"Lomé" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 156.

  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Cultivou o retrato e especializouse nos cadros de conversación, entre os que destaca A familia Price (1728).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Colaborou en diversas revistas e en El Heraldo Gallego. Publicou La letanía lauretana (1878), Penumbras (1880), Romances y cantares (1885), Follatos (1891) e Fe (1911). Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1907.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e explorador portugués. En 1487, por orde do Rei Xoán II, partiu de Lisboa ao mando de tres navíos co fin de continuar coa exploración das costas africanas atlánticas e localizar un paso cara á India. Nas costas meridionais de África foi sorprendido por unha gran tormenta, de xeito que bautizou a punta extrema dese continente como Cabo das Tempestades, posteriormente chamado Cabo de Boa Esperanza por Xoán II posteriormente. En 1497 acompañou a Vasco da Gama á India. Naufragou no Cabo de Boa Esperanza no 1500.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arañas, de corpo groso e forte, de ata 25 mm de lonxitude, propias de medios húmidos como turbeiras e lagoas. Agardan as súas presas no bordo da auga. Aliméntanse de insectos acuáticos e incluso de pequenos peixes, aos que atraen á superficie facendo vibrar a auga. Se se senten ameazados poden mergullarse. Os machos practican unha parada nupcial axitando as patas anteriores para comprobar a receptividade da femia que, unha vez fecundada, pode pór máis de 1000 ovos. No N da Península Ibérica está presente a especie D. fimbriatus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor holandés. Traballou con Artus Qullinus na decoración do novo Stadhuis de Dam (1950-1954) e na tumba do Feldmarschall Otto van Sparre. En Amsterdam realizou monumentos públicos en mármore, entre os que destaca o Mercurio da Bolsa da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello que se emprega como contador de escintilacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Vinculado ao coro papal de Roma, cando volveu a España estableceuse en Segovia, onde estreou unha misa a seis voces para a coroación de Filipe II de Castela. Compuxo motetes e outras obras relixiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato constituído por un espectrómetro e un bolómetro, que se emprega para medir a radiación estelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica de medir columnas.

    2. Conxunto de medidas dunha columna ou columnata.

    3. Análise estatística das características lingüístico-estilísticas dun texto. Así, por exemplo, mediante esta análise pódese determinar por exemplo quén é o autor dun texto ou avaliar o seu nivel de dificultade de lectura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para medir as columnas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico italiano. Tamén coñecido como Eustachio, foi profesor de anatomía en Roma e un dos impulsores da anatomía comparada. Estudiou diferentes partes do corpo humano, sobre todo o oído interno e a farinxe, nos que describiu a estrutura coñecida como trompa de Eustachi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Traballou na escaleira do patio no palacio de Granada de Carlos V. En 1626 trasladouse a Santiago de Compostela, onde introduciu o Barroco clasicista, chamado polos monxes de San Martiño Pinario. Na igrexa conventual traballou no cruceiro e erixiu a cúpula, levantada sobre pendentes e dividida en doce nervios. Supliu o tambor por doce ventás que provocan a sensación de que está suspendida no aire e, na parte posterior, levantou un ciborio de forma cadrada con balaustrada e sobre el unha cúpula de media laranxa. A altura do conxunto contrarréstase por medio dun sistema de contrafortes escondidos polo muro do claustro procesional. Na parte conventual realizou o claustro das oficinas, no que empregou pilastras emparelladas de orde toscana, e trazou os planos e iniciou o claustro procesional ou da portería, onde empregou a orde xigante e as columnas dóricas xeminadas erixidas sobre pedestais. Na catedral realizou en 1627 o sepulcro do arcebispo Juan Beltrán de Guevara; situado no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. Participou na expedición, liderada por Juan Rodríguez Cabrillo, á costa NO de California e, trala morte do seu comandante, tomou o mando e chegou na primavera de 1543 ata Cabo Branco (Oregon).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo usado na literatura como símbolo de reiseñor, ave en que foi transformada a heroína grega Filomela, segundo as versións dos poetas romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe mitolóxico, filla do rei ateniense Pandión. Na loita de fronteiras entre Pandión e Lábdaco, o rei de Atenas pediulle axuda ao tracio Tereo; grazas a esta cooperación Pandión obtivo a vitoria e, como recompensa, deulle a Tereo a súa filla Procne, coa que tivo a Itis. Pero Tereo namorouse da súa cuñada Filomela e violouna; logo, cortoulle a lingua para que non o descubrise. Daquela, Filomela, bordou nunha tea todo o acontecido para que a súa irmá Procne se decatase da feitoría cometida polo seu esposo. Deste xeito, Procne, co fin de castigar a Tereo, inmolou o fillo de ambos e deullo de comer, para logo fuxir con Filomela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe discutida. Pode derivar do grego Φιλομ ή λα ‘que ama o canto’, a través do latín philomela ‘reiseñor, rousinol’; pode tratarse dunha forma feminina do nome persoal latino Philomenus, que reproduce o nome grego Φιλομένες, formado polas voces ϕ ίλος ‘amado, amigo’ e μένες, forma quizais derivada do verbo μένω ‘ficar, permanecer’; ou pode ser unha evolución do participio pasivo do verbo ϕ ιλέω ‘amar’, co que tería o significado de ‘amada’. Presenta os hipocorísticos Filo e Filucha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir romana. Despois do descubrimento duns restos incorruptos nunha catacumba en Roma (1802), construíuse unha lenda ao seu redor e identificouse cunha víctima da persecución de Diocleciano. Na iconografía viste túnica e manto, e leva como atributos persoais, unha áncora, unha frecha ou espada. A súa festividade celébrase o 11 de agosto, e o 10 de agosto en Tameiga (Mos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e epigrafista. Ingresou na Compañía de Xesús en 1850 e estudiou filosofía e teoloxía en Loyola, onde foi profesor (1853-1854). Exiliouse a Francia (1854-1856) e ao seu regreso exerceu como profesor en Carrión de los Condes. Estudiou teoloxía en León (1860-1863), ao tempo que se iniciaba no estudo da epigrafía romana. A expulsión dos xesuítas obrigouno a un novo exilio en Francia, onde se dedicou ao estudo da orde do Temple. En 1870 regresou a España. Centrou a súa investigación na historia eclesiástica, na epigrafía romana, hebrea e celtibera, e na compilación de documentos medievais. Foi o principal colaborador na Península Ibérica de E. Hübner na elaboración do Corpus Inscriptionum Latinarum. Colaborou, entre outras publicacións, en Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos de Orense, Museo español de Antigüedades e Boletín de la Real Academia de la Historia. Das súas obras destacan Epigrafía Romana de la ciudad de León (1866),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e erudito. Estivo en prisión e viviu no exilio debido á súa actividade política como liberal. Das súas obras, que critican os preceptos neoclásicos e basean a literatura en fundamentos historicistas, destacan Dicionario criticoburlesco (1811), Letras de cambio a los mercachifles literarios (1834) e Ensayo de una biblioteca española de libros raros y curiosos (1863-1869).

    VER O DETALLE DO TERMO