"Levi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 65.

  • PERSOEIRO

    Actor estadounidense. Coñecido como Jerry Lewis, formou parella artística durante moitos anos con Dean Martin. Especializouse en papeis cómicos e da súa filmografía destacan Living It Up (1954), Artists and Models (1955), Hollywood or Bust (1956), Rock-a-Bye Baby (1958), The Bellboy (1960), The Nutty Professor (1963), The King of Comedy (1983) e Funny Bones (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro libro do Pentateuco. Proveniente da tradición sacerdotal (ss VI-V a C), é de carácter lexislativo e regula idealmente o culto do tabernáculo no deserto, segundo a restauración descrita por Ezequiel. Contén un ritual dos sacrificios e da ordenación sacerdotal, leis de pureza legal e de expiación, leis de santidade e un calendario de festas. Remata coa promesa de Deus de restablecer o seu pobo se algún día ten que espallarse en castigo das violacións da alianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos levitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ucraíno. Influído polo fauvismo e pola arte popular do seu país (1911), cultivou o cubismo. Creou unha obra de tema popular, baseada na simplificación dos volumes, que o conduciu ao suprematismo, do que foi o creador con obras como Cadrado negro (1915). En 1915 redactou o manifesto Do cubismo ao suprematismo, en oposición ao lucismo, e publicou Die gegenstandslose Welt (O mundo da non representación, 1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ucraíno. Alistouse no Exército Vermello (1919) e durante a Guerra Civil Española (1936-1939) foi conselleiro militar da Brigada Líster. Na Segunda Guerra Mundial foi comandante da fronte do SO (1943-1944), dirixiu a campaña contra Xapón (1945) e ocupou Manchuria. Foi comandante en xefe do exército de terra e ministro de Defensa soviético (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor xudeu. É autor de poesías de tema relixioso e profano en hebreo e dun comentario sobre os tratados do Talmud.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento químico da familia dos actínicos, de número atómico 101 e peso atómico 256. Admítese que participa das propiedades dos seus veciños na táboa periódica, é dicir, do fermio, do einstenio e do seu homólogo inferior, o tulio, que pertence ao grupo dos lantánidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. Discípulo de Rimskij-Korsakov, realizou un total de 27 sinfonías. Interesouse polas innovacións harmónicas de Aleksandr Nicolajevič Skr abin, aínda que o seu estilo foi conservador no aspecto formal. Compuxo os poemas sinfónicos Nunca máis e Alastor, ademais de tres sonatas para piano, nove cuartetos de corda e numerosas cancións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Demócrata ao estilo de Nekrasov, o seu espírito progresista foi optimista nun primeiro momento, como amosou no poema Vper’od (Adiante, 1878), e logo pesimista pola reacción política da década de 1880, como en Naše pokelenije junosti ne znajet (A nosa xeración non coñece a mocidade, 1884, Premio Puškin, 1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía imperial de Irán. Fundada en 1925 polo xeneral Rida Khān a consecuencia da deposición do Xa A ḥ mad Shāh, a súa instauración, co nome de Reza I de Irán, significou a modernización xeral do país. Sucedeuno (1943) o seu fillo Mu ḥ ammad Reza de Irán, que foi derrocado pola Revolución Islámica (1979) e morreu no exilio en 1980. O seu fillo proclamouse xa no exilio co nome de Reza II Ciro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Folclorista e etnólogo ruso. Integrado no formalismo ruso, estudou os contos fantásticos a partir dos relatos populares do seu país, descubrindo unha estrutura constante e recorrente a través de personaxes, accións e argumentos, que reflectiu na súa obra Morfologija skazki (Morfoloxía do conto, 1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emitir ao mesmo tempo por televisión e por radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transmisión de imaxes e de sons a través de ondas hertzianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público de radio e televisión fundado en 1945. Xestionado cun sistema de financiamento mixto a través de fondos públicos e publicidade, dirixe as sociedades TVE (TVE-1 e La 2), TVE Internacional, TVE Temática, Radio Nacional de España (RNE), o IORT (Instituto Oficial de Radio y Televisión) e a Orquesta Sinfónica y Coro. Membro da Unión Europea de Radiodifusión e do EURO, canal informativo multilingüe, emite vía satélite (HotBird 2, Hispasat e Telstar) desde 1994. Participou na cadea Euronews (1993) e na cadea dixital Vía Digital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público italiano de radio e televisión. Os seus precedentes foron a URI (Unione Radiofonica Italiana, 1924) e o EIAR (Ente Italiano Audizioni Radiofoniche, 1927). En 1944 estableceuse definitivamente a RAI (Radio Audizioni Italia). Iniciou as súas emisións televisivas en 1954, e ata a década de 1970 tivo o monopolio televisivo. Está formada por 3 cadeas de radio (Radio Uno, Radio Due e Radio Tre), 2 radiofórmulas (GRParlamento e Isoradio), 3 canles de TV (RAI Uno, RAI Due e RAI Tre), RAI International e 12 canles de televisión vía satélite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico de orixe xudía. Foi rabí de Burgos e converteuse ao cristianismo, adoptando o nome de Pablo García de Santa María. Anulado o seu matrimonio xudeu, ordenouse sacerdote e estudou teoloxía en Francia, onde se relacionou co futuro Benedito XIII, por cuxa mediación foi nomeado bispo de Cartagena (1403). En 1415 obtivo a sé de Burgos, onde lle sucedeu o seu segundo fillo Alonso de Cartagena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • telespectador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transmitir imaxes e sons por televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade dependente da Corporació Catalana de Radio i Televisió que engloba as canles de televisión TV3, Canal 33 e TVC Satélite. TV3 comezou as súas emisións, integramente en catalán, o 10 de setembro de 1983. En 1988 iniciou as probas para a creación do Canal 33, que comezou a emitir en 1989. A partir de abril de 1996 TVC Satélite iniciou as súas emisións de carácter internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO