"García" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 414.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro, arquitecto e militar. Foi capitán xeneral do Reino de Galicia. Antes de chegar á Coruña, realizou algúns proxectos arquitectónicos e urbanísticos en Catalunya, como os planos da igrexa de Sant Miquel del Port, na Barceloneta (1753), e os da catedral nova de Lleida (1760). Entre 1776 e 1778 completou a urbanización da Rambla de Barcelona. En 1799 proxectou as Casas de Paredes na Coruña, onde tamén realizou o edificio do Consulado, que despois foi sede do Museo de Belas Artes. Foi membro de mérito en arquitectura da Real Academia de San Fernando de Cádiz (1768), consiliario da mesma institución (1770) e membro da Academia de Arquitectura (1774).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor e canteiro. Coñecido polo nome de Pepe da Pena, traballou na restauración da escaleira de caracol do convento de San Domingos en Santiago de Compostela. Realizou o cruceiro de Hío, onde relatou a historia humana desde a Creación ata a Redención, nun estilo cheo de barroquismo, teatralidade e ordenado movemento. Traballou tamén noutras igrexas de Cangas, Cotobade, Beariz e Viascón, e na capela do pazo de Montero Ríos en Lourizán (Pontevedra). Realizou ademais a fonte da Fama (Ponteareas) e a de Santiago (Cangas). As súas obras correspóndense con numerosos retablos, cruceiros e panteóns de Pontedeume, Gataxe e O Carballiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e empresario. Iniciou a súa andaina política no ano 1969 como presidente do sindicato mixto local de actuacións diversas. En 1971 foi elixido concelleiro en Ribadeo polo terzo sindical, cargos que renovou democraticamente na candidatura de Coalición Democrática. Foi parlamentario, pola circunscrición de Lugo, na primeira e na segunda lexislatura galega polo Partido Popular. Foi tamén tenente de alcalde e alcalde da súa vila natal. Director da Caixa Rural de Lugo en Ribadeo, é membro da confederación de empresarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Monxe beneditino. Foi autor de numerosos estudios sobre o monacato e a súa historia, entre os que cómpre destacar Estudios sobre el primer siglo de san Benito de Valladolid (1953), La regla de san Benito (1968), El monacato primitivo (1974), San Benito de Cuntis: génesis, fundación y desarrollo de un monasterio de monjas en la provincia de Pontevedra (1978), El monasterio de Santa María de Sobrado (1980) e Las señoras de san Payo: historia de las monjas beneditinas de San Pelayo de Antealtares (1980).
-
GALICIA
Historiador. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorado en Historia pola de Madrid (1953), foi profesor da universidade compostelá (1954-1956) e da de Navarra (1957-1963), antes de gañar a cátedra de Historia de España Moderna e Contemporánea da Universidade de Sevilla (1964). Entre os seus traballos sobresaen: Los primeros pronunciamientos en España (1958), La teoría del régimen liberal español (1962), Las Cortes de Cádiz y la Constitución de 1912 (1963), Cánovas (1965), Historia de la España moderna y contemporánea (1968-1969), Los moderados en el poder (1970) ou La baja edad contemporánea (1970). Obtivo, ademais, o premio Menéndez Pelayo (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantante, presentador de televisión e actor. Realizou estudos de Enxeñería Técnica Agrícola. Foi presentador da TVG nos programas Verán, Verán (1988), A tumba aberta (1988) e Con perdón (1996-1997). Participou tamén como actor nas series Don Rock (1987) e La batalla salvaje (1989) e foi comentarista deportivo na COPE (2000). En 1982 tivo lugar a presentación do grupo musical Semen Up, agrupación que liderou ata 1990 e coa que gravou os títulos: Lo estás haciendo muy bien (1985), La agonía del narciso (1986), Vuelve el hombre (1987), El gusto es mío (1988) e Madurez (1989). Dende 1991 ata 1998 formou parte do dúo Amistades Peligrosas e sacou ao mercado Relatos de una intriga (1991), La última tentación (1993), La profecía (1995) e Nueva era (1997)....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación coral fundada en 1981. A partir de 1986 comezou unha nova andaina da man da súa directora Margarita Guerra e tivo como principal obxectivo a mellora da técnica vocal. O seu repertorio abrangue máis de duascentas obras de polifonía profana e relixiosa, coros de ópera e zarzuela, folclore e cantigas galegas. Pertencente á Federación Coral Galega (FECOGA), participou nas programacións culturais do Concello de Vilagarcía, da Deputación Provincial de Pontevedra, de FECOGA e da Federación de Círculos y Casinos de Galicia, e ofreceu concertos en toda Galicia. Obtivo o primeiro Premio do I Certame Coral de Noia (1989) e o Premio de Interpretación da I Mostra de Panxoliñas Xacobeo ‘93. Participou en varias edicións do Festival de Ópera da Coruña, interpretando coros de óperas (Marina, La Traviata, Fausto, etc) da autoría de, entre outros, Donizetti, Arrieta, Verdi, Massenet, Gounod e Pucini, acompañada da Sinfónica de Galicia e da Orquestra do Norte de Portugal,...
