"Mali" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 112.
-
REINOS
Imperio musulmán fundado polos mandés entre Níxer e Senegal, que se estendeu entre os ss XIII-XVII. Cara a 1230, Sunjara estableceu as bases da súa organización económica -basicamente dependente da función intermediaria entre os depósitos de ouro de África central e os mercadores árabes e bérberes- e administrativa, asimilou o antigo Reino de Ghana e someteu os estados veciños a vasalaxe. Nos tempos de Gongo Mūsà coas anexións de Songhai (1325), Tombouctou (1336) e Gao, o seu territorio estendeuse e acadou o seu máximo esplendor. A partir do s XV acelerouse a súa decadencia e finalmente desapareceu a finais do s XVII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
A pesar de, non obstante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresa condena, contrariedade ou repulsa.
-
-
Relativo ou pertencente a Mali.
-
Natural ou habitante de Mali.
-
-
PERSOEIRO
Mezzosoprano. De nome María Felicia García Sitjes, debutou en Londres en 1825 e actuou en EE UU co seu pai, Manuel del Pópolo Vicente García (1825-1827). Triunfou en París, Milán, Roma, Nápoles e Londres, especialmente con óperas de Bellini.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Mala intención con que se fai ou di algo.
-
Actitude da persoa que sospeita ou pensa mal de algo ou alguén.
-
Picardía ou agudeza para lograr algo.
-
Falta de inxenuidade de alguén.
-
-
-
Sospeitar algo.
-
Perverter a alguén para que obre de maneira incorrecta.
-
Interpretar de forma negativa algo.
-
Sospeitar de algo ou alguén.
-
Perverterse ou cambiar para mal unha persoa.
-
-
-
Que ou quen ten malicia ou está inclinado a pensar mal.
-
Que amosa ou está feito con malicia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidroxiácido dicarboxílico que, na súa forma isomérica levóxira, se atopa en mazás, tomates, cereixas e outras froitas. Emprégase en medicina e como aditivo alimentario para acidificar os alimentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de maligno.
-
-
-
Aplícase ao mal, enfermidade ou tumor que presenta un carácter grave e unha tendencia á invasión xeral.
-
tumor maligno
tumor maligno.
-
-
-
Que é propenso a facer mal ou que o demostra.
-
Forma coa que se denomina o demo. OBS: Adóitase escribir en maiúscula.
-
-
-
PERSOEIRO
Sultán aiúbida (1218-1238), fillo e sucesor de al-Malik al-’Ādil. Foi un hábil diplomático e protector da cultura. Tivo que afrontar as acometidas croatas coa perda de Damieta (1219).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sayf al-Dīn al-Malik al-’Ādil.
-
PERSOEIRO
Xurista. Foi autor do primeiro libro xurídico conservado, Kitāb al-muwa Palatino; ṭṭ a (Libro do camiño plano), onde se recolle o código e a base da escola malikita.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sultán selxúcida (1073-1092), fillo e sucesor de Alp Arslān. Someteu parte de Corasmia e Transoxiana e estendeu o dominio selxúcida por Iemen e os territorios do Golfo Pérsico. Protexeu o desenvolvemento da cultura islámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á escola xurídica fundada por Mālik ibn Anas, recoñecida como unha das catro escolas ortodoxas do Islam. Predomina no N de África.
-
PERSOEIRO
Escultor. De orixe flamenga, traballou en España o estilo gótico, que se reflectiu no cadeirado do coro da catedral de León (1467), que despois continuou Diego Copín de Holanda. Na catedral de Oviedo realizou as esculturas da porta do Rei Carlos en 1478.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Indíxena mexicana. Foi bautizada polos españois co nome de Marina. Foi amante de Hernán Cortés, con quen tivo un fillo. Serviu de intérprete das linguas náhuatl e maia.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade flamenga situada na provincia de Anveres, Bélxica (75.570 h [2001]). Está atravesada polo río Dyle e a súa economía baséase na industria da confección, do moble e da cervexa. Pertenceu aos bispos de Liexa desde 970, e a partir de 1346 formou parte do ducado de Brabante. Converteuse en arcebispado en 1559 e tivo como primeiro arcebispo a Perrenot de Granvelle. Foi saqueada polo duque de Alba en 1572. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral do s XIII dedicada a san Romualdo e o palacio de xustiza, de comezos do s XVI, un dos primeiros exemplos do Renacemento italiano na Europa occidental.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos malinkes ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo malinke.
-
Pobo de África occidental do grupo mandé, que habita no alto Senegal, Costa de Marfil, Mali e Gambia. Cun número superior aos tres millóns de individuos, son sedentarios, crían gando e cultivan millo.
-
Lingua mandé do phylum níxer- -congo que fala o pobo malinke.
-