"ICE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 774.

  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Foi infante de coro dalgunhas capelas de Roma e discípulo de Palestrina, a quen sucedeu como compositor da capela pontificia no ano 1594.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tipo de vértebra máis primitiva, que ten os costados cranial e caudal cóncavos. Preséntana os peixes, os anfibios e os réptiles primitivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence ao grupo dos anficelos.

    2. Anfibio do grupo dos anficelos.

    3. Grupo de anfibios anuros de características primitivas. Os individuos adultos conservan un toco amodo de cola, que os machos utilizan para realizar a cópula. Caracterízanse polo feito de posuír vértebras anficélicas. Comprende unha soa familia, a dos liopélmidos ou ascáfidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino procedente do grego Aníketos ( ἀ νίκητος) ‘invito, invencible’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa de orixe siria (154-165). Co seu compatriota san Policarpo, fixou a data da festa de Pascua. Segundo algunhas crónicas, morreu mártir en tempos de Marco Aurelio. A súa festividade celébrase o 17 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protuberancia do pavillón da orella humana situada entre a hélice e a fosa auricular. Bifúrcase na parte superior en dúas ramas, superior e inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa unida, xuntada a outra da que é como unha parte accesoria, subsidaria, como unha prolongación.

      1. Proxección do corpo dun animal, que queda unida a unha parte máis robusta do corpo. Adoita ter forma alongada, aínda que é distinta segundo a función que realiza. Moitos animais teñen un número par e en posición simétrica, bilateralmente: nos artrópodos e anélidos acostuma haber un par en cada segmento (antenas, patas, etc).

      2. apéndice caudal

        Prolongación da columna vertebral en forma de cauda.

      3. apéndice vermiforme

        Apéndice intestinal da maioría dos primates e dos rilladores, situado ao fondo do intestino cego do que constitúe unha prolongación de forma tubular e sinosa, pechado no seu extremo distal. Pola súa situación chámase tamén apéndice cecal. No home non ten ningunha función específica destacable. Ten de 4 a 8 mm de diámetro e uns 8 cm de lonxitude. Se se converte en foco dunha infección bacteriana, provoca a apendicite.

    2. Parte que se engade ao final dunha obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de Santiago de carácter irregular da que saíron 18 números entre novembro e decembro de 1808.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación cirúrxica do apéndice vermiforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extremo superior, cume ou punta dalgunha cousa.

    2. Punta ou extremo dunha estrutura anatómica como o peteiro das aves ou follas dos vexetais.

    3. Punto da esfera celeste cara onde se dirixe o Sol e, con el, todo o sistema solar. Está situado na constelación de Hércules e as súas coordenadas son 18h 04min (aproximadamente 270°) de ascensión recta e +30° de declinación. A velocidade do Sol no seu movemento cara ao ápice é duns 19 km/s.

    4. Acento gráfico diacrítico posto sobre unha letra; por exemplo nas inscricións latinas para indicar unha vogal longa.

    5. Extremidade do talo e da raíz, onde se localiza o meristema primordial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou o Novo ( Ladiocea 313? - 329?) Bispo de Laodicea. Opúxose insistentemente ao Arrianismo afirmando a divindade de Xesucristo. Admitida a tricotomía antropolóxica (corpo, alma, espírito), ensinou que no Cristo este terceiro elemento estaba substituído polo logos divino, do que se segue que en Xesús non había natureza humana completa. A súa doutrina cristolóxica foi condenada polo Concilio de Constantinopla (381).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociolingüista. Introdutor dos estudios de sociolingüística en España. No 1973 fundou o Grup Català de Sociolingüística, e o mesmo ano introduciu unha sesión de sociolingüística catalá no VIII Congreso de Sociolingüística de Toronto. Partindo dunha crítica da imprecisa noción de “bilingüismo”, artellou unha teoría sociolingüística xeral e explorou a historia sociolingüística europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor, crítico literario, articulista e tradutor. Licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do equipo da revista Ler e leva a sección de poesía do suplemento literario do xornal O Correo Galego. Dentro da actividade musical, sobrancea como cofundador do grupo de canción belixerante Voces Ceibes co que chegou a gravar diversos discos. Como poeta publicou Paisaxe de Glasgow (1978), Ás veces en domingo abonda coa tenrura (1980), Poemas pra Ana Andrea (1982), Xuvia (1983), Caleidoscopio (1988), Oficio de ollar (1992), Camo Santo (1994), O gato branco (1995), Novos poemas para Ana Andrea (1991) e Billarda (1999); e como novelista, Agora xa foi (2000). A súa obra está presente nas antoloxías Escolma da poesía galega (1984), Poesía gallega de hoy (1990) e Fin de un milenio (1991). Como tradutor verteu ao galego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Foi un dos creadores na década dos sesenta da Escola de Barcelona. A súa primeira película foi Brillante Porvenir (1959). É coñecido polas súas adaptacións de obras literarias: Fata Morgana (1965), La muchacha de las bragas de oro (1980), Tiempo de silencio (1986), Si te dicen que caí (1989) e Amantes (1990, premios Goya e Sant Jordi), La pasión turca (1994), adaptación da obra de Antonio Gala. Tamén dirixiu El Lute, camina o revienta (1987), baseado no relato autobiográfico do delincuente Eleuterio Sánchez e premio internacional do Festival de Donostia, El amante bilingüe (1993), Libertarias (1996), La mirada del otro (1997) e Celos (1999). En 1988 recibiu o Premio Nacional de Cinematografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista italiano. Autor de traballos sobre historia das institucións do dereito romano considerados como importante autoridade na materia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica de Chantada construída no primeiro cuarto do s XIII. Consérvanse partes da portada occidental, dos muros laterais da nave e da ábsida, así como algunhas pezas gardadas na casa rectoral. O máis interesante é o remate da portada, cun arco de medio punto moi peraltado, tendente ao peche en ferradura; así mesmo, salienta na ábsida unha fiestra sostida por columnas con capiteis adornados con cabezas humanas e paxaros de longo pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘maleta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘maleta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de arquicernar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘embaular’.

    VER O DETALLE DO TERMO