Baisers volés

Baisers volés
Nome científico: [Bicos roubados]

Filme producido en Francia no ano 1968 e dirixido por François Truffaut. Foi interpretado por Jean Pierre Léaud, Delphine Seyrig, Claude Jade e Michel Lonsdale. Trátase dunha comedia cargada de elementos autobiográficos e cotiáns onde se produce unha identificación entre o autor e o protagonista masculino, non exenta de certa nostalxia. Antoine logra que o expulsen do exército e namórase de Christine, quen o rexeita. Despois de fracasar no traballo e sufrir unha traumática relación, atopará novamente a Christine que, desta vez, si se namorará da soidade e inocencia de Antoine.

Palabras veciñas

Baire, grito de | Baire, René | Bais | Baisers volés | Baist, Gottfried | Baíste | baiteiro