"Lor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
-
Relativo ou pertencente á Baixa Lorena ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da Baixa Lorena.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de conidios e hifas de fungos que se desenvolven sobre materia orgánica e teñen aparencia de peluxe. SIN: mofo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Criar ou cubrirse de balor algo, xeralmente un alimento. SIN: amofarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está cuberto de balor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capital do estado de Karnataka, India, situada no altiplano do Deccán, a 900 m de altitude (4.130.288 h [1991]). Centro dunha rexión agrícola e núcleo industrial importante, foi fundada no s XVI pola dinastía de Maisuru. En 1758 converteuse en posesión de Haidar ‘Alí. En 1791 os ingleses tomaron a cidade e a restituíron o territorio de Maisuru. En 1831 converteuse en cuartel xeral da administración brítanica.
-
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo francés. Defensor do Clasicismo, foi sempre contrario ás novas tendencias que propugnaba o Romanticismo. A súa obra, pouco orixinal, consta de adaptacións doutros poemas, como Jérusalem délivrée (1812), de Torquato Tasso, e as Poésies (1801), de Ossian. Escribiu tamén traxedias e sátiras contra o Romanticismo, coma o diálogo en verso Le classique et le romantique (O clásico e o romántico, 1825).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Doutor en Medicina, fillo de Juan José Barcia Goyanes. Doutorouse na Universidade de València, acadou a cátedra de Psiquiatría da Universidade de Santiago de Compostela e dende 1975 ocupa a cátedra de Psiquiatría da Universidad de Murcia e o posto de xefe de servizo do Hospital General. Membro de numerosas sociedades científicas, foi presidente da Sociedad Española de Psiquiatría e do Grupo para el Progreso de la Psiquiatría. Entre os máis de douscentos traballos publicados, cómpre destacar Tratado de Siquiatría, obra que consta de tres volumes e que foi escrita en colaboración con C. Ruiz Ogarra e J. J. López Ibor. Foi o director de dúas revistas médicas sobre Psiquiatría: Anales de Siquiatría e Siquiatría Dinámica e Sicoterapia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de circo norteamericano que rexentou o famoso Circo de Barnum e Bailey. Mercou unha colección de elementos e fenómenos curiosos que chamou o Americam Museum. Escribiu Autobiografía (1854).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor italiano. Reaccionou contra o Neoclasicismo do seu mestre Jacques-Louis David. Traballou para Napoleón e fíxolle numerosos retratos. É autor de numerosos bustos como os de Lord Byron, Thiers ou Liszt, e do grupo Caritá educatrice (Caridade educadora, 1824).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pobra de Brollón baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Parroquia do concello de Pobra do brollón, a. baixo a advocación de Santa mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situada sobre o río Lor entre as parroquias de Barxa de Lor (A Pobra do Brollón) e Quinta de Lor (Quiroga). Trátase dunha ponte de cachotería de orixe medieval (ss XIV ou XV), quizais reformada no s XVIII. Está formada por tres arcos, un deles moi soterrado, de diferentes formas (oxival e de medio punto) e materiais; así mesmo, os treitos son de moi desigual lonxitude. A súa rasante é alombada. Formaba parte do antigo camiño real de entrada a Galicia, derivado do Camiño Francés, e tivo bastante importancia como paso entre Galicia e a Meseta, como demostra o feito de que apareza en numerosos mapas e itinerarios dende o ano 1598.
-
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica e produtora inglesa. Xunto co seu marido fundou a Halas and Batchelor Cartoon Films, coa que fixeron filmes de propaganda e as primeiras longametraxes de animación inglesa. Realizaron Animal farm (Rebelión na granxa), unha sátira baseada na obra de George Orwell. Dirixiron, entre outras, The pocket cartoon (O debuxo da bolsa, 1941), Magic canvas (As velas máxicas, 1951), History of the cinema (A historia do cine, 1956) e What is a computer? (Que é unha computadora?, 1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e teólogo xesuíta. Centrou a súa investigación en tres temas fundamentais: os xesuítas da Ilustración, a presenza dos xesuítas en América e o Humanismo. Publicou entre outras, as seguintes obras: Historia y mito de la intervención de los jesuítas en la independencia de Hispanoamérica (1953) e Humanismo y Renacemento: estudios hispanoeuropeos (Premio Nacional de Historia, 1988). Outorgáronlle a Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya (1985), o Premio de Honor das Letras Catalanas (1990) e o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico italiano, foi profesor de Anatomía na Universidade de Pisa e médico dos duques da Toscana. É autor dun estudo básico sobre a estrutura do ril (1662) e doutros sobre a fisioloxía do sentido do gusto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tratadista de arte e arqueólogo. Foi nomeado por Clemente X anticuario de Roma. A súa obra máis importante é Vite de pittori, scultori ed architetti moderni (Vida de pintores, escultores e arquitectos modernos, 1672). Está escrita cun criterio selectivo e non limitada aos artistas italianos. Atacou o Naturalismo de Caravaggio e o Manierismo, e defendeu un termo medio entre a idea e a natureza, actitude identificada co eclecticismo de Annibale Carraci, a quen consideraba o auténtico herdeiro da grandeza de Raffaello.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, drenado polo río Tirón, da conca do Ebro (2.135 h [1996]). É a cabeceira comarcal da Riojilla, terras que historicamente foron fronteira entre os reinos de Castela e de Navarra, con dominio alterno. A súa economía baséase nas actividades agrícolas e gandeiras, estas últimas especializadas no porcino e ovino. As actividades industriais limítanse á transformación dos seus produtos agropecuarios (industrias alimentarias, da pel e serradoiros). Atravesa a vila o Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela, debido á súa situación no paso natural entre o val do Ebro e a Meseta. Hai testemuños dun asentamento da época romana. No s X o primeiro conde de Castela, Fernán González, concedeulle o privilexio de celebrar mercados os luns, costume que aínda se mantén. En 1116 Afonso I o Batallador, Rei de Navarra e Aragón, concedeulle o foro e o privilexio de celebrar feira, que é a máis antiga documentada na historia de España. Fernando,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Herba perenne, de follas espatuladas dispostas en mouta basal e capítulos florais de 2 cm de diámetro de lígulas brancas de punta e beiras purpúreas. Os froitos en aquenio, non presentan vilano. Foi empregada como planta vulneraria e as follas novas empréganse en ensaladas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto das primeiras plumas que botan as aves.
-
PERSOEIRO
Xurista e catedrático das universidades de Salamanca (1877), València (1891), Barcelona (1899) e Madrid (1917). Foi un dos iniciadores da moderna escola española de Dereito Mercantil. As súas obras máis importantes son: Bases del derecho mercantil (1903) e Manual del derecho mercantil (1928).
VER O DETALLE DO TERMO