-
GALICIA
Emigrou a La Habana (1914) onde fundou a Sociedad Natural de Ortigueira (1928) e a Federación de las Sociedades Españolas de Cuba (1957), e presidiu a Sociedad Artístico-cultural Rosalía de Castro. En 1971 estableceuse en Miami onde fundou a Casa de los de Santa Marta de Ortigueira (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Freire dominicano. Prior do convento de San Domingos de Ribadavia. No ano 1431 foi o rexente da cátedra de Sentencias no estudo xeral de San Pablo de Valladolid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. En 1939 estableceuse en Virginia onde exerceu a docencia. A súa arte partiu do fauvismo e cultivou todos os xéneros, entre os que cómpre salientar a decoración mural. Foi membro de Cercle et Carré e autor do seu anagrama.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e poeta. Estudiou en Granada nas facultades de Dereito e Filosofía e Letras, traballou no ensino e posteriormente na Biblioteca Nacional de Madrid. Redactor xefe do semanario La Lectura Dominical, publicou La epopeya de Colón (1892), Odas y leyendas (1900) e Nuevas poesías (1925). Concedéuselle a Encomienda de la Orden Civil de Alfonso XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Correspondente de Faro de Vigo, publicou El Jardín de los romances (1947). Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1953.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Estudiou na Escola de Enxeñeiros Técnicos de Vigo, licenciouse na Escuela Oficial de Madrid e rematou a carreira de xornalismo na Universidad Complutense. Comezou a súa actividade periodística no Faro de Vigo. En 1967 pasou a dirixir a delegación de La Voz de Galicia en Vigo e en 1977 foi nomeado director deste xornal na Coruña. Exerceu tamén como director de Antena 3 Radio, da Biblioteca Gallega e de Vídeo-Voz TV. En 1998 foi elixido secretario da Fundación Caixa Galicia e no mesmo ano pasou a dirixir El Ideal Gallego. Coa súa chegada ao xornal comezou un proceso de consolidación e expansión da Editorial La Capital coa adquisición de Deporte Campeón e de sete cabeceiras comarcais, ademais da creación de Diario de Ferrol e Diario de Arousa. Fundador da revista Nuestra Lucha, colaborou con diversos xornais e axencias informativas, como La Vanguardia, Informaciones, Diario de Barcelona, Associated Press, United...
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do Océano Índico baixo soberanía británica, incluída no Territorio Británico do Océano Índico (27 km2). A illa, a maior do arquipélago de Chagos, é un atol de coral vivo, cun gran lago no seu interior. Descuberta polo navegante luso Diego Garcia a principios do s XVI, os portugueses non estableceron ningunha factoría e a illa quedou á marxe das rutas comerciais. A principios do s XVIII os franceses tomaron posesión dela. Tralas guerras napoleónicas (1814) pasou a soberanía británica. En 1965 foi adscrita á xurisdición do gobernador británico das Seychelles, baixo a que permaneceu ata a independencia destas en 1976. En 1966 os gobernos británico e estadounidense acordaron a militarización da illa, que se converteu en base aeronaval conxunta das súas respectivas forzas armadas. Por mor da apertura da base en 1971, a poboación nativa da illa foi deportada. A base de Diego García empregouse como lanzadeira dos bombardeiros aliados na Guerra do Golfo de 1991 e na ofensiva antiterrorista...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1985), ampliou estudios en Florencia, Boloña e París, e doutourouse en 1990 coa tese Estrutura y comportamientos familiares en la Galicia de fines del Antiguo Régimen. Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela ata 1993 e profesor titular de historia moderna da Universidad de Oviedo ata 1995, data en que se reincorporou á Universidade de Santiago de Compostela. As súas investigacións centráronse no eido da demografía histórica, da historia da familia e da análise historiográfica. Colaborou, entre outras publicacións, en Annales de Démographie Historique, Continuity and Change, Boletín de la Asociación de Demografía Histórica Española e Grial. Tamén colaborou en distintas obras, como El Reino de Galicia en la Monarquía de Felipe II (1998) e El reino de Galicia en la época del Emperador Carlos V (2000). Cómpre