"Inés" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 173.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O Distrito Central de Negocios é o centro financeiro, empresarial e administrativo dunha gran cidade. Caracterízase polo dominio do comercio e das actividades administrativas, de xeito que os inmobles dedicados a usos terciarios representan máis do 75% do espacio, mentres que as vivendas ocupan unha porcentaxe inferior ao 25%.
-
-
Relativo ou pertencente a China ou aos seus habitantes. Ex: As películas chinesas son moi intimistas.
-
Natural ou habitante de China.
-
Lingua do grupo sinotibetano, orixinaria de China, falada pola maior parte da poboación chinesa. A mediados dos anos noventa tiña uns 1.220 millóns de falantes en todo o mundo, dos que uns 1.200 vivían na República Popular China e tiñan como lingua oficial o mandarín. Tamén era oficial na antiga colonia británica de Hong Kong, integrada en China en 1997, e en Taiwán. Fóra de China fálana uns 20 millóns de persoas, das que dúas terceiras partes están no sueste asiático, sobre todo en Tailandia, Indonesia e Vietnam. No resto do mundo as colonias máis numerosas concéntranse nos EEUU. O chinés é unha das cinco linguas oficiais das Nacións Unidas. É unha lingua illante, baseada fundamentalmente na sílaba. Esta equivale xeralmente á unidade mínima de significación (monema). Foneticamente, o trazo máis destacado do chinés é o prosodema chamado ton, é dicir, a entoación determinada coa que se pronuncia a sílaba, con valor fonolóxico. Cómpre subliñar tamén o valor fonolóxico que ten a aspiración...
-
Arte desenvolvida polo pobo chinés. A arte chinesa é unha mostra de equilibrio, mesura e harmonía entre a tradición e a innovación, o autóctono e o foráneo, a arte oficial e a popular. O emperador converteuse no máis importante mecenas artístico e, en moitas ocasións, foi tamén un artista. A arte amosou a espiritualidade do pobo chino que, xunto ao taoísmo e ao confucianismo, asimilou o budismo.
O Neolítico
Os primeiros testemuños artísticos en China datan do segundo milenio a C co desenvolvemento de diversas culturas que coñecían a cerámica. Tamén traballaban o xade, pero ao ser valorado no seu estado natural non tiña un tratamento artístico. En Yangshao realizouse unha cerámica de cor vermella e con decoracións simbólicas; en Longshan a cerámica era negra e coa superficie pulida; e en Xiaotun desenvolveuse unha cerámica gris e de factura máis ruda. As pezas, como as de xade, tiñan unha función ritual e funeraria.
As dinastías Shang e Zhou <BR -
Arte cinematográfica desenvolvida en China. Ocupa o terceiro lugar do mundo en número de espectadores. En 1903 o emigrante valenciano Vicent Ramos organizou as primeiras proxeccións en Xangai. A escasa produción chinesa comezou máis tarde. O primeiro grande éxito foi O caso Yen Kiesing (1921). En 1931 realizáronse os primeiros filmes sonoros: o musical A cantante de Hong Midan, de Hong Sen, e o filme falado A canción da primavera, de Li Bingshie. Das poucas películas chinesas proxectadas en Europa naquel tempo destaca A rosa de Bu Shui, de Y. S. Lee, da época final do cine mudo, e A gran muralla chinesa ou Loitemos ata a morte (1938), de She Dongsai, sobre os horrores da guerra e a agresión nipona. Despois do triunfo da Revolución Chinesa de Mao, en 1949 reorganizouse e nacionalizouse a produción cinematográfica. Entre os títulos máis coñececidos do decenio 1950-1960 están Mozos e mozas de China (1949), de Lin Cefen e Zhai Cian,...
-
Escritura propia da lingua chinesa. O coreano, o annamita e o xaponés tamén a empregaron. É a máis antiga das escrituras aínda en uso, pois os primeiros documentos lexibles coñecidos (uns oráculos incisos en óso e cuncha de tartaruga) remóntanse ao s XV a C. Esta escritura utilizábase, na dinastía Shang (ss XVI-XI a C) e Zhou (ss XI-221 a C), nos oráculos e con fins relixiosos. Aínda que probablemente todos os caracteres chineses teñen unha orixe pictográfica, xa nesta etapa inicial abundan os usados polo seu valor fonético. Foi, pois, moi discutida a posible natureza ideográfica da escritura chinesa. Certamente non é fonética, posto que os seus signos non determinan directamente o son, e é imposible saber con certeza cómo hai que lelos cando son descoñecidos. Pero tampouco son representacións directas de ideas, senón dos monemas monosilábicos da lingua falada; por iso algúns falan de escritura morfémica ou logosilábica. O número de caracteres diferentes ten que ser, xa...
