Baire, grito de

Baire, grito de

Nome co que se coñece o grito de independencia que marca o comezo do alzamento definitivo en Cuba (23.2.1895). As concesións ofrecidas polo goberno español no mes de xaneiro non convenceron os secesionistas que, liderados por Martí, decidiron iniciar a loita para abolir o réxime colonial.