destacar as súas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e ilustrador. Fillo de Martín Echegaray Olañeta, foi propietario da illa de Toralla e impulsor da Compañía de Tranvías e das viaxes rápidas entre EE UU e Vigo. Comezou a súa formación na Academia Minerva con Perfecto Mediero. Participou, entre outras, na Exposición de Arte Gallego de Santiago de Compostela en 1926, en Madrid na mostra organizada polo Heraldo en 1928 e na que repetiu en diversas ocasións, e na exposición realizada en Bos Aires en 1929. En setembro de 1930 expuxo no Casino de Vigo. Na súa obra advírtese a influencia da pintura postimpresionista e da escola de París. As cores quentes e a contraposición de grandes planos foron unha constante nunha pintura na que primou o efectismo. Entre as súas obras destacan Aldeanos, Retrato de Tomás Sobrino Mirambell, Silueta de Vigo e Crucero de Bayona.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantautor. Coñecido como Xosé Manuel Eirís, colaborou co grupo Na Lúa e compartiu a súa actividade artística coa de animador cultural do concello de Carballo. Gravou o disco Ese lago inmenso (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arqueólogo e escritor. Doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidad de Zaragoza coa tese Notas para un estudo de la Edad del bronce en Galicia. Foi profesor na Universidad de Zaragoza (1970-1982) e catedrático de Prehistoria na Universidade de Santiago de Compostela (1983), e dende 1984 na Universidad de Murcia. No eido da arqueoloxía, dirixiu traballos de campo en Galicia, Castela e León, Aragón, Murcia e América Latina, entre os que destacan os realizados no castro de Borneiro (1968 e 1974). No eido da historia e da xeografía do urbanismo, destacan os proxectos de investigación “El impacto del urbanismo colonial en el valle de Moche (Perú)” e “Estudio histórico y geográfico para la recuperación de los cascos históricos del noroeste de la región de Murcia”. Colaborador en revistas especializadas (Cuadernos de Estudios Gallegos, Caesaraugusta, etc), foi coautor, entre outras obras, de Nociones de tecnología y tipología en prehistoria (1999) e autor de Sobre la...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecta. Estudiou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona e da Coruña, onde se licenciou en 1985. Diplomouse en historia da arquitectura na Oxford University (1995) e ampliou estudios no eido da conservación arquitectónica na Oxford Brookes University (1996). Entre as súas intervencións arquitectónicas destacan os seus traballos de rehabilitación no centro histórico de Santiago de Compostela (1999), na casa Abraira en Pousadoira (Miño, 1999-2001), na casa do Vilar (Mondariz, 2001) e na casa do Castro (Poio, 2001-2002). As súas investigacións centráronse no campo da arquitectura tradicional galega do s XIX. Realizou a catalogación da arquitectura doméstica na comarca da Terra Chá (1763-1936), pola que recibiu o Premio Constanza de Castro (1999). Colaborou, entre outras obras, na Encyclopedia of Vernacular Architecture of the world (Enciclopedia da arquitectura vernácula no mundo, 1995) e La Galicia de los Pazos (2002). Escribiu tamén A casa grande...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Coñecida como Fina Eiros, formouse na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Lugo e na Escola Superior de Disseny i Art Eina da Universitat Autónoma de Barcelona (1989-1997). Ampliou a súa formación coas bolsas da Fundación Unión Fenosa (1996 e 1998) e coa do Oxford Centre for Galician Studies (1994-1995). A súa obra evolucionou dende os modelos figurativos ata unha pintura paisaxística e experimental que a levou a unha abstracción formal e un colorido desbordante. Da súa produción destacan as series Terra Incógnita e Antártica. Participou, entre outras mostras colectivas, na Semana Blava. Eina (1993 e 1994), no XIII Certame de Pintura Concello de Cambre (1996), no IV Certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo (1998), na II Convocatoria de Pintura da Fundación Nelson Zumel (1998), no Certame de Pintura Galería Burela (1998-2000) e no X Concurso de Pintura Bello Piñeiro (Mugardos, 2000). Realizou exposicións individuais na Coruña, Meira, Lugo,...
VER O DETALLE DO TERMO