-
A filosofía nacida e desenvolvida no mundo chinés é unha empresa de pensamento que se move fóra da órbita da filosofía entendida na súa primeira e habitual acepción, como é a filosofía occidental de raíz grega. Deste xeito, non se comproba en China unha recepción de ideas nin métodos filosóficos occidentais ata finais do s XIX. A diferenza máis esencial e visible entre as dúas filosofías é que na chinesa falta unha lóxica explícita e desenvolvida. Ademais, a falta de interese pola orixinalidade da maioría dos pensadores chineses fai que sosteñan as súas teses recorrendo á autoridade dos antigos, de xeito que pretenden interpretar que a filosofía chinesa, esencialmente tradicional, aparece como un saber recibido que se podería asimilar a unha doutrina relixiosa, pero polo demais erróneo. O elemento relixioso atópase ás veces e a miúdo confúndese sen unha distinción moi clara. Agora ben, a filosofía chinesa é un esforzo para acadar a sabedoría, baseado meramente nas facultades naturais e...
-
Os documentos máis antigos conservados son inscricións sobre ósos e cunchas de tartarugas que datan dos derradeiros séculos da dinastía Shang, dende os ss XIV-XII a C, aproximadamente. Tanto estes como os gravados en vasos cerimoniais de bronce son moi breves e non constitúen documentos literarios propiamente ditos. En canto á poesía, a primeira antoloxía é a chamada Shijing (Clásico de poesía), conxunto de poemas cantados en templos, cortes e vilas que recibiu a súa forma definitiva aproximadamente en tempos de Confucio (551-497 a C). Intégrase nos libros considerados como “clásicos confucianos” e influíu na poesía posterior, tanto polo feito de ser a obra poética máis antiga como por considerarse tradicionalmente editada por Confucio. En territorios da conca do río Iang-Tsé desenvolveuse a forma poética denominada Chuci (Cancións de Chu), con metros máis longos e irregulares e destinada a ser recitada. O primeiro poeta chinés coñecido é Qu Yuan (ss IV-III a C), a quen...
-
A historia musical chinesa pódese dividir en tres períodos importantes. Do primeiro período, ata finais da dinastía Zhou, consérvanse instrumentos (campás, ocarinas, cítaras) e xa no s VI a C hai mostras e citas en obras literarias de danzas, cancións de corte ou de guerra. Cara ao final do primeiro período xa se establecera un sistema musical característico e dividíranse os instrumentos en oito categorías, segundo o material co que estaban construídos; así, hai constancia da existencia de instrumentos de percusión, frautas, etc. O segundo período, ata o final da dinastía Tang, que coincide coa época de decadencia do confucianismo, é unha época de influencia estranxeira, procedente sobre todo de Asia Central. A dinastía Han tratou de restablecer a música cerimonial da Antigüidade, pero a etapa máis brillante foi a da dinastía Tang (618-906), da que se conservan algunhas danzas e durante a que o descubrimento da imprenta permitiu difundir importantes tratados musicais. A música da época...
-
Arte teatral de China que se remonta aos tempos das dinastías Shang (1500-1000 a C) e Chou (1000-256 a C), no que as representacións tiñan un carácter cerimonial e ritual, se ben xa se introduciran elementos profanos, pois hai testemuños das funcións celebradas nos pazos dos reis. Durante este longo período, as manifestacións teatrais baseábanse na combinación de danza, canto, baile, recitado de lendas propias da tradición oral e uso de marionetas, pero tamén apareceu o teatro de sombras, nun principio asociado a cerimonias relixiosas e ao culto aos mortos. Coa chegada da dinastía Han (206-220 a C), desenvólvense múltiples formas de entretemento ata o punto de que se chegou a falar da época dos “cen xogos”, en referencia ás manifestacións lúdicas e ás competicións que tiñan lugar en prazas, feiras e nos pazos dos monarcas e da nobreza. Nestes anos créase a Escola Imperial de Música, promovida polo Emperador Wu-Ti (140-87 a C) para potenciar a danza e a música, e moitos dos instrumentos...
-
-
-
Receptor axustado a unha cámara que rexistra programas de televisión sobre película cinematográfica.
