"Ise" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 454.
-
PERSOEIRO
Avogada e profesora de leis. Exerceu a xudicatura no seu país desde 1987 como maxistrada do penal e, posteriormente, como xuíza de apelación. O Consello de Seguridade das Nacións Unidas nomeouna, en 1996, fiscal xefe do Tribunal Penal Internacional para a antiga Iugoslavia e para Ruanda, con sede na Haia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e militar. Baixo o pseudónimo de Prisco, publicou unha serie de xenealoxías no xornal La Integridad (1888) que posteriormente foron recollidas no volume titulado Casas solariegas de Galicia. Apuntes genealógicos (1889). Publicou Fragmentos de Historia de Galicia (1900); Poesías inéditas del Padre Feijóo (1901). Dentro da súa produción poética destaca o seu poema en galego “Na morte de Alberte García Ferreiro” (1902). Tamén é autor dos relatos O dito d’un parvo (1898) e Derrepica (1900), publicados en El Eco de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método para separar os compoñentes dunha mestura gasosa, baseado nas súas diferentes velocidades de difusión a través dunha membrana porosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou marquesa de Maintenon (Niort 1635 - Saint-Cyr 1719) Escritora e dama da corte de Luís XIV de Francia. Casada co poeta Scarron, tivo un salón moi célebre e encargóuselle a educación dos fillos do Rei e Madame de Montespan. Viúva, contraeu matrimonio morganático (1648) con Luís XIV. Exerceu unha grande influencia na política relixiosa do monarca. Os seus conceptos pedagóxicos, inspirados nun moralismo ríxido, están recollidos nas súas Lettres (Cartas).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Investigación dos propios estados de consciencia e dos propios actos coa aplicación de certos procedementos do método psicanalítico: asociacións libres, análise dos soños, interpretación de comportamentos, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Catálise dunha reacción por medio dun dos produtos que se forman nela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Destrución dun órgano, dun tecido, etc, pola acción de enzimas proteolíticos producidos por este mesmo órgano, tecido, etc. No curso das enfermidades crónicas sóense dar casos deste proceso.
-
ENTRADA LARGA
Proceso polo que un solvente anfiprótico se atopa en equilibrio cos seus propios ións. Para un solvente anfiprótico HS, a reacción de equilibrio é
formula
se ben o equilibrio se atopa pouco desprazado cara á formación dos ións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lise ou destrución das bacterias. Nos organismos animais a bacteriolise adoita estar provocada por acción dos anticorpos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filme producido en Francia no ano 1968 e dirixido por François Truffaut. Foi interpretado por Jean Pierre Léaud, Delphine Seyrig, Claude Jade e Michel Lonsdale. Trátase dunha comedia cargada de elementos autobiográficos e cotiáns onde se produce unha identificación entre o autor e o protagonista masculino, non exenta de certa nostalxia. Antoine logra que o expulsen do exército e namórase de Christine, quen o rexeita. Despois de fracasar no traballo e sufrir unha traumática relación, atopará novamente a Christine que, desta vez, si se namorará da soidade e inocencia de Antoine.
-
ENTRADA LARGA
Nome co que se coñece o conxunto de estados da beira meridional do Mar Báltico: Letonia, Estonia e Lituania. Cada un destes países constituíron ata o 1991, data na que proclamaron a súa independencia, repúblicas da Unión Soviética.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Entre os principais trazos físicos comúns dos países incluídos baixo esta denominación destacan os climáticos. A súa homoxeneidade topográfica, unha fachada litoral máis ou menos extensa que gozou dunhas condicións térmicas algo máis atenuadas fronte ao interior baixo un dominio continental rigoroso, e a súa situación en latitudes elevadas (entre 55°-60°N) outórganlles uns invernos crus caracterizados por temperaturas medias baixo cero (a temperatura media do mes de xaneiro sitúase entre os -7°C-8°C), e uns veráns relativamente suaves, con temperaturas medias no mes de xullo ao redor dos 16°C. As precipitacións sitúanse sobre os 600 mm anuais. En canto ao relevo, a maior parte do territorios destes tres países atópase... -
VER O DETALLE DO TERMO
Bebida quente feita con xema de ovo, azucre, te e leite, e aromatizada con ron.
-
PERSOEIRO
Raíña dos Países Baixos (1980), filla da Raíña Xuliana I e do príncipe Bernardo de Lippe-Biesterfeld. Dende 1966 está casada co diplomático alemán Claus von Amsberg, co que tivo tres fillos: Guillerme, Xoán Frisón e Constantino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise do nervio facial. Na forma periférica chámase signo de Bell á desviación, cara a riba e cara a fóra, do globo ocular do costado afectado cando o paciente tenta pechar o ollo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría que explica como a presenza de cristais de xeo no interior dunha nube formada por pequenas gotas de auga arrefriadas provoca unha rápida condensación do vapor de auga enriba dos cristais de xeo, que, ao medrar en espesura, transfórmanse en folerpas de neve. O esquema proposto por Alfred Wegener en 1911 foi desenvolvido por T. Bergeron e W. Findeisen. Tamén recibe o nome de teoría de Wegener-Bergeron.
-
PERSOEIRO
Escritor, tallador e gravador do modernismo checo. A súa temática son visións místicas e relixiosas ou alegorías e símbolos de escenas supraterrenais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
bioensaio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fotólise.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disolución ou desintegración da materia orgánica pola acción das bacterias ou doutros microorganismos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dobremente pinnatisecto, como ocorre coas follas pinnatisectas que, á súa vez, presentan divisións pinnatisectas.