"Loxia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 396.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da ecoloxía que estudia os seres vivos considerados individualmente; oponse á sinecoloxía ou ecoloxía das comunidades e ecosistemas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio do crecemento dun individuo ou dun grupo de individuos ao longo da súa vida co obxectivo de coñecer as características do crecemento da poboación á que pertencen.
-
-
Termo empregado na filosofía moderna para designar a teoría dos valores. Foi introducido por P. Lapie (Logique de la volonté, 1902) e por E. von Hartmann (Grundriss der Axiologie, 1908).
-
Ciencia que estudia a orixe e a historia dos títulos e das dignidades. OBS: A grafía x representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da microbioloxía que trata o estudo das bacterias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da Física que trata do peso ou da gravidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xeomorfoloxía do relevo submarino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade da Psicoloxía que ten como método a psicanálise. Tamén se coñece co nome de psicoloxía profunda.
-
-
Repetición inmotivada e molesta dun ou máis sons, como se dá, por exemplo, nos tatexos.
-
Repetición innecesaria e molesta dunha mesma cousa, se non coas mesmas palabras, frases ou ideas, si con outras equivalentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que abrangue os coñecementos e técnicas relativas á historia do libro, bibliotecnia, bibliografía, bibliotecoloxía e bibliofilia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da Ecoloxía que estudia as biocenoses.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio da influencia do clima sobre a distribución e abundancia dos seres vivos, que avalía a intensidade e calidade da radiación, o fotoperíodo, os umbrais térmicos, a resistencia ás xeadas, a humidade atmosférica, a resistencia á desecación, o transporte e espallamento das diásporas, etc. O estudo dos procesos naturais que integran o efecto de varios elementos climáticos sobre os organismos é outro aspecto crucial da bioclimatoloxía. Así, os estudios sobre balances térmicos presentan aspectos aplicados de grande interese para a actividade humana. Os balances hídricos, entre a auga recibida por precipitación e a perda por evapotranspiración, son esenciais para estimar a disponibilidade hídrica e a resistencia á secura dos ecosistemas naturais, as necesidades de rego dos cultivos, os réximes hidrolóxicos, etc. Os balances de erosión, hídrica e eólica, son ferramentas básicas para a conservación dos ecosistemas. Os balances orgánicos, sobre todo os da produción primaria, son un dos aspectos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo proposto por F. E. Clements e V. E. Shelford para designar de xeito unitario, aínda que tamén redundante, a ecoloxía animal e a ecoloxía vexetal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina científica que ten por obxecto o estudo dos seres vivos que habitan o dominio subterráneo. O termo foi creado no 1904 por A. Viré. Non obstante , naceu como especialidade científica no 1831 coa primeira descrición dun ser vivo cavernícola, o coleóptero Leptodirus hohenwarti procedente da cova de Adelsberg (Carniola), realizada polo conde Franz von Hohenwart. A partir de 1857 proliferaron os traballos dedicados ao estudo dos cavernícolas por parte de gran número de naturalistas, primeiro en Francia, logo noutros países europeos e nos EE UU.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio da evolución dos medicamentos no corpo humano.
-
-
Ciencia que estudia os seres vivos e os procesos vitais. O termo foi introducido no 1802 simultaneamente por Lamarck e por Gottfried Reinhold Treviranus. Ao longo da historia da Bioloxía, esta palabra formou parte case sempre do concepto de vida, e a miúdo foi acompañada da admisión dun principio inmaterial en maior ou menor grao e, por tanto, máis aló da comprobación científica, principio que se deu en chamar alma, principio vital, impulso vital, etc. Só coa formulación das teorías evolutivas acadouse unha concepción científica coherente dos fenómenos biolóxicos, na que os sistemas vivos son o resultado da información integrada na serie de círculos cibernéticos que constitúen as sucesivas xeracións. Particularmente, os postulados primeiros de Charles Darwin e despois as descubertas da xenética moderna permitiron esta formulación. A Bioloxía comezou por unha fase de descrición de organismos, e a Física e a Química precederon á Bioloxía no seu progreso, dotándoa dunha base na que fundamentar...
-
Forma de vida dun organismo ou ser vivo.
-
antropoloxía criminal.
-
exobioloxía.
-
Parte da Bioquímica que ten por obxecto a explicación dos fenómenos biolóxicos por medio do estudo das biomoléculas. Así, estudia a estrutura e a función das proteínas como soporte material das funcións biolóxicas; a estrutura e a función dos ácidos nucleicos en relación co almacenamento, utilización e transmisión da información xenética (Xenética Molecular); as bases moleculares e os mecanismos de control e regulación dos procesos biolóxicos; e a evolución molecular. Os primeiros traballos salientables dentro desta disciplina remóntanse á década de 1940, cando O. T. Avery, C. MacLeod e M. McCarthy demostraron que o axente causal da transformación infecciosa dunha cepa bacteriana é o ADN. Non obstante , o inicio oficial considérase que foi no 1953, cando J. D. Watson e F. H. Crick descubriron a estrutura do ADN. Esta descuberta, ademais de ser un feito histórico, suxeriu os mecanismos tanto da replicación como da utilización (transcrición) da información contida no material xenético. Os...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da meteoroloxía que estudia a relación entre as condicións meteorolóxicas e o desenvolvemento dos seres vivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicación da reoloxía ao movemento dos fluídos dos seres vivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio dos biorritmos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de técnicas que aproveitan as transformacións bioquímicas producidas pola actividade metabólica de determinados microorganismos en estado natural ou modificados mediante a Enxeñería Xenética. Ten como finalidade mellorar o rendemento de certos procesos de transformación ou crear substancias novas por medio da biosíntese específica. Aplícase na agroindustria (á que proporcionou un conxunto de procedementos que aumentaron a calidade dos alimentos e o rendemento das colleitas), industria química (obtención de bioalcohol, biogás, disolventes, ácidos orgánicos, etc), produción e tratamento de alimentos (estudio de novos procesos de fermentación, obtención de pensos, de fontes proteicas novas, etc), salubridade ambiental (depuración de efluentes e residuos industriais e domésticos), industria mineira (extracción de metais) e farmacoloxía (obtención de medicinas en grandes cantidades, como a insulina, o interferón, vacinas, anticorpos monoclonais, sistemas de diagnose, etc).
-
-
Estudio das correlacións existentes entre a estrutura corporal dos individuos e as súas características psicolóxicas e patolóxicas, co fin de agrupalos segundo uns patróns básicos ou biotipos. Elaboráronse moitas biotipoloxías desde as tentativas iniciais de Hipócrates, pero a máis coñecida é a do alemán Ernst Kretschmer, que describiu os tipos leptosomático (ou asténico), pícnico e atlético e que engloba os que non se inclúen nesta clasificación baixo o nome de displásicos. Os tipos leptosomático e pícnico corresponderíanse cos psicotipos esquizotímico e ciclotímico, respectivamente. Os demais non presentan unha correspondencia tan clara. Outra biotipoloxía, utilizada nos países anglosaxóns, é a de William H. Sheldon, que distribúe os suxeitos nos grupos endomorfo, mesomorfo e ectomorfo, segundo a folla blastodérmica que predomine.
-
Sistema de clasificación biotipolóxica.
-