-
Tubo de imaxe dun monitor ou dun televisor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Regulación da velocidade de locomoción de certos organismos, de acordo coa intensidade dun ou máis factores estimulantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina que estudia a comunicación a través do xesto e da expresión facial. Baséase na hipótese de que a expresión corporal responde a un sistema codificado, aprendido polo individuo, variable segundo as diferentes culturas. Atende, entre outros aspectos, ao resultado das formas e funcións da comunicación individual, á natureza da interacción entre movemento e linguaxe verbal, e á observación da interacción xestual entre dous ou máis individuos. No teatro contribuíu á análise das interaccións escénicas dos actores, é dicir, o sistema que rexe as disposicións escénicas ou os desprazamentos e distancias que os separan, que incide na distancia que separa as actitudes do mundo real da codificación consciente dos xestos no mundo escénico. No eido da narrativa, empregouse no estudo do personaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de tratamento mediante os movementos activos ou pasivos no que se emprega a electricidade, as masaxes e a ximnasia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sensación pola que se percibe o movemento muscular, o peso, a posición, etc, dos membros do propio corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de separación e segmentación do citoplasma que ten lugar na última fase da mitose.
-
-
Relativo ou pertencente a Cochinchina ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Cochinchina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno no funcionamento dos condutos ou da vesícula biliar, consistente na circulación anormal da bile cara ao duodeno. Débese a unha hipertonía ou hipotonía da vesícula biliar ou a unha hipertonía do esfínter de Oddi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima de rápida actuación, unido á superficie da membrana possináptica, que hidroliza a acetilcolina en colina e ácido acético. Certos gases nerviosos, como o tabún ou o sarín, inactivan este enzima de xeito que provocan parálise.
-
PERSOEIRO
Escritor romanés. Coñecido como Paul Everac, escribiu Explozie întîrziat ǎ (Explosión retardada, 1959), Costache si viata lui interiorr ǎ (Costache e a súa vida interior, 1962) e Iluminari (Iluminacións, 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, economista e político. Trala súa militancia no partido republicano de Salmerón, foi acusado de participar nos atentados cometidos polos anarquistas durante o ano 1896 en Barcelona. Despois de pasar uns anos en Madrid, regresou a Catalu-nya en 1903 como líder dos catalanistas republicanos. Foi un dos fundadores do Institut d’Estudis Catalans (1907), centro no que presidiu a sección de ciencias. En 1909 foi nomeado presidente da Unión Federal Nacionalista Republicana e director de El Poble Català. A partir dese momento incrementou a súa actividade política: foi rexedor do concello de Barcelona en 1909, deputado a Cortes en 1910 e 1914 e, aínda que abandonou a política en 1916 tralo fracaso do Pacto de Sant Gervasi (1914), tomou parte activa na campaña pola autonomía de Catalunya en 1918. En 1931, trala instauración da República, volveu á política como membro da comisión redactora do Estatut d’Autonomia. Foi conselleiro de Xustiza e Dereito da Generalitat en 1933 e deputado...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista, fillo de Pere Coromines i Montanya. Estudiou na facultade de Filosofía e Letras de Barcelona, nos Estudis Universitaris Catalans e na Fundació Bernat Metge. Completou a súa formación en Montpellier (1927) con Maurice Grammont e Georges Millardet; en Madrid (1928) con Menéndez Pidal e Américo Castro; en Zúric (1929) con Louis Gauchat, Arnald Steiger e Jakob Jud; e en París (1930) con Oscar Bloc, Mario Roques e Antoine Meillet. Doutorouse en Madrid cun traballo sobre Vocabulario aranés (1931). Pompeu Fabra introduciuno (1930) nos traballos de lexicografía do Institut d’Estudis Catalans, centro do que pasou a ser membro a partir de 1950. Foi profesor de filoloxía románica na Universitat de Barcelona ata 1939, ano en que se exiliou. Estableceuse primeiro en París, e pouco despois, en Arxentina. Neste país foi profesor da Universidad de Cuyo (Mendoza) ata 1948, data do seu nomeamento como profesor de filoloxía románica na Universidade de Chicago. Dúas constantes básicas na...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Emisión de luz por certos corpos ao estaren sometidos a temperaturas moi baixas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce luminiscencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Juana de Asbaje.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao Delfinado.
-
Natural ou habitante do Delfinado.
-
-
-
Dialecto do francoprovenzal.
-
Dialecto do occitano.
-
-
-
CAPITAIS
Capital do estado de Iowa, EE UU, drenado polo río homónimo, no centro do Corn Belt (193.422 h [1996]). É un núcleo industrial especializado na produción aeronáutica, maquinaria e química. A maior parte das actividades económicas concéntranse na marxe dereita do río Des Moines, que divide a cidade en dous.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xacobe I.