difusiò de la Música Contemporània (1986-1994). Da súa produción destaca Punts cardinals (1967), Cinc continents (1969), Jondo (1979), Vectorial (1985) e Gaudí (1992). En 1981 foi nomeado Chevalier des Arts et des Lettres polo goberno francés. Recibiu o Premi Ciutat de Barcelona (1972, 1978 e 1983), o Premio de Composición Musical Reina Sofía (1983), o Premio Nacional de Música (1990) e a Medalla de Oro al Mérito de las Bellas Artes (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO